2022-2023

Actividades desenvoltas ao longo do curso 22-23

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "O CICLO DE VIDA DAS AVES EN CAPELA"

Cando estaba a piques de comezar o mes de xuño @s nos@s compañeir@s da escola de Capela, despois de estudialo na aula, decidiron observar como nacen as aves. Como non podían levar a escola unha galiña choca que incubara alí os ovos, levaron unha incubadora que puxeron a funcionar con moita ilusión.

Os días pasaban e xa a piques de rematar as clases obrouse a miragre! Naceu un pitiño de galiña ao que lle puxeron o nome de Pitágoras. Qué bonitiño que é! Noraboa Compañeir@s!

14ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 22-23: "ROTEIRO CIENTÍFICO AO RÍO TÉ"

Nas últimas sesións de club de ciencia, como levamos facendo nos últimos cursos, realizamos un roteiro lúdico-didáctico que o noso alumnado esperaba con moita ilusión. Tivemos sorte ñe o tempo acompañou nestas dúas derradeias sesións que puxeron o broche de ouro a este curso cheo de aprendizaxes e emocións.

Pásamolo súper ben e observamos e aprendemos un montón de cousas! Ata o curse que ven!

 

13ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23: "LÍQUIDOS"

Nestas sesións do club de ciencia experimentamos ca auga e cos líquidos para poder observar o seu comportamento.

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!

 

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "O CICLO DE VIDA DAS XOANIÑAS NA ESCOLA DE ABUÍN"

Ata a escola de Abuín chegou unha xoaniña femia, que puxo ovos e destes ovos naceron as súas larvas, que non se parecen en nada aos sus papás! Son negras e non teñen ás! Cando crecen cambian a través dun proceso chamado metamorfose, e para crecer sabedes que? Comen moitos pulgóns!! porque as xoaniñas son carnívoras.

Que interesante este proxecto compañeir@s, noraboa!!

12ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 22-23: "COS CINCO SENTIDOS"

Nestas sesións do club de ciencia falamos de cales son os 5 sentidos que ten o ser humano que lle permiten percibir e relacionarse co entorno. Experimentamos a través dos nosos sentidos, intentando recoñecer olores, sabores, texturas ....con xogos sensoriais. 

Foi moi divertido e aprendemos un montón! Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "PROXECTO DE VERMES DE SEDA EN CRUCEIRO"

As nosas compañeiras e compañeiros da escola de Rosalía de Castro de Cruceiro están levando a cabo un proxecto onde son testemuñas do desenvolvemento dos vermes de seda, dende que están dentro do ovo, nacen e crecen en forma de eiruga, pasan o estado de pupa ao elaborar as súas casulas con fíos de seda para logo transformarse en volvoretas.

 

Grazas compañeiros por compartir este interesante proxecto!

11ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23: "DESCUBRINDO ESTRELAS"

Nesta sesión do club de ciencia aprendemos moitas cousas sobre o espazo exterior, de como funciona o noso sistema solar e da formación das estrelas. Sabías que o noso Sol tamén é unha estrela? Ou que as constelacións son grupos de estrelas? Para finalizar elaboramos as nosas propias constelacións, quedaron preciosas!

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "EXPERIMENTANDO NO RÍO CA MALETA CIENTÍFICA EN CAPELA"

@s nos@s compañeir@s da escola de Capela fixeron unha saída ao entorno fluvial do río Té. Estiveron acompañad@s por algúns familiares que lle ensinaron moitas cousas do entorno e do estado da auga do río.

 

Aproveitaron os materiais da maleta científica para facer medicións, recoller mostras... que logo analizaron. Tamén aproveitaron para observar a flora e a fauna do entorno.

A verdade que foi unha saída científica estupenda, alegrámonos moito de que aprendérades tanto e o pasarades tan ben! Noraboa!

10ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 22-23:"MAPAS"

Nesta sesión do club de ciencia desfrutamos moito xogando e aprendendo cos mapas.

Buscamos e coñecemos os hábitats de moitos animais e coñecemos un poquiño da historia e formación do noso planeta.

Ata á proxima!

8ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23: "CIANOTIPIAS"

Nesta sesión do club de ciencia descubrimos o proceso da cianotipia que se basea na reacción da luz ultravioleta a unha mistura química creando un negativo do orixinal.

 

 

A verdade é que quedaron moi bonitas! Ata á proxima.

Distribuir contido