2007-2008
LETRAS GALEGAS : ILUSTRACIÓNS DE "POLO LARANXAL..."
POUCO A POUCO IRÁ APARECENDO O TRABALLO DE ILUSTRACIÓN DO POEMA "POLO LARANXAL..." DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE CUVIDE
ALBA
BORJA
RAÚL
ANXO
PEDRO
CARLOTA
MANUEL
- APIs de Blogue
DÍA É DAS LETRAS GALEGAS : XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ : "POLO LARANXAL..."
Hoxe xogamos cun poema de Xosé María Álvarez Blázquez recollido nos libros "ROSEIRA DO TEU MENCER", da editorial Xerais, e "O QUE BEN CHE QUER", da editorial OQO, ámbolos dous adicados a súa primeira filla de alcume, "Colorín"
POLO LARANXAL
TRES AVELAÍÑAS ANDAN A VOAR.
UNHA, DÚAS, TRES,
DE PRÉSA QUE VOAN, VENSE E NON SE VEN.
POLO LARANXAL
TRES AVELAÍÑAS ANDAN A CHUCHAR.
UNHA, DÚAS, TRES,
DE TANTO QUE CHUCHAN, BORRACHAS DE MEL.
CAÍDAS NO CHAN,
TRES AVELAÍÑAS POLO LARANXAL!
Fixemoso unha pequena dramatización, un xogo de roda e máis tarde comezamos a ilustrar o poema.
POLO LARANXAL TRES AVELAÍÑAS ANDAN A VOAR
TRES AVELAÍÑAS ANDAN A CHUCHAR
BORRACHAS DE MEL, CAÍDAS NOS CHAN
Tamén sabemos polos poemas do seu pai que Colorín tiña moitos medos : a algúns animais, ao vento...., e hoxe Jorge contounos unhas historias do "GALO PEDRÉS", que é un galo tremendo, así que entre todos e todas, xogando cos medos e con este personaxe fixemos un poema que xa volo escribiremos no libro web titulado "O GATO CEGATO"; ademáis precisamos unha foto do galo así que mañá dareivos a máquina de fotos e a ver se lle podedes facer unhas fotiños ben xeitosas para acompañar ao poema.
- APIs de Blogue
CARREIRA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS : AS MEDALLAS
O día 16 de maio imos participar todas as escolas do C.R.A. nunha carreira na que imos gañar todos e todas porque "MOVÉMONOS POLO DEPORTE E A CULTURA"animando co noso esforzo aos escritores e escritoras para que sigan escribindo na nosa lingua libros de contos e de poesías tan bonitos como os que temos nas nosas escolas.
As medallas facémolas nós; logo xúntanse todas e a ver cal nos toca a cada quen. Abofé que todas serán preciosas. l
Na nosa escola o motivo que elixiron para decoralas foi "COLORÍN", a filla de Xosé María Álvarez Blázquez despois de escoitar esa deliciosa introducción que fai o seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo no bonito libro titulado "O QUE BEN CHE QUER" da editorial OQO, e fermosamente ilustrado pola súa irmá Berta, que é pintora . Chamáronlle Colorín por ter o caboelo loiro, os ollos azuis e as fazulas vermellas e ademáis chegou a cabalo dun airiño soave.
Velaí as nosas medallas :
- APIs de Blogue
A PROFE CRUZ TAMÉN NOS APRENDEU UN BAILE E UNHA CANTIGA NOVA!!
A PROFE CRUZ ESE DÍA TAMÉN NOS APRENDEU UNHA CANTIGA NOVA CHAMADA "DEBAIXO DA FIGUEIRA" DO DISCO PELO GATO 24 QUE NOS GUSTOU MOITO.
VEDES QUE BEN NOS MOVEMOS?
O TEACHER PABLO APRENDEUNOS ENGLISH DEBUXANDO
OS NEN@S DO CASTELAO VIÑERON DE VISITA E UNHAS DAS ACTIVIDADES QUE COMPARTIMOS CON ELES NA ESCOLA DE ABUÍN FOI APRENDER ENGLISH DEBUXANDO....
PASÁMOLO XENIAL CO PROFE PABLO!!! QUE ADEMAIS DEBUXA MOI BEN PERSONAXES DE COMIC!!!
GRAZAS PROFE PABLO
- APIs de Blogue
VERSOS PARA VOZ NATURA
UN TALLER DE RECICLAXE
AXUDA A COIDAR A PAISAXE
COIDAMOS AS PLANTAS E
COGOMELOS
E DA GUSTO VELOS
SEPARAMOS O LIXO, FACEMOS ABONO,
RECOLLEMOS PILAS,
SOMOS AMIGOS DAS " ARDILLAS"
RECICLAMOS CON DESTREZA
PARA COIDAR A NATUREZA
TRABALLAMOS CON SOLTURA
SOMOS AMIGOS DE VOZ NATURA
(ESTES VERSOS E ILUSTRACIÓNS FORMAN PARTE DA MEMORIA DE ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS DURANTE O PRESENTE CURSO DENTRO DO PROGRAMA DE VOZ NATURA NA ESCOLA DO CRUCEIRO)
Os nenos e nenas de 2º A e 2º B do Colexio Castelao visitan as escolas de Abuin e Quintáns
O mércores 30 de Abril os nenos e nenas de 2º do Colexio Castelao, visitaron as Escolas de Abuin e Quintáns.
Xuntáronse cos nenos e nenas das Escolas, que para o vindeiro curso serán os seus compañeiro e compañeiras. Fixeron xogos, cantaron, recitaron poesías. Tamén fixeron actividades coas profesoras de Educación Físicas, Música e Inglés. Pasárono moi ben.
A finais de Maio os alumnos e alumnas do C.R.A. devolveranlle a visita, indo ao Colexio Castelao.
AS ESTRELAS VIVEN NA NOITE E ALBA ROMPE O DÍA
Frecuentemente nas aulas atopámonos con diversos problemas de audición e linguaxe para os que Mariña, a especialista, presta un gran apoio cun enfoque da problemática, na miña opinión moi axeitado e que eu comparto ao cen por cen : non existen nenos problemas senón problemas que teñen determinados nenos ou nenas aos que se lles da un tratamento lúdico do que participamos todos e todas.
Onte o xogo ía encamiñado á discriminación auditiva das distintas vogais e a súa correcta pronunciación en concreto á diferenciación do son do e e do a.
Traía un libro "Rimas con letra" de Gloria Sánchez e abríndoo pola rima do e preguntou :
- Coñededes este libro? (Risas) Siiii , ese é o embigo de Vicente.
- Home... coñecémolo de sobra dixo Anxo .
-E esta letra?
- Coñecémolas todas!, volveu dicir Anxo cuns olliños luminosos, mirada cómplice e sorriso picarón.
E claro, e que as letras preséntanse nas palabras sen permiso, todas xuntas e así ímolas coñecendo pero de cando en vez facémoslle un pequeno homenaxe a cada unha delas e entre outras cousas acudimos ao libro "Rimas con letra" para disfrutar das súas propostas, amplialas e ás veces tamén para criticar algún aspecto cun sentido rexoubeiro como cando a rima do u di :
Uú - Uú
un moucho vai en autobús.
...........................................
e a ilustración nolo presenta en moto. Rebélanse, aí non vai en autobús profe, que vai en moto. Pero que é isto?, digo eu, esta ilustradora... está un pouco despistada. E é que os nenos e nenas non pasan unha, así que ilustradores e ilustradoras poñede máis atención porque nas escolas hai unha crítica moi rigorosa.
Ben, pois despois de disfrutar coa rima e de participar no xogo, Mariña quixo contarnos un conto que falaba dunha estrela pero xa non foi posible.
Á pregunta de sabedes onde están as estrelas? sucederon unha serie de intervencións cargadas de lirismo en medio do bulicio.
- "AS ESTRELAS VIVEN NA NOITE" (RAÚL)
- "SI, E ALBA ROMPE O DÍA, E CANDO O SOL VAI TRABALLAR A LÚA TENSE QUE DEITAR" (ANXO).
- "E RAÚL ABRE A NOITE" (ALBA)
Esta intervención de Alba producíu un segundo de desconcerto antes de darme conta de que o dicía porque cando xogamos cos nomes RAÚL lido ao revés di LUAR, e facíalles gracia escoitar que RAÚL tiña unha RA que croaba no LUAR e que LUAR era unha noite de LÚA , así que claro, RAÚL ABRE A NOITE.
En fin, que cando os nenos e nenas están enfariñados, rebozados e cociñados en poesía de cando en vez e cando menos o esperas deixan escorregar a súa salsa, destilan lirismo, e así acabou a hora con Mariña e nese estado tan poético e bulicioso, que ás veces van da man, dispuxémonos a seguir co regalo para O DÍA DA NAI, que non vou desvelar porque aínda non chegou o día e malia que seguramente ao saír da escola xa non aguantaran máis sen decirlle que era, naquel momento devanábanse os sesos pensando onde o ían agochar e que lles ían dicir.
CARLOTA : "Eu voulle dicir a miña nai : mamá, vas limpar estes días, antes do día 4, do domingo, do día da nai, debaixo da cama?. E se me dí que non, o deixo alí e se me di que sí o meto nun caixón ou noutro sitio onde non o vexa".
RAÚL : "Eu tamén, debaixo da cama"
ANXO: "Eu tamén, debaixo da cama"
PEDRO : "Pofe, mía, eu vouno esconde debaixo da pama".
ALBA : "Eu debaixo da almohada".
En fin, xa sabedes onde non podedes facer limpeza nin mirar estes días.
- APIs de Blogue
A PEDRA ENCANTADA
Preto da aldea de Carballal, no Araño, alá onde o río Te toma o nome de río Grande, hai unha pedra encantada.
Veunolo contar Isabel, a mamá de Eva, e a ela contáronllo os seus avós cando era unha meniña.
A pedra ten uns buraquiños na súa superficie nos que, segundo din, unha galiña puxo uns ovos de ouro. Nos tempos de antes, a pedra e a galiña dábanlle moito medo á xente. Sobre todo á xente que tiña que moer no muíño do río toda a noite. Dis que vían cousas estranas !
Tamén Isabel papou moito medo unha tardiña na que foi lavar unhas prendas ó río. Tiña doce anos. E cando estaba alí cerca da pedra... viu a galiña!!. Talmente era a galiña máxica, coas súas plumas amarelas. Chegou correndo a casa, co medo no corpo !
Só se puido tranquilizar cando lle contaron que a unha veciña enfermáralle unha galiña e a deixara ceiba pola beira do río.
Todos nos queremos ir á casa de Eva para que a súa nai nos ensine a pedra encantada e quizais poidamos ver algunha galiña !
MAMAÍÑA, QUE MEDO
Hai un lugar en Taragoña Onde viven os monstros. Alí habitan unha Bruxa Regañadentes, un Tío Lobo, un Monstro Peludo, Tres Bandidos,... QUE ARREPÍO.
Ese lugar é... a escola de Cruceiro. E todas estas personaxes son protagonistas duns terroríficos contos de medo que andamos a contar estes días.
Grazas a Puri e a Belén por vir a contarnos contos e o avó de Tania por prestarnos a lanterna coa que puidemos contar os contos a escuras e poñer caras de medo !
Ai, mamaíña, que medo !!!
Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »