Escola de Cuvide

FONTE DA IGREXA DE SAN SALVADOR

 

OLA, SON AITANA MUÑÍZ TORRADO.
QUÉROVOS AMOSAR A FONTE DA IGREXA DE SAN SALVADOR, EN TARAGOÑA.
A AUGA DESTA FONTE VÉN DO PIÑEIRO, DUN LUGAR MÁIS ABAIXO DA FONTE, E SAE NA IGREXA NA QUE HAI UN LAVADOIRO QUE USAN A DIARIO AS MULLERES DO LUGAR E ALÍ DEIXAN A ROUPA A CLAREO.
A FONTE ÚSAA MOITA XENTE PARA COLLER AUGA E OS NENOS DA IGREXA VAN BEBER A ELA.

A FONTE DO MUIÑO DO REJO

A FONTE DO MUÍÑO DO REJO NON SECA NUNCA, BOTA AUGA VERÁN E INVERNO MOI FRESCA.

NACE A VINTE METROS DA FONTE, E CON ESA AUGA FÍSOXE UN RÍO PARA LAVAR A ROUPA, E, INCLUSO, ANTIGAMENTE, MOÍA UN MUÍÑO CON ESA AUGA.

VEN XENTE DE TODO O CONCELLO A BUSCAR ESA AUGA PARA BEBER


JOAQUÍN PIÑEIRO

O MUÍÑO DO REGO

ESTE É O MUÍÑO DO REGO, EN OUROLO, TARAGOÑA.

O MUÍÑO PERTENCEU A DÚAS FAMILIAS DE DITO LUGAR. AGORA SÓ PERTENCE Á FAMILIA SABORIDO.

O MUÍÑO USÁBANO TODOS OS VECIÑOS UNHA VEZ Á SEMANA. SÓ MOÍA MILLO E FUNCIONABA COA AUGA DA FONTE DO MEDIO DA RATEIRA. AGORA XA NON FUNCIONA PERO ESTÁ EN BO ESTADO.


MARÍA PRESAS

FONTE SUSAN

OLA, SON IRENE E QUÉROVOS AMOSAR  FONTE SUSÁN.

ESTA FONTE É MOI ANTIGA, DE AÍ O NOME DA NOSA ALDEA.
A FONTE CO TRANSCURSO DOS ANOS FÓRONA MELLORANDO PARA O SEU USO.
A XENTE LAVABA A ROUPA NO LAVADOIRO PERO COS ANOS CASE NON SE USA ( DE AÍ VÉN O SEU ABANDONO).
A DIARIO VÉN XENTE BUSCAR AUGA Á FONTE PARA BEBER, TANTO NO VERÁN COMA NO INVERNO, XA QUE ESTA AUGA SEMPRE FRESQUIÑA.
UN DOS ARRANXOS QUE FIXERON FOI UN DEPÓSITO Ó LADO DO LAVADOIRO, QUE É ONDE NACE A AUGA. ANOS ATRÁS ESTE ESTABA CUBERTO.

ERA UN MENCER DE SAN XOÁN

" ERA UN MENCER DE SAN XOÁN.

BAÑÁBASE TRAS DOS PINOS,

COMA UNHA NINFA,

A MAÑÁN "

Aquilino Iglesias Alvariño

A CARACOLA QUE COLLEU O PAI DE CARLOTA

HAI UNS DÍAS CARLOTA TROUXO Á ESCOLA UNHA FERMOSA CARACOLA .

   

CARAMBA! MESMO PARECÍA QUE TIÑAMOS O MAR DENTRO DA AULA.

ESTIVEMOS PENSANDO CANTAS AVENTURAS PASARA ATA CHEGAR ATA NÓS DENDE TAN LONXE. MIRAMOS NO MAPA E VIMOS QUE O MAR DE FILIPINAS QUEDA MOI AFASTADO E PENSANDO PENSANDO FÓISENOS OCURRINDO UN CONTO QUE EXPICARA A SÚA PRESENCIA NA ESCOLA :

 A CARACOLA QUE COLLEU O PAI DE CARLOTA

HABÍA UNHA VEZ UNHA CARACOLA QUE VIVÍA NO MAR DE FILIPINAS.

     UN MAL DÍA APARECEU POR ALÍ UN POLBO QUE TIÑA MOITA FAME.

     O POLBO ESTIROU UN TENTÁCULO, METEUNO NO BURATO DA CARACOLA E SACOUNA DA SÚA CASIÑA.

     A CUNCHA ENCHEUSE DO SON DO MAR PORQUE ANDABA A BAMBEARSE NAS SÚAS ONDAS.

     CANDO O POLBO ÍA LEVAR Á BOCA O BICHIÑO, PASOU POR ALÍ UN TIBURÓN, COLLEUNO E COMEUNO.

     DESPOIS DUN TEMPO, O PAPÁ DE CARLOTA ACHEGOUSE A AQUEL LUGAR NUN BARCO CHAMADO "SOLITARIO" E COLLEU A CARACOLA CUN TRUEIRO.

     GARDOUNA CON MOITO COIDADO NUNHA BOLSA E CANDO FOI DE VOLTA PARA CASA DEULLA Á NAI DE CARLOTA E A NAI PÚXOA NA MESA DA SALA.

     DESDE ENTÓN, NA SALA DE CARLOTA, CANDO ESTÁ EN SILENCIO, ESCÓITASE O MAR DE FILIPINAS.

AUTORES E AUTORAS: CARLOTA, ANXO, PEDRO, JORGE, UXÍA, AITANA, ELENA, ÍKER E MARÍA

    

  


 

   
 UN TÍTULO CUN DESEÑO MOI ARTÍSTICO  A INTERPRETACIÓN DE ANXO DA CARACOLA
   
 ASÍ VÍA AITANA A CARACOLA NO MAR  UN ENCONTRO DESAFORTUNADO
   

"A CASA MODERNA" QUE FIXO ELENA CO

BICHIÑO DENTRO

 O TIBURÓN DE JORGE QUE ÍA COMER Á CARACOLA
   

O TIBURÓN COLLEULLE O BICHO AO POLBO

CANDO O ÍA METER NA BOCA

 O BARCO DO PAPÁ DE CARLOTA SEGÚN UXÍA
   

O PAPÁ DE CARLOTA NO SEU BARCO COLLENDO Á CARACOLA CUN TRUEIRO SEGÚN ANXO

CARLOTA IMAXINA ASÍ A CARACOLA BAM-

BEÁNDOSE NAS ONDAS DO MAR

 

 A CARACOLA BAMBEÁNDOSE NAS ONDAS DO MAR E ENCHÉNDOSE DO SEU SON SEGÚN ANXO.

 A CARACOLA NA MESA DA SALDA DE CARLOTA. SE ESTAMOS CALADIÑ@S ESCOITAREMOS O SON DO MAR
   
   
   

 

 ESCOLA DE CUVIDE XUÑO DE 2.006

O día 4 de xuño, Tobías veu á escola e axudounos a escanear os debuxos que fixemos do conto da Caracola de Carlota. Gustóunos moito o conto, os debuxos que fixemos e tamén escanear os debuxos.

 

Visita da profesora Marta e de Tobías

 Escola de Cuvide

Xogo das Pantasmas coa profesora Marta e a profesora María

Hoxe viñeron á nosa escola a profesora Marta e o profesor Tobías. Contáronnos que a profesora Belén está un pouco enferma. A profesora Marta virá á nosa escola todos os venres ata que volva Belén, faceremos xogos e contaranos contos.

Ao principio estivemos con Marta os maiores: Anxo, Carlota e Pedro. Cando viñeron os pequenos fixemos coa profesora María varios xogos:

  • Eu chámome e pícame: Carlota dicía "Eu chámome Carlota e pícame o nariz", Pedro que estaba ao lado dicía "Esta nena chámase Carlota e pícalle o nariz, ¡raña!, ¡raña!, e eu chámome Pedro e pícame o pé", e así seguía o xogo.
  • As pantasmas: Era moi emocionante, pois tíñamos que apagar as luces, e a aula quedaba a escuras. A profesora María era unha pantasma que dicía vogais: a, o, a, e, cando dicía a vogal "i", tiñamos que correr para a alfombra, senón a pantasma collianos.

Pasamolo moi ben, como hoxe era venres tamén fixemos xogos e actividades cos contos para levar á casa.

   Escola de Cuvide

AS FIGURAS XEOMÉTRICAS : O TRIÁNGULO. CONTO : "O TRIÁNGULO DA IMAXINACIÓN... PARA DARVOS A SOLUCIÓN"

Na nosa aula, na aula de Educación Infantil hai unha caixa de madeira na que viven unhas figuras tamén de madeira que se chaman "os bloques lóxicos".

     Un día no que estaba eu contando o conto de "CIRCULIÑO NA NEVE" e outro día no que estaba contando o conto de "AZULÍN, O CADRADO AZUL", aquela caixa non quedara ben cerrada, tiña unha fendiña así é que un dos personaxes que alí vivía e que non era nin o círculo nin o cadrado estaba moi entretido, moi atento escoitando o conto, e cando os nenos marcharon para casa, saíu da caixa e con cara de poucos amigos miroume e dixo :

     - SEI QUE EU NON TEÑO UN CONTO!

     Eu quedeime mirándoo un pouco abraiada porque non o tiña pero a verdade  é que comprendía a súa inquedanza e lle dixen :

     - NON TE ENFADES HOME, QUE PENSAREI UN CONTO PARA TI.

     Así foi como escribín este conto que se titula : "O TRIÁNGULO DA IMAXINACIÓN... PARA DARVOS A SOLUCIÓN".

          Carlota despois de escoitalo e lembrando que na pancarta das Letras Galegas fixeramos recomendacións dixo :

     "PROFE, EU VOU RECOMENDAR ESTE CONTO". Para min foi unha satisfacción enorme e díxenlle que este conto non estaba nas librerías porque o fixera eu, pero mira ti por donde que Internet nos proporciona a posibilidade de acceder a el sen ter que mercalo. Ogallá vos guste e vos dea solución a algún problema que teñades como llela deu aos personaxes do conto e tamén a nós: andabamos na procura de facer unha escola moi grande que albergara a todos os nenos e nenas do mundo así é que os triángulos que coloraron os nenos e nenas convertéronse no tellado desa escola.

     A fachada estámola facendo con ladrillos que son como pezas dun crebacabezas cheas de color e de palabras bonitas :

     

     Os nenos e nenas de todas as cores, negros, brancos, marróns, estaban colocados nun taboleiro de porixpán esperando por esa escola. Tiñámolos feito hai xa un tempo, cando traballamos  na  "Semana pola acción mundial pola educación" así que fóronnos collendo e levando a ela.

     Aínda non  a rematamos porque é unha escola moi grande pero o triángulo portouse.

     A ver se son capaz de enviarvos o conto en arquivo adxunto para que poidades velo e escoitalo. Ogallá vos guste.

   Non me deixa envialo neste envío porque excede o tamaño así que intentarei envialo noutro envío co título "O TRIÁNGULO DA IMAXINACIÓN... PARA DARVOS A SOLUCIÓN" ARQUIVO ADXUNTO .

VOLVEMOS ÁS ANDADAS

A ESCOLA DE CUVIDE

ESTÁ MOI MOI CONTENTA,

PORQUE HABÍA UNHA FLOR

NA PECHADURA DA PORTA.

Esta copla fixerámola para cantar nos maios o día da Carreira polas Letras Galegas.

     Desgraciadamente este luns alguén volveu facer das súas : sacou as plantas das xardiñeiras e dixounas tiradas no porche; outras quedaron nas propias xardiñeiras levantadas e xa irrecuperables.

     Non se pode entender este facer dano así porque sí, sen qque haxa unha razón que o poida xustificar.

Ogallá non se volva a repetir este tipo de comportamento e poidamos seguir identificándonos co sentir da copla.

"OS CUCOS POLO PIÑEIRAL"

OS CUCOS POLO PIÑEIRAL

POLO PIÑEIRAL

ANDAN TRES CUCOS

A CUCAR E CUCAR :

CU CU, CU CU

BUAAA , BUAAA...!

NON CHORES MÁIS

COLORÍN

DURME O TEU SONO

DE ROSA

E XAZMÍN

AUTORES/AS : CÉSAR, MANUEL, PEDRO, ANXO, CARLOTA, ALBA, RAÚL, MARÍA.

 Hoxe na asamblea de comezo de clase fixemos unha lembranza do que foi o día de  onte , o día da carreira polas Letras Galegas. Cando lles dicía que a escola de Vacariza presentara ao personaxe homenaxeado e lera un poema e cantara un fragmento dunha canción que a súa vez era outro poema de Álvarez Blázquez, tiña sinalados ámbolos dous no libro de "Roseira do teu mencer" cun marcapáxinas no que había unha foto dun eucaliptal.

     Despois de recitarllas de novo preguntáronme :

     -Que é iso?

     - Un marcapáxinas que ten moitas árbores que se chaman eucaliptos. Como asociación de ideas inmediatamente se me veu á cabeza o poema de "POLO LARANXAL" e pregunteilles :

     -Lembrades o que era un laranxal?

Sen pensalo dúas veces lanzáronse a recitalo pois sábenno de memoria.

     Ao rematar, insistín na pregunta. Non o sabían dicir moi ben, confundían a árbore co colectivo da mesma. Entón aproveitei a ocasión para ir formando os colectivos de diversas árbores :

     De laranxeira........... laranxal

     De eucalipto ............ eucaliptal

     De piñeiro ................ piñeiral

(Quería ir creando un ambiente axeitado para a creación dun poema que tivera como personaxes o piñeiral, o cuco e Colorín).

Sabedes como se chaman uns paxariños que viven nos piñeirais e que cantan : cu cu, cu cu

- Siii, o cuco

Lembrades que a Colorín lle gustaban moito os animaliños e ao mesmo tempo a asustaban?

- Siii

Queredes que fagamos un poema co piñeiral, os cucos e Colorín ?

- Siii

-Pois vamos, eu vou ir escribindo os versos que vaian saindo no veleda.

POLO PIÑEIRAL

 -quen andaban por alí?

- os cucos

ANDAN TRES CUCOS

- como fan ?

-cu cu, cu cu

- Pois iso chámase cucar así que..

A CUCAR E CUCAR :

CU CU, CU CU

Mirade, Colorín que vivía alí ao lado e estaba dormidiña, que pensades que lle pasou ?

- que espertou chorand

-como facía?

BUAA,  BUAA ... !

- Que lle diría o seu pai?

- NON CHORES MÁIS

  COLORÍN (ALBA)

-Claro, seguramente lle diría que durmira tranquila e non soñara máis con animais, que soñara con flores bonitas.

- Siiii...!

- DURME O TEU SONO (EU)

- De flores (os nenos)

- Sí pero mirade como se titula este libro "Roseira do teu mencer". A que flor se refire roseira?

- Á rosa

Ben

DE ROSA

E agora vouvos dicir nomes de  flores que temos no noso xardín e vós ídesme dicir se algún deles rima con Colorín.

- Petunias.  -Nooon!

-Azaleas    -Nooon!

...................

- Xazmín (Silencio)

- Xazmín rima con Colorín ?

- Siiii!

E XAZMÍN.

Pois xa temos o último verso.

Linllo completo e puxéronse contentísimos e aínda que non todos participaron, todos e todas sentíronse donos e donas da súa autoría e os medianos e os maiores quixéronno ilustrar en DIN A 3 así que as ilustracións non as puiden escanear tívenas que fotografar.

     
     

 

Mentres ían ilustrando eu ía escribindo o poema no encerado e dinme conta de que non tiña título.

Que título lle poñemos

ANXO : "OS CUCOS POLO PIÑEIRAL"

Os dous maiores que asistiron hoxe á escola copiaron o poema nun folio.

Así quedou todo

   
   

 

       

O POEMA COPIADO DO ENCERADO QUEDOU ASÍ

 

 

 

 

 

    

Distribuir contido