2011-2012

O BUZO AUGUSTO

ESPERAMOS QUE ESTEDES GOZANDO DO VERÁN MERGULLÁNDOVOS NOS NOSOS

MARABILLOSOS MARES.

GRAZAS AO NOSO BUZO AUGUSTO POR ENSINARNOS ALGÚNS DOS TESOUROS QUE AGOCHA O

MAR, ASÍ COMO OS APARELLOS NECESARIOS PARA MERGULLARNOS NAS GRANDES

PROFUNDIDADES MARIÑAS

ÚLTIMAS FOTOS DOS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA

ESTAS FOTOS SON PARA  QUE OS NENOS E 

NENAS DE 2º DE PRIMARIA

LEMBREN O ÚLTIMO DÍA

DE ESCOLA NO C.R.A

 

A QUE FOI UN DÍA ESTÚPENDO?

DESPEDIDA

SorrisoE CHEGOU O VERÁN, E CON EL AS VACACIÓNS.

QUE RÁPIDO SE PASOU O CURSO E CANTAS COUSAS APRENDEMOS!!

TristeE  CHEGOU TAMÉN O MOMENTO DA DESPEDIDA.

RisaFORON MOITOS ANOS DE XOGOS, BAILES, CANCIÓNS, HABILIDADES,

DEPORTES, ...  E SOBRE TODO DE APRENDER A DIARIO, CONSTANTEMENTE. 

PARA MIN FOI UNHA EXPERIENCIA ÚNICA E IRREPETIBLE, SEMPRE LEVAREI

NO MEU CORAZÓN  AS ESCOLAS, AS FAMILIAS, OS COMPAÑEIR@S MESTR@S, E

SOBRE TODO ALUMNADO E AS EXPERIENCIAS VIVIDAS.

BesoMOITOS BICOS PARA TOD@S E NON ESQUEZADES ESTES TRES CONSELLOS:

- XOGADE MOITO.

- ALIMENTÁDEVOS BEN.

- PRACTICADE ALGÚN DEPORTE A DIARIO.


ESTE É O MEU RETRATO FEITO POR UNHA ALUMNA, A QUE QUEDEI GUAPA?

 

EXCURSIÓN DA ANPA

A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS  "IRMÁNS ÍNSUA", DO CRA DE RIANXO, ORGANIZA PARA O VINDEIRO 7 DE XULLO, A PARTIR DAS 9:00H., UNHA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Ó ZOO DE VIGO E Á PRAIA DE SAMIL.

 A ACTIVIDADE, GRATUÍTA PARA OS SOCIOS, TERÁ UN PREZO DE 15 EUROS POR ADULTO E DE 12 POR NENO PARA AS FAMILIAS QUE NON SEXAN SOCIAS DA ANPA.
A DATA LÍMITE PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN É O 2 DE XULLO.


Memoria visual de Relixión Católica. Curso 2011-2012

Ao longo deste curso na área de Relixión traballamos moito e aprendimos moitas cousas, por iso vos queremos mostrar con imaxes un resumen do que fixemos.

Traballando cos nosos libros de fichas, aprendimos moitas cousas sobre Deus e Xesús, e tamén sobre os valores cristiáns e as tradicións da nosa Igrexa:

  

Tamén aprendimos moitas cousas sobre a Biblia, lendo e xogando cos libros das historias da Biblia que a profe Celia nos trae polas escolas:

   

Cando rematábamos o traballo a profe nos deixaba debuxar o que nos quixéramos, pero moitos días preferíamos xogar un pouquiño polo que non fixemos demasiados debuxos:

  

Pero bueno sí que fixemos algún, nalgunhas escolas como estábamos traballando o tema do mar, a profe Celia nos propuxo que podíamos debuxar animais mariños inventados pola nosa imaxinación, e o pasamos moi ben! Aquí tendes unha mostra dos nosos debuxos:

        

Tamén traballamos co ordenador e coa pizarra dixital, ben para ver ou facer actividades no Portal Educativo do CRA, ou ben para aprender xogando cos CD-Rom interactivos de "Historias de la Biblia" que a profe Celia nos leva as escolas:

    

E despois se vos lembrades, porque aparece todo recollido no portal, fixemos moitas "cousiñas" para levar para a casa e  poder agasallar  aos nosos seres queridos: polo Nadal fixemos un intercambio de postais entre todas as escolas do CRA, para conmemorar o Día da Paz aprendimos de onde ven o símbolo da pomba e fixemos uns colgantes de pombas da paz. En Semana Santa felicitamos ás nosas familias cunhas tarxetas e aprendimos de onde ven a tradición de agasallar con ovos de chocolate pola Pascua, e cal é o postre típico de Galicia nesta data. E por último, os nenos/as de Primaria fixeron uns bonitos cadros do mar pero  de "un mar moi especial", con este mar traballamos os valores cristiánas da educación para a paz , a igualdade e o respeto entre as persoas. A continuación vos mostramos unha pequena selección dos nosos traballos:

 

Bueno, pois todo isto fixemos en Relixión, agora, ao igual que o ano pasado, só nos queda desexarvos a todos unhas moi boas vacacións. Descansade moito, desfrutade moito e recargade enerxía.

Moitos, moitos pero que moitos bicos de todos os nenos e nenas de Relixión, vémonos en setembro ¡ata o curso que ven!

DESPEDIDA

"Desexando un moi bo verán, despedímonos ata Setembro!!!"

FIN DE CURSO

O Venres organizamos unha festa na escola para despedir o curso.

Nada máis chegar puxémonos mans á obra:

colocar os globos e as bandeirolas feitas por nós foi a primeira tarefa.

Despois, traballamos moito para que cando chegaran os convidados

a merenda estivera lista.

O menú?

Canapés variados feitos con moito entusiasmo e imaxinación.

(non sabemos se todos os sabores combinados encaixaban, pero do que estamos seguros é de que os bos cociñeiros cúrtense a base de experimentación)

"Sandwich-tren" de España para animar á nosa selección de fútbol na Eurocopa.

E de postre, piruletas de froita.

A elaboración non sempre é doada, precisa:

maña,

habilidades varias,

traballo en equipo,

...

 e sobre todo compensar o que imos comendo,

pois quedou claro que a máis de un o que cociña non lle cunde!!!

Á espera da inauguración oficial, decidimos inaugurar a nivel particular a "casiña" nova que temos en Capela. Despois de varios intentos errados, tivo que chegar o papá de Xiana para abrir as portas. Menos mal, pois tiñamos moitas gañas de explorar o novo espazo.Encantounos!!!

Aínda así, a merenda tivo lugar no exterior, pois o tempo deciciu acompañarnos.

As familias felicitáronnos polo rico que estaba todo e... como recompensa:

os tesouros que agochaba a piñata.

Agasallos para tod@s os que se portaron ben e traballaron moito durante o curso.

Cos ollos pechados, Berna foi capaz de atopala e rompela.

E...

SORPRESA! A piñata contiña agasallos para tod@s!

POIS SI! OS 24 FOMOS BOS E TRABALLAMOS MOITO!

BO VERÁN !!!

E PORQUE O MERECEMOS,

QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS E TODAS UN BO VERÁN!

Distribuir contido