2017-2018

25 de novembro. C.R.A. de Rianxo. Non á violencia contra as mulleres.

 

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
   

 

 

Alumnas da Facultade de Ciencias da Educación visitan o noso centro

Noemí Baleato Domínguez, Alba Rivas Carral, Natalia Carracedo Barros e Sheila Ceapón Abuin, alumnas da Facultade de Ciencias da Educación no Grao en Educación Primaria, visitan o noso centro.

Estas alumnas da Facultade de Ciencias da Educación na USC, está a realizar un traballo de investigación sobre os Colexios Rurais Agrupados dentro da Materia de Educación en Contextos Rurais.

É para o nos centro un privilexio telas recibido e poder colaborar na súa  investigación. Valoramos o seu interés polos Colexios Rurais Agrupados.

Desexamoslle moito éxito no seu traballo de investigación e na súa formación como mestras de Educación Primaria.

Alumnas da Facultade de Ciencias da Educación visitan o noso centro

Noemi Baleato Domínguez, Alba Rivas Carral, Natalia Carracedo Barros e Sheila Cespón Abuin, alumnas da Facultade de Ciencias da Educación da USC, no grao en Mestras/es de Educación Primaria, visitan o noso centro.

Estas alumnas da Facultade de Educación, estan a realizar un traballo de investigación sobre os Colexios Rurais Agrupados, dentro materia de Eduación en Contextos Rurais.

Para o noso centro é un privilexio telas recibido e poder colaborar na investigación que están a realizar, non podemos deixar de anotar que unha das alumnas estivo escolarizada  do noso centro, na Escola Cruceiro en Taragoña, Sheila Cespón Abuin.

Os nosos mellores desexos para o seu traballo de investigación e para a súa formación como mestras de Educación Primaria

O noso patrimonio

BENVIDO DE NOVO, DANIEL!

Este venres 24, o noso amigo Daniel tennos preparada unha saída á vila de Rianxo e pese a que desta vez non poderemos visitar canda el a biblioteca municipal, preparounos un roteiro polas rúas de Rianxo agasallándonos previamente co libro "Os bolechas: unha historia rianxeira!

E para aqueles nen@s que aínda non coñezan ao noso Daniel, aquí nos deixou a súa marabillosa presentación persoal!

Benvido de novo benquerido Daniel! Sorriso

SAMAÍN

CO ÚLTIMO DÍA DE OUTUBRO CHEGOU DE NOVO O TEMPO DOS CABAZOS E DOS DEFUNTOS.
E COMO NON HAI NADA COMO COMPARTIR TRABALLOS, ALEGRÍAS E MEDOS COA XENTE QUE QUEREMOS,  FAMILIA E AMIGOS ACOMPAÑÁRONNOS TODO O DÍA : Á MAÑÁ, NA ESCOLA E Á NOITE, NA FESTA DE CAMPO DE PAZOS.

TEMPO PARA BRINCAR:
A (BIS)AVOA MARUJA APRENDEUNOS XOGOS TRADICIONAIS E A BAILAR E CANTARMOS COAS MATRACAS DE MILLO.

     TEMPO

       PARA

    REPOÑER

         AS

   ENERXÍAS:

   DOCES DE

    CABAZO,

      NOCES,

       MAZÁ...

  E A SEMPRE

   PRESENTE

     FROITA.

  

TEMPO PARA O TRABALLO:
CO ESFORZO COMPARTIDO FORON APARECENDO CAVEIRAS ARREPIANTES NOS NOSOS CABAZOS... E NAS NOSAS CARAS.

TEMPO PARA OS CONTOS:
DA NOSA MEMORIA XORDIRON  ESAS HISTORIAS DE MEDO QUE TANTO PRESTAN NUN DÍA COMA ESTE

E O TEMPO PARA A FESTA, NA NOITIÑA,

CANDO AS CANDEAS DOS CABAZOS ALUMEAN O MUNDO DOS MORTOS E DOS VIVOS.

 Aula de 4 e 5 anos

 

Magosto na escola de Vacariza

O pasado venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto na escola de Vacariza. Alí xuntámonos todas as escolas para cantar moitas cancións sobre o outono, as castañas, os ourizos,... nunha gran roda guiados polo profe Pablo.

 

 

Despois fixemos moitos xogos que nos gustaron moito e que nos abriu o apetito para degustar o froito protagonista da festa: as castañas. Tamén houbo doces de todas as clases (biscoitos, chulas, rosquillas, bolicos, galletas,...) e un delicioso chocolate! 

 

Foi un día xenial!

O Castelo da Lúa, excavacións arqueolóxicas

O arqueólogo Mario Cesar Vila, visita a Escola de Cruceiro

Co motivo das intervencións arqueolóxicas

que se están a realizar no xacemento

e na contorna do Castelo da Lúa,

Mario Cesar Vidal visitou a Escola de Cruceiro

Mario Cesar Vila, explicou

os traballos que están a realizar

no Castelo da Lúa,

ensinounos fotografías do Castelo,

falou do oficio de canteiro e

de como marcaban as pedras,

falounos de contas de lendas do Castelo.

Ao final convidounos a visitar

as excavacións que están a

realizar moi perto da praia da Torre.

 

Distribuir contido