Escola de Quintáns

PROXECTO PLANTA

Aquí vos deixamos unha pequena mostra (que tiñamos pendente) do ben que o pasamos observando, consultando, clasificando, creando e sobre todo... disfrutando de un bo traballo en equipo!!

XOGANDO COAS SOMBRAS

O día 31 de Outubro celebramos na Biblioteca de Daniel en Asados o Samaín! E fixémolo dun xeito ben especial. Contamos o conto de "Corre corre, cabaciña" con teatro de sombras!

Esta semana, como nos gustou tanto a experiencia, a mestra Tamara contounos de novo este conto aos nenos e nenas da escola de Quintáns.

PASÁMOLO EN GRANDE!!

 

 

CAEN AS FOLLAS... E OS DENTES!

Comezou o cole e agora parece que tamén chegou por fin  para quedar ....o OUTONO!

Con él chegan froitos exquisitos, paisaxes marabillosas... e descubrimos que podemos aproveitar os seus elementos para facer unha morea de cousas: bonecas coas casulas do millo, colares de castañas, debuxos coas follas que atopamos no patio... Mirade, mirade!

   

 

 

Este outono  parece que na nosa escola as follas non son o único que cae xa que  á nosa compañeira Aroa caeulle na hora da merenda o seu primeiro dente de leite!!

Ensinounos a todos e todas esta nova moi contenta e fixonos moita ilusión compartir con ela o seu "recén inaugurado" sorriso!

            

 

EXTRA! EXTRA! @S CIENTÍFIC@S DE QUINTÁNS DISECCIONAN UN PEIXE!

EN QUINTÁNS REPETIMOS DISECCIÓN!

O DÍA 21 DE FEBREIRO DO 2017, NA ESCOLA DE QUINTÁNS, OS NENOS E NENAS DA MESMA, ESTIVERON ESTUDIANDO OS PEIXES. INVESTIGARON SOBRE AS SÚAS CARACTERÍSTICAS, DESCUBRINDO QUE PERTENCEN AO GRUPO DOS PEIXES DENTRO DOS VERTEBRADOS.TAMÉN PUIDERON SABER DE PRIMEIRA MAN, TODAS AS PARTES INTERNAS DESTES ANIMAIS ACUÁTICOS:ESTÓMAGO, CEREBRO, ESPIÑA DORSAL, BRANQUIAS...E POR SUPOSTO TODAS AS EXTERNAS: ALETAS, COLA, OLLOS, ESCAMAS...

A INVESTIGACIÓN DEU MOITO DE SI, TANTO, QUE NO ESTÓMAGO DA AMIGA FANECA, APARECERON RESTOS DUN BEBÉ CARANGUEXO.

TODA UNHA EXPERIENCIA VITAL!

VISÍTANOS O PAI DE ANTÍA. ESTUDAMOS AS MÁQUINAS!

Neste mes de maio, entre moitas outras cousas, os nen@s de primaria de Quintáns estivemos estudando as máquinas. Máquinas simples, máquinas complexas, as pezas destas...En resumo, máquinas que nos fan a vida máis fácil. O profe Pablo, explicándonos este tema, díxonos que cunha pequena máquina como era o gato do coche, podíamos levantar o seu coche branco do chan, sen apenas facer esforzo. Aproveitando que a Juan, o pai de Antía lle gustan moito estas cousas de ferramentas e mecánica, invitámolo á escola para explicarnos o funcionamento do famoso "gato". Quedamos abraiados ó ver que unha máquina tan pequena podía levantar algo tan enorme cun pequeno esforzo. Ademais Juan, ensinounos como funcionaba o motor do coche do profe: alternador, batería, radiador...todas as pezas necesarias para o funcionamento correcto dunha máquina complexa. Unha lección maxistral de mecánica e enxeñería! Aquí vos quedan as fotos desta gran experiencia!

Moitas grazas por vir Juan! Es "unha máquina"!

MAIO MAÍÑO, CO ANIVERSARIO DE LUCÍA, TOMAMOS UN BISCOITIÑO!

O mes de maio trouxo frores, literatura e moitas festas. Entre elas o aniversario de Lucía que xa cumpriu 5 anos! Para celebralo como sempre, zume e biscoito!

Parabéns Lucía! Que medres moito!

EN ABRIL, CUMPREN ANOS...OS DE INFANTIL!

No mes de abril, os máis pequenos de Quintáns cumpriron "anos mil". Parabéns Xulia e Hugo! A seguir cumprindo anos, e nós a festexalos con vós! Con tortas así de ricas...quen non!

PARABÉNS PEQUERRECHOS!

23 DE ABRIL, POLOS LIBROS!

A Quintáns tamén chegou abril, mes dos libros, e mentres traballamos no estupendo encargo que nos fixo Daniel da creación de un libro sobre Manuel María, chegou xa o 23 de abril, día mundial do libro. Na aula de primaria pensamos en como podiamos celebralo e cun lote de imaxinación decidimos facer unha película. Así como o oídes! Unha película adicada ós libros que tanto apreciamos e que tanto nos ensinan.

Asi pois, fixemos que nesta montaxe non faltase de nada. Un plató con decorado, escribimos un guión co que tiñamos que dicir, maquillaxe, perruquería e por suposto...luces, cámara e ACCIÓN!

Aquí vos queda o resultado final! Agardamos que vos guste a nosa superprodución, e por suposto...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!

  

Distribuir contido