Escola de Cuvide

PROXECTO "AS ABELLAS"

Este segundo trimestre investigamos acerca duns insectos moi interesantes, as abellas.

Aproveitando o remate do inverno e comezo da primavera, e o feito de que o noso traxe de Entroido foi de abelliñas, presentamos o tema.

As nosas familias están a colaborar moito. Investigan, elaboran xogos, veñen a falarnos delas e ata nos trouxeron unha colmea e regaláronnos mel.

Ademais, na visita que fixemos ao IES Félix Muriel, en Rianxo, axudamos ás abellas na súa tarefa polinizadora, neste caso, elaborando "bombas de sementes" que lanzamos no seu terreo.

Estudamos e clasificamos as plantas melíferas, as favoritas das abellas e non nos esquecemos da parte artística. Así, coñecemos cadros nos que as abellas son o centro e fixemos a nosa propia versión deles.

No vídeo podedes ver parte do traballo que estamos a realizar.

 

DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

O día 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Estas últimas semanas, a partir do conto Ada, 
magnífica científica
, unha rapaza curiosa e observadora, realizamos actividades científicas, en relación co proxecto de centro

“Monte Vivo”. Grazas á axuda doutros mestres do CRA, compañeiros doutros colexios e familias, amosámoslles referencias de persoas que
gozan da ciencia, do contacto coa natureza, da súa observación, da curiosidade, do traballo en equipo, de mulleres que nos
rodean que son científicas. O propósito da creación destes espazos de participación foi estimular o pensamento científico a través do xogo, a curiosidade e
así tratar de reducir a fenda de xénero nas áreas da ciencia e tecnoloxía. Lembremos que os disfraces, os xoguetes, os debuxos, as películas, os libros que regalamos, a ausencia de científicas nos libros
de texto, incluso os comentarios que facemos, suman e fan que moitas nenas xa non se visualicen en carreiras que se consideran
difíciles. Sabemos que as nenas e os nenos somos iguais, que podemos facer o mesmo, que somos marabillosos e que xuntos formamos
un equipo. Todos podemos ser o que queiramos, e no CRA sabémolo ben!

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

A nosa escola está preto do monte. No noso patio temos infinidade de tesouros que nos gusta atopar: cogumelos, árbores coas súas pólas, follas, flores... De cando en vez saímos a buscalos e, cando chegamos á clase, buscamos información en diferentes medios sobre eles: libros, internet, os nosos coñecementos previos ou nas nosas casas.

Para facer o noso herbario, prememos as follas e outras partes das plantas. Unha vez secos, os clasificamos e escribimos o seu nome para identificalos.

Tamén utilizamos estes elementos da natureza para facer esculturas ou pintamos a paisaxe que nos rodea.

Na base de todo isto está o noso interese por coñecer e respectar a natureza, aprendendo accións que podemos levar a cabo para, entre outras cousas, aforrar auga. Así coñecemos como viven en países onde hai escaseza de auga e o que significa a auga para nenos e nenas que viven en distintos lugares do mundo.

Como podedes ver no calendario que elaboramos todas as escolas do CRA de Rianxo, o vindeiro día 26 de Xaneiro celébrase o Día da Educación Ambiental. Este vídeo é unha pequena mostra de como o traballamos na aula. Esperamos que vos guste!

 

 

LUME NUNCA MÁIS

 

POR MÁIS VECES QUE PASE

SEMPRE SE ME PARTE A IALMA.

RABIA, DOR, MORTE,

DERROTA, TRISTURA, INQUEDANZA.


No marco do proxecto de centro "Monte vivo", na Escola de Cuvide coñecemos os incendios forestais e as accións que podemos
facer para evitalos. Aprendemos tamén que os troncos das árbores poden darnos moita información acerca delas, coma a súa
idade e as
lesións causadas despois dun incendio.

Dado que a arte é unha boa forma de expresar emocións, quixemos manifestar a nosa rabia e tristura polos graves incendios que
puidemos ver de preto hai poucos meses. Cada un de nós debuxou o tronco da súa árbore, árbores con diferentes idades e feridas,
pero quixemos darlle cor, simbolizando o que imos facer para que non se repita. Unha vez debuxados e coloreados, pegámolos
nunha cartolina negra (bosque queimado) con chamas.
Finalmente lemos a poesía que encabeza este artigo.

 

 

 

 

20 ANOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE

 

Hoxe coñecemos o que sucedeu o día 13 de novembro do ano 2002, fai vinte anos: o afundimento do petroleiro Prestige. Unha catástrofe ecolóxica que movilizou a toda unha marea branca, solidaria, para limpar o noso mar.

Fixemos un mural cun mar cheo de petróleo:

Pobres peixiños do mar:

Nin sardiñas nin xurelos,

nin gaivotas nin cormoráns,

todos negros, todos negros,

todos negros...

¡NUNCA MÁIS!

Os nenos dicimos...

PRESTIGE navegando, NON

Petróleo no noso mar, NON

Contaminación na costa, NON

Animais mortos, NON

Xente sen traballo, NON

Mariñeiros tristes, NON

 

 

FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE!

HOXE 5 DE XUÑO, CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!

AQUÍ VOS QUEDA ESTE XOGO ELABORADO POLAS PROFES LUCÍA E TERE PARA APRENDER A COIDAR O NOSO PLANETA MENTRES XOGAMOS.

DISFRUTÁDEO E COIDADE O NOSO PLANETA OS 365 DÍAS DO ANO!

O NOVO COMPAÑEIRO DE CUVIDE: AQUILES O PUNTIÑO

ESTE MES ESTAMOS A TRABALLAR O CORPO HUMANO A TRAVÉS DUN CONTO QUE SE TITULA: "AQUILES O PUNTIÑO". O LUNS POLA MAÑÁ TIVEMOS A GRAN SORPRESA DE QUE APARECEU POLA PORTA, SI SI, O MESMO AQUILES. MOITÍSIMAS GRACIAS OS PAPÁS DE CLAUDIA POR ESTE MAGNÍFICO TRABALLO.

    

    

     

   

   

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

AO LONGO DESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS A TRABALLAR O OUTONO A TRAVÉS DUN PINTOR QUE SE CHAMA: ARCIMBOLDO. ESTE PINTOR CREOU CADROS DE PERSOAS FEITAS CON FROITOS E OBXETOS TÍPICOS DE CADA ESTACIÓN DO ANO, POLO QUE PARECEUNOS UNHA IDEA FANTÁSTICA TRABALLALO NA AULA. PERO ANTES, OS NEN@S TIÑAN QUE INVESTIGAR UN POUQUIÑO NAS SÚAS CASAS O QUE TÍÑAMOS ENTRE MANS, E ESTE FOI O RESULTADO:

        

            

              

             


MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN E OS TRABALLOS TAN BONITOS!!!!!

 

Distribuir contido