2012-2013
ANXO MOURE NA ESCOLA DE PAZO
Á SOMBRA DUN DOS NOSOS CARBALLOS, ANXO MOURE CONTOUNOS AS SÚAS HISTORIAS DO CARBALLO CON BOTAS.
CHEGOU NUN CABALO DE MADEIRA CON MOITOS RELATOS PARA SEGUIR CONCIENCIÁNDONOS
DA IMPORTANCIA DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE
O contacontos de Anxo Moure é parte do premio que Axenda 21 concedeu á comunidade do CRA de Rianxo polo traballo realizado a prol do Aforro Enerxético durante este curso.
- APIs de Blogue
REUNIÓN COAS FAMILIAS DE NOVO INGRESO
O CRA DE RIANXO REALIZARÁ O MARTES 18 DE XUÑO UNHA REUNIÓN DE BENVIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ Ó NOSO CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2013-2014.
O ENCONTRO TERÁ LUGAR NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, ÁS 18:30 HORAS
accede á benvida da ANPA Irmáns Ínsua
- APIs de Blogue
CONCERTO PARA AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL
DESTA VOLTA, XA REMATANDO O CURSO, O NOSO AMIGO DANIEL CONVÍDANOS A PARTICIPAR NO AUDITORIO DE RIANXO O MARTES 18 ÁS 12:30 H. NO CONCERTO DE
"MARÍA FUMAÇA",
UN PROXECTO EDITORIAL QUE BUSCA COMPARTIR CON TODOS NÓS A ALEGRÍA DA MÚSICA E DA LITERATURA
- APIs de Blogue
PREMIO ÓS AFORRADORES
BEN SABIAMOS NÓS QUE PRACTICAR O AFORRO ENERXÉTICO É UN AGASALLO PARA A NATUREZA E TODOS OS QUE HABITAMOS NELA. PERO O QUE NON SABIAMOS É QUE ADEMAIS PODE SUPOÑER UN PREMIO EN FORMA DE CONTACONTOS E MATERIAL PARA A BIBLIOTECA DOS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL!
AXENDA 21 VEN DE AGASALLARNOS COA VISITA DE ANXO MOURE ÁS NOSAS ESCOLAS E ESPERAMOS ANSIOSOS PODER VER O MATERIAL QUE HAN DE MANDARNOS PARA A BIBLIOTECA!
- APIs de Blogue
BROCHETAS DE FROITAS
APROVEITANDO A SEMANA DA FROITA NA ESCOLA REALIZAMOS UNHAS EXQUISITAS E SAUDABLES BROCHETAS CON MAZÁ, PERA, MELÓN, SANDÍA E PLÁTANO
GRAZAS, PROFE CELIA POR AXUDARNOS A TRABALLAR!
GRAZAS, CONVIDADOS, POR ACEPTAR O NOSO CONVITE E COMPARTIR CON NÓS UNS APERITIVOS TAN SAUDABLES!!
- APIs de Blogue
APROVEITAMENTO ENERXÉTICO
|
|
PARA TER O SEU CORPO QUENTE A LAGARTA PRECISA COLLER A CALOR DA ENERXÍA DO SOL. CANDO COMEZA O DÍA TEN UNHA TEMPERATURA MOI BAIXA E OS SEUS MOVEMENTOS SON MOI LENTOS. A LAGARTA CAPTA A ENERXÍA DO SOL COMA SE FOSE UNHA INSTALACIÓN DE ENERXÍA SOLAR TÉRMICA E EN POUCOS MINUTOS ALCANZA OS 26º QUE, COMO MÍNIMO, PRECISA PARA DESPRAZARSE CON RAPIDEZ E IR EN BUSCA DE ALIMENTOS |
Á FISALIA CHÁMANLLE CARABELA PORTUGUESA PORQUE É CAPAZ DE DESPRAZARSE GRAZAS A SÚA CRISTA, QUE FUNCIONA COMA A VELA DUN BARCO.
|
A FEMIA DOS CROCODILOS MARIÑOS ESCAVA UN OCO PRETO DA AUGA ONDE PON OS SEUS OVOS. DESPOIS CÚBREOS CUNHA MOREA DE FOLLAS, HERBA, PÓLAS E LAMA. ESTES MONTÍCULOS FUNCIONAN COMA UNHA INCUBADORA PORQUE A DESCOMPOSICIÓN DOS RESTOS VEXETAIS DESPRENDE UNHA CALOR QUE MANTÉN O NIÑO A UNHA TEMPERATURA AXEITADA |
CADA PARELLA DE TALÉGALO MALEO ESCAVA NA AREA UN PROFUNDO BURATO ONDE A FEMIA PON UN ENORME OVO. DESPOIS ENTÉRRAO COIDADOSAMENTE E ESQUÉCESE DEL. AS CORRENTES SUBTERRÁNEAS DE AUGAS TERMAIS E OS GASES VOLCÁNICOS MANTÉÑENO QUENTE PROPORCIONÁNDOLLE OS 34º PRECISOS PARA A INCUBACIÓN |
- APIs de Blogue
ALDEA SOSTIBLE
NA SÚA VIAXE A ASTURIAS HELENA NON SÓ SE FIXO AMIGA DUN SIMPÁTICO DINOSAURIO.
TAMÉN VISITOU UNHA ALDEA NA QUE OS SEUS HABITANTES FORON QUEN DE APROVEITAR A FORZA DA AUGA PARA FACER FUNCIONAR UN MUÍÑO, UN BATÁN, UN XENERADOR DE LUZ ELÉCTRICA, UNHA FRAGUA E UNHA GRAN PEDRA DE AFIAR
- APIs de Blogue
ACEITE PARA RECICLAR
UN SÓ LITRO DE ACEITE DOMÉSTICO PODE CONTAMINAR 1000 LITROS DE AUGA, POR ISO ALEX VERTE O ACEITE USADO DA SÚA CASA NO RECIPIENTE DE RECOLLIDA DA ESCOLA
- APIs de Blogue
A MORENIÑA
"A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniñaaaaa...
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaíñaaaaa..."
Ola a todos e a todas os nenos e nenas de Relixión do CRA estamos rematando o curso cunha unidade didáctica adicada as festas relixiosas, e como non podía ser doutro xeito, decidimos centrarnos nas festas da nosa contorna. Pois se vos preguntades cal é a festa relixiosa máis importante de Rianxo (e unha das máis coñecidas de Galiza), non podíamos rematar o tema sen referirnos á Virxe da Guadalupe, popularmente coñecida como "a Moreniña". Así pois en homenaxe a esta festa tan importante e querida por todos os rianxeiros, rianxeiras e rianxeiriñ@s decidimos facer os nosos retratos da Virxe:
Bueno que vos parecen as nosas reproduccións? a que custa distinguir o orixinal das copias? ja,ja,ja... A verdade e que nos saíron moi ben. A continuación podedes ver a galería de imaxes á que lle puxemos como música de fondo a canción "A Rianxeira". Esperamos que desfrutedes tanto da música como dos nosos traballos:
Con esta actividade rematamos o curso 2012- 2013, un curso marabilloso cheo de sorpresas e descubrimentos, fixemos moitos traballos que nos encanta compartir con todos vós a través do noso portal. Moitos, moitos bicos a todos, felices vacacións e ata o curso que ven! Vémonos en setembro!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »