Matrícula
PROCESO DE ADMISIÓN 2023-2024
O día 01 de marzo de 2023 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024, establecéndose os seguintes prazos:
-
Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).
-
Antes do 25 de abril de 2023: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).
-
Antes do 15 de maio de 2023: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).
-
Do 20 ao 30 de xuño de 2023: formalización de matrícula.
O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:
-
Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (dispoñible na aplicación admisionalumnado).
-
3 fotos de carnet.
-
Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a (se o ten).
-
Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa.
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.
- Informes médicos ou psicopedagóxicos que a familia considere de interés.
HORARIO DE ATENCIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2023, na SEDE do CRA de Rianxo (en Asados):
Luns: de 12:30 a 14:00 h.
Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.
Mércores: de 09:15 a 10:45 h.
Xoves: de 09:00 a 14:00 h.
Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal
Os impresos de solicitude de admisión estarán dispoñibles na aplicación admisionalumnado a partires do 1 de marzo de 2023, premendo aquí
Tedes os impresos de solicitude de admisión para descargar e imprimir en galego e en castelán premendo abaixo en adxuntos, os impresos deberán ser presentados coa firma dos dous proxenitores:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-G-20222023.pdf | 1.31 MB |
ED550B-C-20222023.pdf | 1.32 MB |
PROCESO DE RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN
Iníciase o proceso de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria que pretenda continuar os estudos de primaria nos centros de adscrición correspondentes, nestes casos:
- Quintáns, Rañó, Pazo e Abuín: o CEIP ADR Castelao (Rianxo)
- Cuvide, Cruceiro, Outeiro e Capela: o CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña).
*As familias que teñan previsto matricular @s nen@s nun centro distinto aos adscritos non teñen que facer a reserva, deberá solicitar praza en dito centro cando se inicie o proceso de admisión en marzo.
Deberán presentar o Anexo 2 debidamente cuberto na sede do CRA de Rianxo en Asados (Anexo_2_castelán)
Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que precisará de Chave 365 ou certificado dixital.
Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS
Poderase entregar a documentación na sede do CRA de Rianxo no seguinte horario:
Luns: de 12:30 a 14:00 h
Martes: de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h
Mércores: de 9:00 a 10:30 h
Xoves: de 9:00 a 13:00 h
O prazo para entregar a solicitudes remata o vindeiro 6 de febreiro de 2023.
- APIs de Blogue