2017-2018

VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO

HOXE VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO.

ALÍ PASAMOS POLAS DISTINTAS SALAS ONDE PUIDEMOS VER DIVERSOS ASPECTOS DO MUNDO DO MAR,

OS OFICIOS TRADICIONAIS, O CAMPO, OS VESTIDOS, E A ARQUITECTURA POPULAR.

PLANTAMOS NO CAMPO DE SAN ANTÓN E VISITAMOS O MUÍÑO DO SEÑOR JOSÉ MARÍA

HOXE VISITAMOS O CAMPO DE SAN ANTÓN, EN RAÑÓ, E PLANTAMOS ÁRBORES PROPIAS DA NOSA TERRA.

LOGO DEMOS UN PASEO POLA ALDEA E VISITAMOS O MUIÑO DO SEÑOR XOSÉ MARÍA.

PIONEIRAS

Por segundo ano consecutivo o noso centro celebrou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, adicándolle a Sesión de Biblioteca e Música do 2º trimestre. Se ben o ano pasado nos centrabamos na figura da muller científica, este ano adicamos a sesión ás mulleres pioneiras. Dentro das diversas actividades desta xornada, dende a nosa  ANPA Irmáns  Insua organizouse un obradoiro de pintura onde os nosos nenos e nenas deron forma ás figuras destas mulleres que abriron camiño. Como colofón a esta xornada tan especial mañá, no Auditorio Municipal de Rianxo, inaugúrase a exposición PIONEIRAS, onde se expoñen as pezas que crearon os nosos nenos e nenas. Dende o CRA  queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron isto posible  e invitamos a todo o mundo a que se pase polo auditorio a ver a exposición.

CONCERTO DIDÁCTICO NO AUDITORIO

Mañá as dez da mañá os nosos nenos e nenas asistirán ao concerto didáctico que ofrece a Escola de Música de Rianxo para os escolares do concello. Saíremos das nosas escolas ás 9:15 e voltaremos ao rematar o concerto continuando co noso horario habitual.

CONTROLAMOS A PLANTACIÓN

AARÓN ESTA FACENDO UN SEGUIMENTO DA PLANTACIÓN

QUE FIXEMOS POLO DÍA DA ÁRBORE EN LEIRO.

CONTOUNOS QUE ALGUNHAS DAS ÁRBORES

MEDRARON E BOTARON FOLLAS.


 

ESA É MOI BOA NOVA POIS QUERE DECIRQUE  PRENDERON.

CRUCEIROS

HUGO E AARÓN ACERCARONSE A VISITAR OS CRUCEIROS

QUE ESTÁN PRETO DE ÓNDE VIVEN OS AVÓS.

UN É O DE LAXIDO, NO BARRAL.

E OUTRO ESTÁ NO PARQUE DE CERQUEIRAS, EN LEIRO.


FACEMOS UN DOCE

HOXE, LOGO DE BASTANTE TEMPO, VOLVEMOS A USAR O NOSO FORNO.

MIRAMOS A RECEITA, BUSCAMOS INGREDENTES, MEDÍMOLOS,

BOTÁMOLOS NO RECIPIENTE, MESTURÁMOLOS MOI BEN,

METÉMOLO NO FORNO,

E LOGO DE ESPERARLLE O TEMPO...COMÉMOLO!!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER A PROFE CELIA TIÑANOS PREPARADO

UN CONTACONTOS: MARUXA.

LOGO PUIDEMOS MIRAR LIBREMENTE OS LIBROS QUE HAI NA BIBLIOTECA DE DANIEL.

 

NA SESIÓN DE MÚSICA O PROFE MARTÍN TÍÑANOS UNHA SORPRESA:

INVITOU A XOSÉ E MARUXA, OS ROSALES.

ELA FOI A PRIMEIRA INTEGRANTE DUN GRUPO DE GAITAS.

XOSÉ TOCOU A GAITA E MARUXA CANTOUNOS UNHA DAS SÚAS CANCIÓNS

QUE NÓS XA SABÍAMOS (E PUIDEMOS ACOMPAÑALA.)

 

E IRENE TÍÑANOS A ÚLTIMA DAS SORPRESAS DA MAÑÁN, UN OBRADOIRO DE PINTURA

ADICADO A MULLERES PIONEIRAS.

PASÁMOLO XENIAL, GRAZAS AOS TRES!!

 

Soliditude de admisión curso 18-19

 Dende hoxe ata o día 20 de marzo está aberto o prazo para realizar a solicitude de admisión de novos alumnos e alumnas  no noso centro.

Podedes recoller os impresos de solicitude nas Escolas do C.R.A., en Abuin, Rañó, Quintáns, Capela, Outeiro, Cruceiro, Cuvide ou Pazo e tamén na Sede do Centro en Atalaia Asados.

Tamén podedes realizar a solicitude de admisión no seguinte enlace da Consellería de Educación: Admisión curso 18-19

Para calquera dúbida ou consulta, dirixídevos á Escola na que desexades matricular a voso fillo ou filla, ou á sede.

Tamén podedes chamar ao 981863395

Ou enviar un e-mail a cra.rianxo@edu.xunta.es

 

 

PLANTANDO NO CAMPO DE SAN ANTÓN

A vindeira semana levaremos a cabo unha xornada de educación medioambiental onde nos desprazaremos ata o Campo de San Antón na parroquia de Leiro para realizar unha plantación de árbores. A actividade está organizada polo Equipo de Voz Natura do centro e conta coa colaboración da ANPA. Tamén aproveitaremos para facer unha visita ao muiño de Xosé María en Rial. A principios de semana concretaremos a data xa que estamos pendentes das previsións meteorolóxicas.

Distribuir contido