Escola de Rañó
As familias na Escola. Charla sobre adestramento de cans
Este pasado venres puidemos desfrutar na escola de Rañó dunha sesión práctica sobre o adestramento de cans.
A charla foi impartida por Loli, a nai do noso alumno Miguel, e ademais de ensinarnos técnicas de adestramento transmitiunos o valor do amor aos animais.
Os nenos e nenas puideron poñer en práctica, en primeira persoa, algunha destas técnicas.
Esta actividade enmárcase dentro da programación charlas na que as familias dos alumnos e alumnas son os protagonistas.
- APIs de Blogue
Pescas e mariñeiros en Rañó
No marco do proxecto "Patrimonio material" hoxe vestímonos de mariñeiros e pescas |
|
O pai de Pablo, Santi, cedeunos algunhas artes de pesca (nasa, jancha ...) pois eliximos as artes de pesca como tema para o noso calendario |
|
Pablo, moi vinculado ao muno do mar, explicounos cada unha das artes, que eran, como se utilizaban, e que se pescaba con cada unha delas. |
|
Os pais de Pablo, Santi e Pili, comprometeronse a darnos unha charla que nos premita afondar mais no mundo do mar. |
|
- APIs de Blogue
PARABÉNS DAMIÁN!
Unha vez máis tocou festexar! Nesta ocasión foi Damián quen cumpreu 5 anos. Parabéns!
- APIs de Blogue
Pintamos con Irene
Un antes e un despois do traballo realizado na nosa escola por Irene, nen@s e familias. Foi unha gran actividade con un resultado inmellorable!!
- APIs de Blogue
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
No día mundial da saúde nada mellor que un rico zume de laranxa do laranxeiro da escola de Rañó para manternos sans.
- APIs de Blogue
O casco de ouro de Leiro
Esta é unha historia ben fermosa, coma moitas outras, só que aconteceu na nosa aldea e é protagonizada por un veciño noso, o señor José María Vicente. Quizais é por isto polo que nos gustou tanto investigar sobre ela.
Con moito cariño e dedicación realizamos os agasallos para o homenaxeado e aprendemos un montón de curiosidades sobre o casco de ouro de Leiro.