2012-2013

DANIEL CASTELAO

 

NOVO LIBRO WEB

UN NOVO LIBRO WEB PARA CREAR CONXUNTAMENTE NO PRESENTE CURSO ESCOLAR E RECOLLER AS APORTACIÓNS DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO SOBRE AS FESTAS E CELEBRACIÓNS

FESTEXAMOS

NA PRAIA DO PAZO

CHEGOU O ÚLTIMO DÍA DE CLASE

E, PARA DESPEDIRNOS FOMOS  ATA

A PRAIA DE PAZO ACOMPAÑADOS DE MAMÁS,AVOAS...

COMO O DÍA ERA ESPLÉNDIDO POIDEMOS XOGAR, CORRER....

ATA FIXEMOS UNHA "FOGUEIRA" DE SAN XOÁN

COAS ALGAS. 


FOI DIVERTIDO E ,TIÑAMOLO BEN MERECIDO

POIS TRABALLAMOS MOITO DURANTE

TODO O CURSO.

   BO VERÁN !!!!

BO VERÁN!!!

E COMO O NOSO PROXECTO ANUAL "DESENTERRANDO O PASADO"

REMATOU ENTRE CASTELOS,....


...DESDE ESTE, QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS E TODAS

   UN BO VERÁN!!!

 


OS ÚLTIMOS DÍAS DE ESCOLA...


...PAULA E DANIELA TROUXERON AS SÚAS MASCOTAS: UN PEIXE E UNHA TARTARUGA.

CONTÁRONNOS MOITAS COUSAS INTERESANTES DESTES ANIMAIS, ALGUNHAS XA SABÍAMOS NÓS,...



E O ÚLTIMO DÍA, ANTES DE FACER A DERRADEIRA SAÍDA DESTE CURSO, VOLTOU CHEA DE CARIÑOSAS

ANOTACIÓNS E SENSACIÓNS QUE CADA UNHA DAS NOSAS FAMILIAS FOI APORTANDO,

A NOSA MOCHILA VIAXEIRA, QUE AO IGUAL QUE NÓS TEN BEN MERECIDO UNHAS VACACIÓNS!


PARA REMATAR

E PARA REMATAR...
UN CHISQUIÑO DE DOCE, UNHA PRESA DE HERBAS MÁXICAS, UNHA MOREA DE PASOS POLA HISTORIA E A PAISAXE...
E UNHA VEZ MÁIS ACADAMOS UNHA RECEITA PARA SENTIR A FELICIDADE DE ESTAR XUNTOS 

DESPEDIDA

Dende Capela queremos desexar un feliz verán

a tod@s @s compañeir@s, mestres e familiares do CRA.

Aproveito o momento para despedirme de todos e todas a nivel persoal,

pois como xa sabedes o próximo curso estarei traballando noutro colexio.

Xa sei que non se me da ben!

De feito, no momento preciso faltáronme palabras

para agradecer ás familias todo o recibido!

os agasallos si, por suposto!

(encantáronme!!!),

pero moito máis …

a axuda,

o apoio,

o afecto,

as gañas,

...

o día a día!

Sabedes que sen a vosa axuda moitas cousas non houberan sido posibles.

MOITAS GRAZAS POR TODO, LEVO CONMIGO UN MOI BO RECORDO!!!

Cos nenos e nenas todo foi máis doado, despedímonos o día anterior,

na aula (coa complicidade que iso supón!!!),

con ambiente festivo e a ilusión dun pequeno agasallo máis que merecido.

Sobraron as palabras porque aínda que non volo dixen

estou segura de que o sabedes:

SABEDES QUE VOS DESEXO O MELLOR!!!

Deséxovos ilusión, entusiasmo, emoción,

contos, bailes, cancións,amizade,

aprendizaxes, descubrimentos, aventuras,...

Pero ninguén dixo que o camiño sexa fácil,

por iso

DESEXO QUE SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE...

SEXADES CAPACES DE QUEDARVOS CO BO!

Que...

por cada choro haxa mil sorrisos,

por cada tropezo un novo intento,

por cada enfado unha reconciliación,

por cada discusión un acordo,

por cada disgusto mil alegrías,

para cada problema unha solución,

DESEXO QUE CADA DÍA ATOPEDES

UN MOTIVO

POLO QUE FESTEXAR A VIDA!!!

Bicos para tod@s!!!

Ana

FESTA DE FIN DE CURSO

O Venres 21 de Xuño organizamos unha festa para despedir o curso.

Este ano cociñamos pateis de biscoito.

Antes de comezar a facer a masa aproveitamos os biscoitos

para que sopraran as candeas os que festexaron o aniversario o venres pasado

e tiveron dificultades polo vento,

así como Iker T. e Isabela que se perderon a festa por estar enfermos.

Os pasteis saíronnos moi ricos!!!

Coa merenda lista, e á espera de que chegaran os convidados,

tivemos tempo para os últimos xogos e bailoteos do curso.

Cando chegaron as familias dispuxémonos a dar conta da merenda,

pero antes houbo unha sorpresa

que non entraba dentro dos plans da profe!!!

(quedou demostrado que sabemos gardar segredos)

Despois da merenda rompemos a piñata

para xa poñer punto final a este curso que remata.

Enjoy your Summer playing with English!

Happy Summer everyone!!!

On June 21st the school year finished and Summer started. You've got plenty of time to play, go to the beach or the swimming pool, travelling, read some books, stay with family and friends... but in case you get bored or you don't know what to do, you can always come here and play some English games. Click on the picture to start:

 

Have fun!!!

Distribuir contido