2017-2018

ARRIBA LIMONES

Grazas á transmisión oral o cancioneiro popular galego perviviu na memoria colectiva.

Minia compartiu con nós esta fermosa cantiga nun curso escolar especialmente enriquecido co noso patrimonio.

Aula de 4 e 5 anos.

FONDO LIBROS - Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

No enlace que se achega, pode consultarse a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas  para a solicitude de libros te texto e material escolar.

A listaxe en formato .pdf, ordena aos alumnos e alumnas por curso e por apelidos e indica o estado da solicitude e a admisión ou a exclusión da solicitude de axuda. No caso de exclusión indícase o motivo da exclusión.

Enlace para a descarga do documento

Poden  formularse  alegacións as causas de exclusión na sede do C.R.A. ata o venres día 13 de xullo. 

Horario de atención: todos os días entre as 11:00 e as 13:00 horas ata o día 13 de xullo.

No caso de dificultades parar presentar alegacións neste horario, prégase chamar ao 981863305 ou ao 620635295.

POdedes consultar a Orde que regula o procedemento para participar no Fondo Libros no seguinte enlace:

Orde de 9 de maio de 2018, que regula  a participación no Fondo Libros

A dirección do centro

 

A CARREIRA DAS LETRAS 2018

HOXE AS ESCOLAS DO C.R.A. DE RIANXO CELEBRAMOS A CARREIRA DAS LETRAS EN CAMPO MANEIRO.

COMO TODOS OS ANOS HOMENAXEAMOS AO NOSO IDIOMA, CORREMOS, CANTAMOS, BAILAMOS E COMO NON, COMEMOS.

E NON NOS ESQUECEMOS DE MARÍA VICTORIA MORENO POIS OS NOSOS AMIGOS DE PRIMARIA

RESUMÍRONNOS A SÚA VIDA.

E... COMO DÍ A CANCIÓN DE CARAPAUS - A FALA DO MANUEL:

 

COMO NOS GUSTA, COMO NOS PRESTA

Á NOSA LINGUA LEVALA DE FESTA!

PARA SENTILA PARA ESCOITALA

NA NOSA TERRA TEMOS QUE FALALA!

 

VIVAN AS NOSAS LETRAS!!

                 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

VISÍTANNOS OS BOMBEIROS!

 HOXE VISITÁRONNOS OS BOMBEIROS. REPASAMOS CON ELES A FORMA DE SAÍR DA ESCOLA

SE HOUBERA UN LUME E PROBAMOS OS SEUS CASCOS.

XA NO PATIO VIMOS OS CAMIÓNS E BOTAMOS AUGA COA MANGUEIRA.

HOXE TOCA COCIÑAR!

XA FAI ALGÚNS DÍAS QUE OS NENOS MAIORES QUERÍAN FACER UNHA PIZZA.

ONTE  FIXEMOS O LISTADO DE INGREDENTES.

E HOXE FIXEMOS UNHA DELICIOSA PIZZA QUE LOGO COMEMOS.

ESTABA RIQUÍSIMA!

  

 

O CRUCEIRO DA PRACIÑA, RIANXO

ÍKER AMÓSANOS O CRUCEIRO QUE HAI NA PRACIÑA, EN RIANXO.

RECIBE O NOME DE "CRUCEIRO VELLO " PORQUE É O MÁIS ANTIGO DE RIANXO.

ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO

ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO, PROMOVIDA POLA "SOCIEDAD HIJOS DE TARAGOÑA",
BÓS AIRES, 1929.

http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/edicion/extras/dc56ef_doc_164_01.pdf

O PATRIMONIO MUSICAL DE RIANXO

Ó longo deste curso estivemos traballando arredor dun proxecto común baixo o título "o noso patrimonio cultural".

En música tamén quixemos investigar sobre o patrimonio musical de Rianxo e así foi como nos atopamos con moitas cantigas que falan da nosa vila e que son un legado moi valioso que se herdou de xeración en xeración. Tamén observamos que moitas destas cantigas agóchanse na memoria dos nosos maiores e aí permanecen, condenadas ó esquecemento.

A nosa labor foi sacalas de novo á luz, poñelas nas bocas das rianxeiras e rianxeiros máis novos para conseguir manter viva a nosa música por moitos anos máis.

 

QUEREDES ESCOITALAS?

 

Romería de fin de curso

 

MERCORES 20 DE XUÑO

XUNTANZA DE FIN DE CURSO

CENTRO SOCIOCULTURAL DE ARAÑO

Teremos xogos de arqueoloxía, taller de olaría,

coñeceremos as herbas de san Xoan, debuxaremos un enorme Arco da Vella,

e podermos ver moitos traballos dos nenos e nenas das escolas

 

Non faltedes.

 

Distribuir contido