Club "Amigas e amigos de Daniel"

RABAÑOS NO MONTE

CABRAS, OVELLAS, VACAS, CABALOS... HAI ANOS ALIMENTÁBANSE MOITOS RABAÑOS NOS NOSOS MONTES. 
EN  CAMPO DE MANEIRO, TARAGOÑA,
A COMUNIDADE EN MONTE VECIÑAL "O FIEITOSO" E MAIS A ASOCIACIÓN "FOUSAS AO MONTE"
FORON QUEN DE VOLVER FORMAR E COIDAR UN RABAÑO DE CABRAS GALEGAS QUE, BAIXO A ATENTA VIXIANCIA DO BURRO MICHEL E DA BURRA PAQUIÑA, MANTÉN LIMPO O MONTE E ALONXA O PERIGO DE INCENDIOS.

DOS TOXOS QUE TANTO LLE SABEN ÁS CABRAS, E A PAQUIÑA E MICHEL,  ESCRIBIRA O POETA MANUEL MARÍA:

"ANQUE O TOXOS TEN ESPIÑAS
SORRÍ POLAS PRIMAVERAS
CON SORRISAS MARELIÑAS"

(Ah, Manuel María...!)

ÁRBORES NO MONTE

https://picasion.com/

"VALE MÁIS UNHA TERRA CON ÁRBORES NO MONTE

QUE UN ESTADO CON OURO NO BANCO"

Daniel Castelao

CAIN AS FOLLAS

"CAIN AS FOLLAS

SINTO UNHA COUSA

QUE SE APOUSA EN MIN

E NON ME TOCA"

Os Eidos.

Uxío Novoneyra

   

 

A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES

"AS ÁRBORES TEÑEN VOZ.
E MANS, MANS CON DEDOS.
E SENTEN. VAIA SE SENTEN..."
(A nena que abrazaba as árbores. Henrique Alvarellos)

QUEREMOS SER NÓS TAMÉN NENOS QUE ABRAZAN ÁRBORES E SENTIR A SÚA VIDA, A SÚA VOZ E
AS SÚAS MANS. AS SÚAS MANS CON DEDOS
.

   
     

 

 

SER ÁRBORE

" UN DÍA QUIXERA SER ÁRBORE
PARA SENTIR A TERRA E O SEU ECO,

VIVIR SEN LEMBRANZAS, SEN ESQUECEMENTO
XUNTO A UN RÍO XENEROSO
QUE ME FALASE CON AUGA CRISTALINA
DOS SEGREDOS DO TEMPO,

RAÍCES DE CEO,
FOLLAS CON ÁS DE NUBE,
SEMPRE Á CHOIVA ESPERTO,
REPLETO DE NIÑOS DE VIDA CHEOS,

 

AMIGO DO SOL PODEROSO,
CÓMPLICE DO VENTO VIAXEIRO.
"

PACO VALIENTE
(traducido por S.B.)

SEÑOR DE LÓNGARAS

 Imaxe extraída do libro "Paxarada no mar da Arousa Norte: Momentos fotografados", de Amancio Losada

 "O SEÑOR DA ENSEADA DE RIANXO VIVE SOLITARIO DEBAIXO DAS ROCHAS DENDE HAI MOITOS ANOS COIDANDO ÁS AVES DA RÍA.
UNHA NOITE DE TEMPORAL MOI ESCURA  APARECERON NAS ROCHAS OITO CORVOS MARIÑOS MALFERIDOS E O SEÑOR DE LÓNGARAS COIDOUNOS VARIOS DÍAS ATA CURALOS.

OS CORVOS MARIÑOS AGRADECIDOS PREGUNTÁRONLLE AO SEÑOR DE LÓNGARAS QUE PODÍAN FACER POR EL.
- VISITÁDEME SEMPRE QUE POIDADES, VÓS E AS VOSAS AVES COMPAÑEIRAS, E CONTÁDEME HISTORIAS DE TODOS OS LUGARES POR ONDE VIAXADES. DÍXOLLES.

DA QUE MARCHARON, O SEÑOR DE LÓNGARAS LEVANTOU OITO PAUS PARA QUE PUIDERAN VOLVER E POUSAR NELES A DESCANSAR E DENDE ALÍ PUIDERAN CONTARLLE HISTORIAS DOS MARES AFASTADOS.
DÍA TRAS DÍA, CORVOS MARIÑOS PÓUSANSE NOS PAUS E CONVERSAN TRANQUILAMENTE CO SEÑOR DE LÓNGARAS.
CORVOS MARIÑOS E MÁIS.
A LÓNGARAS ACÉRCANSE A CONTAR HISTORIAS E TAMÉN A ESCOITALAS, O PEQUENO PICAPEIXE E O PEQUENO BILURICO BAILÓN; ACHEGAN TAMÉN  A  GARZOTA E O LAVANCO.
ESCOITAN ATENTAS OS CONTOS A GARZA REAL E A GABITA.
AQUÍ “CUCHICHEAN” AS GARZAS BOIERAS E POÑEN MÚSICA OS  MAZARICOS CHIADORES E OS BARULLENTOS VIRAPEDRAS.
EN LÓNGARAS FAI ATREVIDOS PICADOS O CARRÁN CRISTADO E GOZAN COMO GAIVOTAS AS PATIAMARELAS, AS REIDORAS, AS ESCURAS, O GAVIÓN, ... E O SEÑOR DE LÓNGARAS ESCOITA  SEMPRE AGRADECIDO.

 HOXE QUEDAN SÓ CINCO PAUS EN LÓNGARAS.

ESPEREMOS QUE NON NOS QUITEN NINGÚN MÁIS."

 AMANCIO LOSADA CREOU ESTE FERMOSO CONTO
E COMA SE CORVO MARIÑO, PICAPEXE OU LAVANCO FOSE
OFRECÉUNOLO A NÓS, PEQUENAS SEÑORAS E SEÑORES DE LÓNGARAS, ALÍ NA ENSEADA DE RIANXO.

SESIÓNS DIVULGATIVAS NAS XORNADAS DE BIBLIOTECA DO 1º TRIMESTRE

Neste primeiro trimestre nas nosas xornadas da Biblioteca de Daniel, invitamos a María e David de Arenaria para que nos fixeran unha Introducción á Ocenografía para aprender moitas cousas que nos axuden a desenvolver o P.D.I.deste curso "OceanoCRAfico, estudo e conservación do medio mariño".

        

E a verdade é que aprendemos un montón sobre o traballo que realizan os oceanógrafos e oceanógrafas, moitas cousas sobre o medio mariño e pasámolo súperben con todo o material que nos trouxeron. Grazas Arenaria!

      

Ata á próxima!

Distribuir contido