2007-2008
OS MAIOS
Colocar ramos o primeiro de maio nas portas das casas, cortes, carros e agora coches, ven de moi antigo ( segundo nos contan foi xa prohibido no Concilio de Braga no ano 570 ).
Un ano máis moitas familias de Rianxo manteñen esta antiga tradición de poñer os maios nas súas casas, nos seus coches e tamén nas escolas dos seus fillos.
Grazas por manter vivo este tesouro da nosa cultura e ... de hoxe nun ano!!
O AÑO PITAÑO
HOXE, NA ESCOLA DE CRUCEIRO VOLVEMOS A XUNTARNOS COS NOSOS AMIGOS E
AMIGAS DE 4 E 5 ANOS E ESTIVEMOS LENDO POEMAS E POESÍAS DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ
BLÁZQUEZ: O ARCO DA VELLA, O MERLO POETA, ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO,
O AÑO PITAÑO
TAMÉN VIMOS UNS VIDEOS QUE HABÍA EN INTERNET DESTES POEMAS. DE TODOS, O QUE
MÁIS NOS GUSTOU FOI O DO AÑO PITAÑO. COMO TIÑAMOS QUE FACER AS MEDALLAS PARA
A CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS, DECIDIMOS REFLECTIR NELAS ESTA POESÍA.
VELAÍ OS PERSONAXES DA NOSA HISTORIA:
O AÑO PITAÑO, A CABUXA LUXA, O COELLO VELLO, A BRUXA, O GATO CEGATO, O GALO RALO,
A GALIÑA TIÑA E A NENIÑA
E AGORA IDES VER COMO NOS QUEDOU:
1. O AÑO PITAÑO
VAI NO PARAÑO
2. A CABUXA LUXA
MARCHOU ONDA A BRUXA
3. O COELLO VELLO
ANDA NO CORTELLO
4. O GATO CEGATO 5. O GALO RALO
FUXÍU AO BURATO SUBIUSE NO VALO
6. A GALIÑA TIÑA 7. ANDA NENIÑA
ESTÁ NA COCIÑA DEIXAOS ESTAR
E IMOS XOGAR
COAS CONCHAS DO MAR
ASÍ QUEDOU ESTA POESÍA DE X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ NAS MEDALLAS QUE FIXEMOS,
GUSTÁRONNOS MOITO, E A VOS?
ANDREA, JORGE, SILVIA, CÉSAR, AITOR, SELENIA, BORJA, PATI, RUBÉN e PAULA
UN FERMOSO POEMA VISUAL
Era moi cedo hoxe cando cheguei á escola; tiña cousas pendientes que facer antes de que chegaran os nenos e nenas. Había moito silencio. Como ven sucedendo todos estes días, disfruto moito nada máis chegar observando o pequeno xardín e a fachada da escola. Está tan bonito...!
Pero hoxe sentín como unha descarga eléctrica, un intenso calafrío percorreu o meu corpo e unha profunda emoción embargoume cando subindo as escaleiras do porche vexo unha flor colocada con coidado na pechadura da porta.
Todo un fermoso poema visual; non habería mellor forma de reiniciar ese soño cargado de esperanza.
Inmediatamente agolpáronseme imaxes e sensacións : 24 de abril, case 25 de abril data moi sinalada; o 25 de abril de 1974, Portugal viviu unha revolución incruenta : "A revolución dos caraveis", onde os militares colocaron nos canóns dos seus fusiles esta flor, un feito simbólico, as flores contra a violencia fascista e o fin da dictadura.
Logo , mesturado co anterior viñéronme a mente eses versos tan significativos dun poema de Antonio Machado :
"Caminante no hay camino
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar".
Inmediatamente quixen recoller ese instante para eternizalo cunha foto e ofrecela no portal para disfrute de todos e de todas.
Subinme a unha nube e compartín a alegría coas familias, cos nenos e nenas e tamén con Tobías que achegouse á escola a media mañá.
Tiñamos tantas cousas que facer hoxe :
- Contacontos
- Representación plástica
- Unha salina,
pero este acontecemento estivo presente en todo momento. Falámolo ao principio e pregunteilles se lles parecía bonito que nos puxeran unha flor na pechadura da porta e dixeron que sí e que seguramente os que fixeran mal lerían os seus carteis. Díxenlles que sí e que ao mellor tamén visitaran a páxina que temos en Internet e alí verían o seu traballo e o das súas familias e pensarían que así estaba mellor todo, que era máis bonito respectar e coidar que destrozar.
Inviteilles a facer un cartel de agradecemento e na hora da merenda, mentres estaban sentados comendo, eu ía anotando ideas no encerado.
Ao final quedaron reducidas a tres :
- QUERÉMOSVOS MOITO POR POÑER A FLOR
NA PECHADURA DA PORTA (ALBA)
- COIDADE A NATUREZA CON NÓS (TODOS)
- INVITÁMOSVOS A NOSA ESCOLA A PLANTAR
ÁRBORES (MOTIVADA POR MIN)
A medida que ían rematando de merendar, recollían, lavaban os dentes e viñan a facer o cartel.
A media mañá chegou Tobías a facerlles unha proba de linguaxe aos máis pequenos e o cartel e os artiluxos de pintar pasaron ao porche.
Ao final fixemos unha foto de grupo con Tobías, aínda que non están todos porque algúns preferían estar xogando .
Logo Tobías sacoume outra a min co grupo
Mirade, temos unhas pequenas árbores nunhas xardiñeiras nacidas das sementes que plantaron os nenos e nenas alá por novembro e que xa están pedindo monte.
Non sei se leredes esta páxina pero se o facedes, de corazón vos invito a que nos axudedes a buscar e limpar un anaquiño de monte preto da escola e a vir con nós a plantalas.
De verdade que non hai nin odio nin rencor; hai unha inmensa alegría que nos gustaría compartir con vós.
- APIs de Blogue
CARROS DE VACAS
Na aula dos " maiores " da escola do Cruceiro tiñamos unha pregunta sen resposta dende que veu a visitarnos o avó de Eva: como facían nos tempos de antes para transportar moita carga se non había nas casas tractores nin matraquillos ?
Sabiamos que levaban cousas na cabeza, no lombo e máis en carretas, pero este luns caemos na conta de que en algunha das nosas casas aínda se conservan restos de carros de vacas. Claro!..., esa é a resposta que non dabamos atopado.Para transportar cargas pesadas ou voluminosas utilizábanse carros de vacas !.
Por certo, falando de atopar...Na casa de Laura andan a buscar unha foto antiga onde aparecen Puri, avoa Angelita, avó Moncho, as vacas e o carro. A ver se aparece!!
Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.
VISITA DOS ALUMNOS DO C.E.I.P. CASTELAO AO C.R.A
Dentro das diversas actividades de coordenación entre o C.R.A. e os Colexios Receptores, que se veñen realizando, (intercambio de correspondencia, visita aos colexios, ... ), este curso realizárase a actividade comezada o curso pasado consistente en que alumnos e alumnas do Colexio Castelao, visiten as Escolas, en concreto as escolas de Abuin e de Quintáns.
Nesta actividade participarán os profesores titores de 2º do Colexio Castelao, as profesoras especialistas de Educación Física, de Idioma Moderno e de Educación Musical e os orientadores do Colexio Castelao e do C.R.A. de Rianxo.
Os nenos e nenas que necesiten transporte (Escola de Pazo e de Rañó e Vacariza) facerano en transporte escolar, e o horario de entradas e saidas previsto para esta xornada será o habitual.
VISITA DOS ALUMNOS/AS DE 2º DO C.E.I.P. CASTELAO AS ESCOLA DO C.R.A.
DATA: MERCORES 30 DE ABRIL DE 2007
ESCOLAS ANFITRIONAS: ABUIN E QUINTÁNS
- APIs de Blogue
SEMANA POLA ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2
Entre as actividades que estamos levando a cabo apoiando a Semana de Acción Mundial pola Educación onte limos o conto titulado "O HOMIÑO DE PAPEL", de Fernando Alonso; un boneco que unha nena aburrida de xogar cos xoguetes decide facer con papel de xornal. O boneco quere facela feliz a ela e aos seus amigos pero cando deixan de xogar e se poñen a falar el só sabe contar historias de guerras, catástrofes e miserias e os nenos e nenas póñense moi tristes; decide lavarse pero entón non ten nada que ofrecer así que adentrándose no campo vai empapándose de colores, sonidos e palabras novas e solidarias facendo felices aos nenos así que todas as mañás moi temprano decide regar os xornais con toda aquela alegría. É un pequeno poema á fermosura e aos valores que non aparecen nos titulares de prensa.
Para ilustrar o contido do conto e para que observaran distintas condicións de vida nos distintos lugares da terra levei recortes de prensa e un libro "Pueblos de la Tierra", onde observamos as duras condicións de vida da extracción e transporte de sal nas impresionantes salinas de Manaure na fronteira de Colombia e Venezuela.
As salinas impactáronlles tanto que lles propuxen que trouxeran sal e faríamos unha. Hoxe Carlota trouxo sal. Mellor tería sido pedirlles auga de mar para que fora máis real; outro día lla pedirei.
Tamén vimos unha vivenda construida nun claro da selava ecuatoriana e observamos o contraste entre as casas das barriadas de Lima, onde a xente non ten traballo e as casas da xente rica, facéndolles pensar se aquilo lles parecía xusto.
Vimos tamén nenos traballando, no mercado, vendendo froita, ou no campo cun arado de tracción humana que non sabían o que era. Anxo dixo que agora se fai co tractor cando eu lles expliquei que era para facer sucos na terra e plantar millo.
Por último vimos unhas fotos dunhas vivendas pobremente construídas dos mineiros en Bolivia, o seu duro e perigoso traballo e o boneco disfrazado de demo que colocan na entrada da mina como protección.
Ao final todos e todas fixeron un boneco en papel de xornal e algúns tamén en folios ; hainos brancos, marróns e negros; témolos esperando para entrar nesa gran escola que temos pensado facer.
FIXEMOS A SALINA
- APIs de Blogue
LA VOZ DE GALICIA
" A páxina ( web ) do Colexio Rural Agrupado de Rianxo tamén ofrece enlaces a outras páxinas con información interesante para os pais, como poden ser as axudas por fillos menores de tres anos. Ademais cabe destacar a colaboración existente entre os alumnos na actualización de contidos e outras informacións de interese, comentando as actividades que realizan ou as fotos que os seus docentes colgan en Internet ".
La Voz de Galicia. 23/ 4/ 08
GUSTANOS QUE FALEN DE NOS NO PERIODICO.Joel
CANDO ESCRIBIMOS NOTICIAS NO PORTAL NOS TAMEN SOMOS PERIODISTAS .Laura
SE QUEREDES OS PERIODISTAS DO PERIODICO PODEDES VIR A ESCOLA E FALAMOS.Desi
TAMEN NOS PODEDES ESCRIBIR EN INTERNET.Irene.
Grazas a Rosa por traernos o recorte da prensa coa noticia!
- APIs de Blogue
SEMANA POLA ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Hoxe sumámonos a outras escolas en pedir que todos os nenos e nenas do mundo teñan unha escola de calidade, na que haxa, como dixeron eles, plantas, libros de contos, xoguetes, puzzles...., onde aprendamos a xogar, a debuxar, a falar en baixo, a non pelexar....
A través dun conto suramericano moi bonito titulado "O PEIXE QUE NON QUERÍA IR A ESCOLA" démonos conta do importante que que é ir e aprender a ler porque fixádevos, nese conto había un peixe chamado TRIS que en lugar de ir ao cole andaba a pasear por todo canto recuncho do río había, e un burro xa velliño, chamado ORELLAS, que como non podía traballar dedicábase a pescar dende unha vella ponte. Pescaba e pescaba e os peixes moi preocupado decidiron poñer un cartel no que dicía :
ATENCIÓN !
AQUÍ PESCA ORRELLAS!
NON COMADES NINGÚN VERME !
O burro Orellas non entendía porqué agora xa non pescaba nada, e é que os peixiños sabían ler e non comían o verme do anzó, pero TRIS, a piques estivo de ser pescado porque non sabía que querían dicir aquelas letras e menos mal que cando ía comer o verme do anzó a vella ponte esnaquizouse e ORELLAS foi parar ao río e comprendeu a razón de porqué non pescaba, porque ainda que burro, no seu tempo fora á escola e aprendera a ler.
Non pensedes que afogou : os peixiños decidiron axudalo e propuxéronlle que para non aburrirse fora visitalos todos os días e intercambiaríanse historias da terra e do río.
O conto gustounos moito e aquí tendes as fotos dos debuxiños que fixemos e do mural do peixe que non quería ir a escola.
Aquí vemos a Borja facendo o debuxo do mural do conto e logo aos nenos e nenas colorando e pegando os peixes o cartel de aviso e as palabras do título do conto
Logo saímos co mural a facernos unha foto diante do xardín e diante da fachada
Agora xa o temos nun dos taboleiros de entrada para lembrarnos do impportante que é ir á escola e aprender entre outras cousas a ler.
- APIs de Blogue
REUNIÓN DE PAIS/NAIS
O luns 21 de abril ás 16:30 horas, haberá unha xuntanza dos pais/nais da escola de Vacariza ca mestra para falar sobre as saídas que imos facer durante os meses de abril e maio así como de outros temas relacionados co alumnado da escola
- APIs de Blogue
OS NENOS E NENAS DE VACARIZA SOBEN EN ROSITA
O outro día na nosa escola os nenos e nenas de Vacariza tíñamos serios problemas entre nós porque todos queríamos subir á vez ao cabaliño de madeira que temos na escola.
Isto non podía ser. Xa a nosa profe Puri nos dixera moitas veces que para xogar cos xoguetes, o mesmo que para falar tíñamos que gardar un turno para disfrutar todos e todas e escoitarnos e entendernos.
Ainda que isto estaba falado dende hai tempo, este día armámola e Puri decidiu sentarnos e falar sobre o tema.
Despois da conversa, puxemos o cabaliño enriba dunha mesa e decidimos inventar un conto sobre un cabaliño de madeira que, posiblemente estivese disgustado por vernos discutir. Seguramente, ao ler o noso conto poríase contento de novo. O conto que xurdiu é o que segue. A ver se vos gusta.
Había unha vez un cabaliño de madeira.
Vivía na escola de Vacariza e os nenos puxéronlle de nome Rosita.
Aos nenos e nenas gústalle moito montar nel e balancearse. Todos querían subir á vez pero non podía ser.
Falaron o asunto entre todos e decidiron subir nel de un en un.
Pedirían a vez para subir decindo:
-" Por favor, quero ir en Rosita" e esperarían a que baixase o que estaba enriba del para subir outro neno ou nena.
E así, foi como os nenos e nenas de Vacariza nunca máis volveron a discutir por subir todos á vez en Rosita.
Despois de elaborar o conto decidimos que o seu título sería:
OS NENOS E NENAS DE VACARIZA SOBEN EN ROSITA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »