O monte vivo

MUSEO DO MONTE

COÑECER O MONTE PARA AMALO, COIDALO E DEFENDELO

MONTE VIVO

MATEO, O IRMÁN DE MARTÍN (E.),
FALOULLES ÁS NOSAS FAMILIAS DO TRABALLO QUE ESTÁ A FACER NO INSTITUTO SOBRE O COÑECEMENTO E COIDADO DO MONTE.

MONTE VIVO, CHAMOULLE.

   
     

 AS FAMILIAS FIXERON ROTEIROS AO MONTE E AXUDÁRNONOS A VER A SÚA VIDA E A SÚA FERMOSURA.
MONTE VIVO, CHAMÁRONLLE.


NA ESCOLA COMEZAMOS A OLLAR CARA O MONTE E A SABER DEL: AUGA, AIRE, TERRA, PLANTAS, ANIMAIS, FUNGOS... .

MONTE VIVO !!, DIXEMOS

SER ÁRBORE

" UN DÍA QUIXERA SER ÁRBORE
PARA SENTIR A TERRA E O SEU ECO,

VIVIR SEN LEMBRANZAS, SEN ESQUECEMENTO
XUNTO A UN RÍO XENEROSO
QUE ME FALASE CON AUGA CRISTALINA
DOS SEGREDOS DO TEMPO,

RAÍCES DE CEO,
FOLLAS CON ÁS DE NUBE,
SEMPRE Á CHOIVA ESPERTO,
REPLETO DE NIÑOS DE VIDA CHEOS,

 

AMIGO DO SOL PODEROSO,
CÓMPLICE DO VENTO VIAXEIRO.
"

PACO VALIENTE
(traducido por S.B.)

SALVAMOS ÁRBORES

ESTE CURSO PODEMOS SECAR AS MANS CON TOALLAS.
CADA QUEN NA SÚA.
NON SEMELLA UNHA NOVA DE MOITA IMPORTANCIA... PERO SE SODES CURIOSAS E CURIOSOS DESCUBRIREDES DE QUE ESTÁ FEITO O PAPEL. 
CANDO O SOUBEMOS NÓS QUEDAMOS PAMPOS!!
E SOUBEMOS TAMÉN QUE ESTABAMOS A CONVERTERNOS EN COIDADORES DE ÁRBORES!!!

COAS NOSAS TOALLAS SALVAMOS ÁRBORES.

Distribuir contido