"OS CUCOS POLO PIÑEIRAL"
OS CUCOS POLO PIÑEIRAL
POLO PIÑEIRAL
ANDAN TRES CUCOS
A CUCAR E CUCAR :
CU CU, CU CU
BUAAA , BUAAA...!
NON CHORES MÁIS
COLORÍN
DURME O TEU SONO
DE ROSA
E XAZMÍN
AUTORES/AS : CÉSAR, MANUEL, PEDRO, ANXO, CARLOTA, ALBA, RAÚL, MARÍA.
Hoxe na asamblea de comezo de clase fixemos unha lembranza do que foi o día de onte , o día da carreira polas Letras Galegas. Cando lles dicía que a escola de Vacariza presentara ao personaxe homenaxeado e lera un poema e cantara un fragmento dunha canción que a súa vez era outro poema de Álvarez Blázquez, tiña sinalados ámbolos dous no libro de "Roseira do teu mencer" cun marcapáxinas no que había unha foto dun eucaliptal.
Despois de recitarllas de novo preguntáronme :
-Que é iso?
- Un marcapáxinas que ten moitas árbores que se chaman eucaliptos. Como asociación de ideas inmediatamente se me veu á cabeza o poema de "POLO LARANXAL" e pregunteilles :
-Lembrades o que era un laranxal?
Sen pensalo dúas veces lanzáronse a recitalo pois sábenno de memoria.
Ao rematar, insistín na pregunta. Non o sabían dicir moi ben, confundían a árbore co colectivo da mesma. Entón aproveitei a ocasión para ir formando os colectivos de diversas árbores :
De laranxeira........... laranxal
De eucalipto ............ eucaliptal
De piñeiro ................ piñeiral
(Quería ir creando un ambiente axeitado para a creación dun poema que tivera como personaxes o piñeiral, o cuco e Colorín).
Sabedes como se chaman uns paxariños que viven nos piñeirais e que cantan : cu cu, cu cu
- Siii, o cuco
Lembrades que a Colorín lle gustaban moito os animaliños e ao mesmo tempo a asustaban?
- Siii
Queredes que fagamos un poema co piñeiral, os cucos e Colorín ?
- Siii
-Pois vamos, eu vou ir escribindo os versos que vaian saindo no veleda.
POLO PIÑEIRAL
-quen andaban por alí?
- os cucos
ANDAN TRES CUCOS
- como fan ?
-cu cu, cu cu
- Pois iso chámase cucar así que..
A CUCAR E CUCAR :
CU CU, CU CU
Mirade, Colorín que vivía alí ao lado e estaba dormidiña, que pensades que lle pasou ?
- que espertou chorand
-como facía?
BUAA, BUAA ... !
- Que lle diría o seu pai?
- NON CHORES MÁIS
COLORÍN (ALBA)
-Claro, seguramente lle diría que durmira tranquila e non soñara máis con animais, que soñara con flores bonitas.
- Siiii...!
- DURME O TEU SONO (EU)
- De flores (os nenos)
- Sí pero mirade como se titula este libro "Roseira do teu mencer". A que flor se refire roseira?
- Á rosa
Ben
DE ROSA
E agora vouvos dicir nomes de flores que temos no noso xardín e vós ídesme dicir se algún deles rima con Colorín.
- Petunias. -Nooon!
-Azaleas -Nooon!
...................
- Xazmín (Silencio)
- Xazmín rima con Colorín ?
- Siiii!
E XAZMÍN.
Pois xa temos o último verso.
Linllo completo e puxéronse contentísimos e aínda que non todos participaron, todos e todas sentíronse donos e donas da súa autoría e os medianos e os maiores quixéronno ilustrar en DIN A 3 así que as ilustracións non as puiden escanear tívenas que fotografar.
Mentres ían ilustrando eu ía escribindo o poema no encerado e dinme conta de que non tiña título.
Que título lle poñemos
ANXO : "OS CUCOS POLO PIÑEIRAL"
Os dous maiores que asistiron hoxe á escola copiaron o poema nun folio.
Así quedou todo
O POEMA COPIADO DO ENCERADO QUEDOU ASÍ
- APIs de Blogue