2017-2018
TARDES CON DANIEL
O próximo martes 10 de outubro, a Biblioteca de Daniel volverá a abrir as súas portas despois do descanso estival. Nestes inicios de curso o noso amigo Daniel dános a súa benvida e convídanos a pasar con el unhas divertidas tardes de martes na compaña dos libros. A vindeira semana recibiredes un tríptico informativo onde se recollen, entre outras cousas, todas as sesións para este primeiro trimestre, abriremos en horario de 16:00-18:00 h como ven sendo habitual, e ao redor das 17:00h teremos as sesións de contacontos. Este martes a profe Celia cóntanos El libro inquieto, así que xa sabedes, animádevos a participar. Vémonos o martes!
- APIs de Blogue
ASEMBLEA ANPA IRMÁNS ÍNSUA
A presidenta da ANPA Irmáns Insua do noso centro, convoca Asemblea Xeral:
- Martes 19 de setembro
- 18:30 horas
- Sede do C.R.A. en Atalaia - Asados
- Asuntos: Cambio entidade bancaria e outros
En Rianxo a 18 de setembro de 2017
- APIs de Blogue
Festivo Local polas Festas da Guadalupe
Xornada non lectiva
- APIs de Blogue
- Calendario
Xornada de inicio de curso
Xornada de inicio de curso nas nosas escolas en horario de 10:00- 12:00
- APIs de Blogue
- Calendario
Normativa sobre a distancia das árbores a edificacions
Enlace a texto sobre a regulación das distancias que deben gardar ás arbores respecto de edificacións, vivendas, nucleos de pobación, vias ....
INICIO CURSO 2017-2018
BENVID@S AO NOVO CURSO
Venres 1 de setembro comezan as actividades do curso 2017-18
A presentación e inicio das actividades lectivas realizarase o luns 11 de setembro, en horario de 10:00 a 12:00 horas.
COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS
As familias que necesiten comunicarse co centro antes do 11 de setembro poden facelo na sede do C.R.A. de Rianxo na Atalaia - Asados, entre as 10:00 e as 13:00, prégase chamar previamente ao teléfono 981 863305
ORGANIZACIÓN DO PROFESORADO, 1 SETEMBRO:
- Reunión xeral as 12:00 na sede do C.R.A. de Rianxo. As profesoras titoras deben antes pasar polas escolas.
- As profesoras e profesores de nova incorporación ao centro deben achegarse as 11:00 á sede do C.R.A. para realizar a toma de posesión
O EQUIPO DIRECTIVO
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14