REPOSTEIRA DE GASOLINEIRA
Seguindo coa proposta iniciada con motivo do día da muller traballadora, visitounos na Escola de Rañó Sara, a mamá de Damián, que veu a contarnos detalladamente en que consiste o seu traballo.
Aprendemos que ser reposteira de gasolineira non é coser e cantar. Implica moita responsabilidade para evitar situacións perigosas, así como saber moi ben matemáticas para que ao final do día saían ben as contas.
Moitísimas grazas Sara, por responder pacientemente as preguntas dos nosos curiosos e curiosas!
»
- APIs de Blogue