OS NENOS E NENAS DE VACARIZA SOBEN EN ROSITA

O outro día na nosa escola os nenos e nenas de Vacariza tíñamos serios problemas entre nós porque todos queríamos subir á vez ao cabaliño de madeira que temos na escola.

Isto non podía ser. Xa a nosa profe Puri nos dixera moitas veces que para xogar cos xoguetes, o mesmo que para falar tíñamos que gardar un turno para disfrutar todos e todas e escoitarnos e entendernos.

Ainda que isto estaba falado dende hai tempo,  este día armámola e Puri decidiu sentarnos e falar sobre o tema.

Despois da conversa, puxemos o cabaliño enriba dunha mesa e decidimos inventar un conto sobre un cabaliño de madeira que, posiblemente estivese disgustado por vernos discutir. Seguramente, ao ler o noso conto poríase contento de novo. O conto que xurdiu é o que segue. A ver se vos gusta.

 

Había unha vez un cabaliño de madeira.

Vivía na escola de Vacariza e os nenos puxéronlle de nome Rosita.

Aos nenos e nenas gústalle moito montar nel e balancearse. Todos querían subir á vez pero non podía ser.

Falaron o asunto entre todos e decidiron subir nel de un en un.

Pedirían a vez para subir decindo:

-" Por favor, quero ir en Rosita" e esperarían a que baixase o que estaba enriba del para subir outro neno ou nena.

E así, foi como os nenos e nenas de Vacariza nunca máis volveron a discutir por subir todos á vez en Rosita.

 

 

Despois de elaborar o conto decidimos que o seu título sería:

 

OS NENOS E NENAS DE VACARIZA SOBEN EN ROSITA

 

Saudos de Puri

Ola, nenos e nenas! Xa fai que non nos vemos pero acórdome de vós moitas veces.
Vexo na páxina do colexio que estades a facer moitas cousas coma sempre.
No cole que estou agora tamén os nenos e nenas traballan moito.
Xa me manterei en contacto con vós por medio do portal do centro.
Bicos para todos e todas, tamén para Angeles.

ROSITA

CARLOTA  : GUSTOUME MOITO O VOSO CONTO Beso