FESTA DE FIN DE CURSO
O Venres 21 de Xuño organizamos unha festa para despedir o curso.
Este ano cociñamos pateis de biscoito.
Antes de comezar a facer a masa aproveitamos os biscoitos
para que sopraran as candeas os que festexaron o aniversario o venres pasado
e tiveron dificultades polo vento,
así como Iker T. e Isabela que se perderon a festa por estar enfermos.
Os pasteis saíronnos moi ricos!!!
Coa merenda lista, e á espera de que chegaran os convidados,
tivemos tempo para os últimos xogos e bailoteos do curso.
Cando chegaron as familias dispuxémonos a dar conta da merenda,
pero antes houbo unha sorpresa
que non entraba dentro dos plans da profe!!!
(quedou demostrado que sabemos gardar segredos)
Despois da merenda rompemos a piñata
para xa poñer punto final a este curso que remata.
- APIs de Blogue