2022-2023

Actividades desenvoltas ao longo do curso 22-23

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

A nosa escola está preto do monte. No noso patio temos infinidade de tesouros que nos gusta atopar: cogumelos, árbores coas súas pólas, follas, flores... De cando en vez saímos a buscalos e, cando chegamos á clase, buscamos información en diferentes medios sobre eles: libros, internet, os nosos coñecementos previos ou nas nosas casas.

Para facer o noso herbario, prememos as follas e outras partes das plantas. Unha vez secos, os clasificamos e escribimos o seu nome para identificalos.

Tamén utilizamos estes elementos da natureza para facer esculturas ou pintamos a paisaxe que nos rodea.

Na base de todo isto está o noso interese por coñecer e respectar a natureza, aprendendo accións que podemos levar a cabo para, entre outras cousas, aforrar auga. Así coñecemos como viven en países onde hai escaseza de auga e o que significa a auga para nenos e nenas que viven en distintos lugares do mundo.

Como podedes ver no calendario que elaboramos todas as escolas do CRA de Rianxo, o vindeiro día 26 de Xaneiro celébrase o Día da Educación Ambiental. Este vídeo é unha pequena mostra de como o traballamos na aula. Esperamos que vos guste!

 

 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN

Iníciase o proceso de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria que pretenda continuar os estudos de primaria nos centros de adscrición correspondentes, nestes casos:

- Quintáns, Rañó, Pazo e Abuín: o CEIP ADR Castelao (Rianxo)

- Cuvide, Cruceiro, Outeiro e Capela: o CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña).

*As familias que teñan previsto matricular @s nen@s nun centro  distinto aos adscritos non teñen que facer a reserva, deberá solicitar praza en dito centro cando se inicie o proceso de admisión en marzo.

 

 Deberán presentar o Anexo 2 debidamente cuberto na sede do CRA de Rianxo en Asados (Anexo_2_castelán)

 Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

 Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS

 

 Poderase entregar a documentación na sede do CRA de Rianxo no seguinte horario:

Luns: de 12:30 a 14:00 h

Martes: de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h

Mércores: de 9:00 a 10:30 h

Xoves: de 9:00 a 13:00 h

 

O prazo para entregar a solicitudes remata o vindeiro 6 de febreiro de 2023.

 

Vacacións de Nadal

RABAÑOS NO MONTE

CABRAS, OVELLAS, VACAS, CABALOS... HAI ANOS ALIMENTÁBANSE MOITOS RABAÑOS NOS NOSOS MONTES. 
EN  CAMPO DE MANEIRO, TARAGOÑA,
A COMUNIDADE EN MONTE VECIÑAL "O FIEITOSO" E MAIS A ASOCIACIÓN "FOUSAS AO MONTE"
FORON QUEN DE VOLVER FORMAR E COIDAR UN RABAÑO DE CABRAS GALEGAS QUE, BAIXO A ATENTA VIXIANCIA DO BURRO MICHEL E DA BURRA PAQUIÑA, MANTÉN LIMPO O MONTE E ALONXA O PERIGO DE INCENDIOS.

DOS TOXOS QUE TANTO LLE SABEN ÁS CABRAS, E A PAQUIÑA E MICHEL,  ESCRIBIRA O POETA MANUEL MARÍA:

"ANQUE O TOXOS TEN ESPIÑAS
SORRÍ POLAS PRIMAVERAS
CON SORRISAS MARELIÑAS"

(Ah, Manuel María...!)

ÁRBORES NO MONTE

https://picasion.com/

"VALE MÁIS UNHA TERRA CON ÁRBORES NO MONTE

QUE UN ESTADO CON OURO NO BANCO"

Daniel Castelao

Distribuir contido