Escola de Rañó

CASCO DE LEIRO

Ao cumplirse 40 anos do achado do coñecido como "Casco de Leiro", o Concello de Rianxo organiza unha charla debate o xoves 7 de abril ás 20h. no Auditorio Municipal.
No acto participan tamén os alumnos e alumnas da Escola de Rañó do Cra de Rianxo, que aportarán a súa propia visión deste tesouro da Prehistoria europea a través de varios agasallos que lle ofrecerán a  José Mª Vicente,  descubridor no ano 1976 do Casco de Leiro.

SAÍDA Á CASA DA MATANZA E AO XARDÍN BOTÁNICO

Como actividade final da nosa investigación Rosaliana visitamos a casa na que ela viveu moi preto de Rianxo, en Padrón. Logo tamén paseamos e correteamos polo xardín botánico onde aprendemos cousas curiosas das árbores e plantas que o forman. 

REPOSTEIRA DE GASOLINEIRA

Seguindo coa proposta iniciada con motivo do día da muller traballadora, visitounos na Escola de Rañó Sara, a mamá de Damián, que veu a contarnos detalladamente en que consiste o seu traballo.

Aprendemos que ser reposteira de gasolineira non é coser e cantar. Implica moita responsabilidade para evitar situacións perigosas, así como saber moi ben matemáticas para que ao final do día saían ben as contas.

 

Moitísimas grazas Sara, por responder pacientemente as preguntas dos nosos curiosos e curiosas! 

        


PARABÉNS AIDA!

A maior da clase faise maior e nós celebrámolo con ela. Parabéns Aida!Guiño

 

MULLER TRABALLADORA

Neste día conmemorativo da MULLER TRABALLADORA, na  escola de Rañó tivemos a sorte de contar con moi boa compañía. Pili, mamá de Pablo, ama de casa e mariscadora  “a flote”,   veunos contar en que consiste esta arte tan nósa, tan de Rianxo, e que ata fai poucos anos era un oficio no que só había homes, pois as mulleres eran mariscadoras de “a pé”.

 

Foi a nosa ocasión para preguntarlle todo aquilo que quixemos saber e analizamos de primeira man as partes que compoñen o seu uniforme de traballo e a súa ferramenta fundamental, o rastro.

 

Non nos perdemos detalle e gustounos moito a todos e todas.

 

 

PILI, MOITÍSIMAS GRAZAS POR REGALARNOS ESTE FANTÁSTICO MOMENTO! 

PARABÉNS CLARA!

A nosa compañeira Clara tamén se fai un ano máis maior. A semana pasada tocou festexar con ela o seu aniversario. Parabéns Clara!Beso 

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL

Coma no 1º trimestre, o pasado luns volveunos  tocar visita á biblioteca do noso amigo Daniel. Alí acompañáronnos as mestras Patri e Cris "as dúas de negro", como dicían algúns/as. Elas as dúas transportáronnos a nun abrir e pechar de ollos a Padrón, á Casa da Matanza, onde compartimos unha agradable xornada coa nosa escritora favorita, María Rosalía Rita de Castro.

 

Na aula de música case entramos co chuvasqueiro posto porque as gotiñas non paraban de pingar…

 

Disfrutamos moito tocando instrumentos e facendo coreografías con esta canción.

 

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe 24 de febreiro de 2016 fai 179 anos que naceu Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

 

Os nenos e nenas de Rañó queremos festexar o seu aniversario adicándolle esta  noticia na nosa páxina web.

 

PARABÉNS PAULA BENZAMOUCHE!

Informamos de que en Rañó xa non temos ningún neno nin nena de 3 anos. Co aniversario de Paula Benzamouche, que cumpreu 4 anos, xa todos son maiores. PARABÉNS PAULA! Risa

 

 

Distribuir contido