2007-2008

A pedra encantada.

Preto da aldea de Carballal, no Araño, alá onde o río Te toma o nome de río Grande, hai unha pedra encantada.

 Veunolo contar Isabel, a mamá de Eva, e a ela contáronllo os seus avós cando era unha meniña.

 A pedra ten uns buraquiños na súa superficie nos que, segundo din, unha galiña puxo uns ovos de ouro. Nos tempos de antes, a pedra e a galiña dábanlle moito medo á xente. Sobre todo á xente que tiña que moer no muíño do río toda a noite. Dis que vían cousas estranas !

 Tamén Isabel papou moito medo unha tardiña na que foi lavar unhas prendas ó río. Tiña doce anos. E cando estaba alí cerca da pedra... viu a galiña!!. Talmente era a galiña máxica, coas súas plumas amarelas. Chegou correndo a casa, co medo no corpo !

 Só se puido tranquilizar cando lle contaron que a unha veciña enfermáralle unha galiña e a deixara ceiba pola beira do río.

 Todos nós queremos ir á casa de Eva para que a súa nai nos ensine a pedra encantada e poidamos quizais ver algunha galiña !

 
Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol
ESCOLA DO CRUCEIRO.

2ª Sesión Polideportivo: "Os oficios"

 

Nesta semana 1ª de Febreiro, imos ao Polideportivo.

A sesión tratará o tema dos Oficios, coas seguintes estacións:

Deportistas

Albaneis

Mariñeiros

Agricultores

Se o desexades podedes descargar o programa da sesión e podedes ver imaxes da sesión:

  1. PLAN DA 2º SESIÓN: OS OFICIOS
  2. IMAXES DA SESIÓN

Tamén e se o desexades podedes incluir debuxos da sesión nesta páxina.

 

 

LIBROS E MAIS LIBROS PARA O VRAN

Chegan as vacacións; moreas de historias que viven nos libros forman xa parte de nós : nin bruxas, nin ogros, nin lobos nin raposas nos arredan, ata seriamos quen de transformar feroces bandidos en seres bondadosos.
Somos pequenos e pequenas sí, pero a grandeza non está no tamaño e mesmo saberiamos atopar e axudar a unha estrela caída, a unha bolboreta a piques de afogar, a pequenos peixes mortos de medo por mor do gran peixe...


Debuxo alumno de Outeiro

 

PARA ACCEDER AO BOLETÍN DA BIBLIOTECA CLICA AQUÍ

 

 

 

 

UN BO EQUIPO DE TRABALLO

AGORA QUE ESTÁ A REMATAR O CURSO QUEREMOS AMOSARVOS PARTE DO EQUIPO DE TRABALLO DA AULA DOS  " MAIORES ".

DURANTE ESTES DOUS ANOS ESTIVERON OFRECÉNDONOS TODO O SEU APOIO EN TODO CANTO SE LLE PEDIU E MÁIS.

POR ESO, E PORQUE SON OS NOSOS PAPIS, MAMIS, AVÓS,TÍOS,...QUEREMOS

MANDARLLES UN

BICO

MOI GRANDE

 

 
 

IVÁN, LÍA, EVA, JOEL, ALEX, TANIA, LAURA, YAIZA, DESI, IRENE E SOL.

XUÑO DE 2008.

FIN.

 

 

 

ESTUDANTES DE ZOOLOXÍA

Unha boa biblioteca a disposición dos estudantes sempre facilita o traballo.

Por eso, na escola do Cruceiro, nestes días nos que estamos a estudar os animais, procuramos que a nosa biblioteca nos proporcione os libros adecuados para complementar o noso traballo:

o que aprendemos observando, analizando e escoitando, comprobámolo e ampliámolo despois nalgún dos nosos libros.

Mirade, como exemplo, o que fixemos coa egagrópila que trouxo Lía da casa da madriña:

escoitamos o que Lía nos contou, abrimos a egagrópila e clasificamos o seu contido e consultamos a información que viña nos libros.

Que non sabedes o que é unha egagrópila ?

Pois, observade as fotos e lede a información...

                 
   
   
   

( " Las lechuzas tragan enteras pequeñas aves y otros animales, vomitando después el pelo, plumas y huesos en una especie de pelotita llamada egagrópila" La senda de la naturaleza. Pájaros. SM Ediciones.)

Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.

ANIMAIS

TÓDOLOS ANOS ADICAMOS ALGUNHAS SEMANAS DE TRABALLO NA ESCOLA A OBSERVAR E ESTUDAR ÓS ANIMAIS. NESTE CURSO FOMOLO DEIXANDO PARA ESTAS DATAS FINAIS E, AÍNDA QUE XA TIVERAMOS ALGUNHA SESIÓN DE OBSERVACIÓN E INVESTIGACIÓN, NESTES DÍAS TIVEMOS O PLACER DE RECIBIR NAS AULAS ALGÚNS EXEMPLARES DE MAMÍFEROS, PEIXES, RÉPTILES, AVES, INSECTOS E ARÁCNIDOS( ADEMÁIS DAS MOSCAS, POLILLAS, FORMIGAS E ARAÑAS QUE NOS ACOMPAÑAN GRAN PARTE DO CURSO )

QUEREDES VER ALGÚNS DELES?. OLLADE...

   
   
   
   
                  
   
   
   
ADEMÁIS DE APRENDER POR NÓS MESMOS (OBSERVANDO, INVESTIGANDO,ESCOITANDO, PREGUNTANDONOS E RESPONDENDO), TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COAS EXPLICACIÓNS DA MAMÁ DE SELENIA, VANESA. GRAZAS!!  

UNHA CHEA DE ACTIVIDADES

NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS DE ESCOLA

ESTAMOS A FACER UNHA CHEA DE ACTIVIDADES INTERESANTES :

TIVEMOS A VISITA

DOS BOMBEIROS E DE PROTECCIÓN

CIVIL, FIXEMOS A CARREIRA DAS

LETRAS, VISITAMOS UNHA QUEIXERÍA E

FIXEMOS O NOSO PROPIO QUEIXO,

ESTAMOS A REALIZAR OBRADOIROS DE

MEDIO AMBIENTE...

PARA QUE VEXADES COMO

APRENDEMOS E DISFRUTAMOS

QUEREMOS AMOSARVOS UNHAS

POUCAS IMAXES ...

   
   
   
   
   
   
           

SE QUEREDES SABER MÁIS DESTAS

 ACTIVIDADES NON TENDES MÁIS QUE 

 PREGUNTARNOS.

CHAO!!

VISITA AO C.E.P. BREA SEGADE DE TARAGOÑA

O vindeiro Xoves día 5 de Xuño os alumnos e alumnas das Escolas de Cuvide, Cruceiro e Capela que para o vindeiro curso vaian ao C.E.P. Brea Segade, visitarán o Colexio, e participarán en diversas actividades e xogos cos nenos e nenas que para o vindeiro curso serán seus compañeiros/as

VISITA A AGRO DESPENSA

O 30 DE MAIO FOMOS A QUEIXERÍA DE MURGAS, PRETO DE TOURO,VER COMO SE FAI O QUEIXO E TAMÉN FACELO NOS.

E TAMÉN APRENDEMOS A FACER CHIFRES !!!

QUEIXERIA

 A MIN O QUE MAIS ME GUSTOU FOI FACER O QUEIXO.(CANDELA)

 

EU NON VIRA  NUNCA UNHA QUEIXERÍA, E  PARECEUME INTERESANTE. (PAULA)Burla

 

OS BOMBEIROS DE ABUÍN

 

NO MES DE MAIO TIVEMOS NO CRA A VISITA DOS BOMBEIROS...OBSERVADE QUE BEN O PASAMOS NA ESCOLA DE ABUÍN!!!Sonriente

Distribuir contido