2011-2012
NENOS E NENAS DO CEIP CASTELAO VISITAN PAZO
OS NOSOS FUTUROS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO CEIP CASTELAO VISITARON A NOSA ESCOLA DE PAZO.
VIÑERON ANDANDO POLO PASEO MARÍTIMO MENTRAS NOS ESPERÁBAMOS IMPACIENTES
PASÁMOLO MOI BEN TODOS XUNTOS.
- APIs de Blogue
PARABENS!
O Venres tivemos festa: Cristian festexou o seu aniversario.
Xa é un chico de 4 anos!!!
PARABÉNS!!!
- APIs de Blogue
VISITA DO CEIP CASTELAO
O VENRES 25 DE MAIO, O ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP CASTELAO DE RIANXO VISITOU AS ESCOLAS DE PAZO, ABUÍN E RAÑÓ PARA DISFRUTAR DUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA E DESCUBRIR COMO SON AS AULAS DOS QUE SERÁN OS SEUS NOVOS COMPAÑEIROS O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.
ver a visita na
- APIs de Blogue
O AVERRÓ
O AVERRÓ |
O AVERRÓ É UNHA AVE XIGANTE, CON ENORMES GARRAS, QUE VIVE NO ALTO DUNS PENEDOS MOI ESCARPADOS NO MEDIO DA NOSA RÍA, PERO SÓ OS MARIÑEIROS MÁIS EXPERTOS COÑECEN A UBICACIÓN EXACTA DESTAS ROCHAS. |
DESPOIS DA GUERRA QUE HOUBO NO NOSO PAÍS HAI MOITOS ANOS, A COMIDA ESCASEABA E O PEIXE QUE PESCABAN OS MARIÑEIROS ERA PARA VENDER E PODER SOBREVIVIR. PARA NON PASAR FAME OS MARIÑEIROS ÍAN NAS SÚAS DORNAS ATA O MEDIO DA RÍA AO NIÑO DO AVERRÓ, PARA LLE ROUBAR OS OVOS. PORQUE ESES OVOS ERAN TAN GRANDES QUE BASTABA UN SÓ PARA FACER UNHA TORTILLA PARA TODA A FAMILIA |
A TRAVESÍA ERA MOI PERIGOSA, E HABÍA QUE SAÍR MOI CEDO PARA CHEGAR ÁS ROCHAS ANTES DE ABRIR O DÍA. E AO CHEGAR AOS PENEDOS TIÑAN QUE TER MOITO COIDADO COAS ONDAS QUE ROMPÍAN NA BASE, E AO MESMO TEMPO TIÑAÑ QUE IR MOI A MODIÑO PARA SE ASEGURAR DE QUE O AVERRÓ NON ESTIVERA NO NIÑO |
GABEABAN POLAS ROCHAS ATA CHEGAR AO NIÑO E COLLÍAN OS OVOS E FUXÍAN, PENDENTES DO CEO EN TODO MOMENTO, POR SE VÍAN APARECER AS GRANDES ÁS DO AVERRÓ , OU POR SE O SENTÍAN PIAR XA QUE OS SEUS AGUDOS CHÍOS ÓENSE DENDE MOI LONXE |
PERO UNHA VEZ INICIABAN A VIAXE DE REGRESO, O PERIGO NON REMATABA PORQUE SI O AVERRÓ VOLTABA ANTES DE QUE ESTIVERAN LONXE DOS PENEDOS, EMPEZABA A PERSEGUILOS PARA RECUPERAR OS SEUS OVOS, ATACÁBAOS E AFUNDÍA AS EMBARCACIÓNS |
FIN |
ESTA NOVA ESTÁ ADICADA O AVÓ DA PROFE CELIA,
GRAN MARIÑEIRO E PESCADOR DE OVOS DE AVERRÓS E DE HISTORIAS PARA OS SEUS NETOS.
E ESTA HISTORIA ESTÁ ADICADA TAMÉN Á PROFE CELIA QUE QUIXO COMPARTIR CON NÓS
O CARIÑO QUE LLE TRANSMITIRON OS SEUS AVÓS CANDO ERA UNHA MENIÑA
AS LENDAS DO MAIO E A HISTORIA DO AVERRÓ CONTADAS POR CELIA
*
O XOGO DO AVERRÓ:
- APIs de Blogue
KAMISHIBAI
A NOSA COMPAÑEIRA PAULA CONVIDOUNOS O VENRES A SÚA AULA.
REPARTIUNOS UNHAS FERMOSAS CONVIDACIÓNS PARA ASISTIR Á NARRACIÓN DO CONTO "O LÁPIS MÁXICO" QUE ELA MESMA CREOU PARA O KAMISHIBAI NAS SESIÓNS DE ATENCIÓN EDUCATIVA QUE REALIZA TÓDOLOS MARTES COA PROFESORA MARÍA.
PAULA, GRAZAS POR CONVIDARNOS E NORABOA POR SER A AUTORA DUNHA HISTORIA TAN BONITA!!
- APIs de Blogue
A NOSA VISITA A CORRUBEDO
XUNTO COS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE ABUÍN E RAÑÓ,
O XOVES VISITAMOS O PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO.
A GRAN DUNA, A PRAIA DO VILAR, A AREA FINÍSIMA...
ANIMAIS COMO O COELLO, ESQUÍOS, A BOLBORETA MACAON, AS GAIVOTAS,...DEIXÁRONSE VER.
COÑECEMOS UNHA PLANTA QUE TEN AS FOLLAS TOBOGÁN E CHÁMASE A CEBOLA DA GAIVOTA
UNHA AUTÉNTICA MARABILLA MOI PRETO DE NÓS!
COMO ERA O DÍA EUROPEO DOS PARQUES FOMOS ENTREVISTADOS E,
AO DÍA SEGUINTE SAÍMOS NO XORNAL E NA TELEVISIÓN
- APIs de Blogue
UNHA FERMOSA ALBORADA
O MARTES FESTEXÁBASE O DÍA DE SANTA RITA E, POLA MAÑÁN BEN CEDO,
OS GAITEIROS TOCARON UNHA FERMOSA ALBORADA
DIANTE DA NOSA ESCOLA.
- APIs de Blogue
DÍA EUROPEO DOS PARQUES
Con motivo da celebración do Día Europeo dos Parques, o 24 de maio, a Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia programou diversos actos nos diferentes espazos protexidos de Galicia. Boa parte das actividades están orientadas cara ao público infantil, coa fin de darlles a coñecer a riqueza natural da nosa Comunidade Autónoma e conciencialos sobre a importancia da súa protección e conservación, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social.
A Rede de Parques de Galicia está composta por seis parques naturais: A Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, O Invernadeiro, o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, Fragas do Eume e o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán; e un parque nacional, o Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
O CRA de Rianxo participou na celebración do Día Europeo dos Parques a través da visita das escolas de Rañó, Abuín e Pazo, ó Complexo Dunar de Corrubedo
*
- APIs de Blogue
Día Europeo dos Parques Naturais
HOXE FESTEXAMOS O DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS,
VISITANDO O PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO.
ADEMAIS DE GOZAR DUN DÍA SOLEADO E DE RESPIRAR A BRISA MARIÑA DA PRAIA DO VILAR,
DESCUBRIMOS COMO FORON CREADAS AS DUNAS, A FAUNA E A FLORA QUE ALÍ HABITA
E APRENDEMOS O IMPORTANTE QUE É COIDAR DAS NOSAS CONTORNAS NATURAIS
GRAZAS POLA VISITA E POLAS GUÍAS COAS QUE NOS AGASALLÁCHEDES!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »