PROCESO DE ADMISIÓN 2023-2024

 

O día 01 de marzo de 2023 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024, establecéndose os seguintes prazos:

 

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).

  • Antes do 25 de abril de 2023: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).

  • Antes do 15 de maio de 2023: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: formalización de matrícula.

 

 

O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:

  • Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (dispoñible na aplicación admisionalumnado).

  • 3 fotos de carnet.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a (se o ten).

  • Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.

  • Informes médicos ou psicopedagóxicos que a familia considere de interés.

 

HORARIO DE ATENCIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2023, na SEDE do CRA de Rianxo (en Asados):

Luns: de 12:30 a 14:00 h.

Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Mércores: de 09:15 a 10:45 h.

Xoves: de 09:00 a 14:00 h.

Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal

 

Os impresos de solicitude de admisión estarán dispoñibles na aplicación admisionalumnado a partires do 1 de marzo de 2023, premendo aquí

Tedes os impresos de solicitude de admisión para descargar e imprimir en galego e en castelán premendo abaixo en adxuntos, os impresos deberán ser presentados coa firma dos dous proxenitores:

 

Adxunto Tamaño
ED550B-G-20222023.pdf 1.31 MB
ED550B-C-20222023.pdf 1.32 MB
 
 
 
Ven con nós ao CRA de Rianxo!!
 
 
 
Grazas ó estudio fotográfico "Siguiendo tus Pasos"
por facernos este bonito vídeo
 
  
AdxuntoTamaño
VID-20230218-WA0000.mp462.97 MB