Club "Amigas e amigos de Daniel"
CARREIRA DAS LETRAS
n
A TRADICIONAL CARREIRA DAS LETRAS QUE A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA VIÑA CELEBRANDO NO ESPAZO RECREATIVO DE CAMPO MANEIRO TRASLADOUSE NESTE CURSO 2018-2019 AO CENTRO DA VILA DE RIANXO.
O DEPORTE, A RECOMENDACIÓN LECTORA, A LEMBRANZA Á FIGURA DE ANTÓN FRAGUAS, A MÚSICA E A DEGUSTACIÓN DE PRATOS E DOCES CASEIROS COMPARTIRON PROTAGONISMO TAMÉN COA DENUNCIA PÚBLICA Á AGRESIÓN SUFRIDA POLA PLANTACIÓN DE CADUCIFOLIAS QUE O CRA TIÑA REALIZADO NO MES DE FEBREIRO NO MONTE DO PLEITO, TARAGOÑA.
- APIs de Blogue
LIX RIANXO
OS DÍAS 14 E 16 DE MAIO O ALUMNADO DO CRA DE RIANXO PARTICIPOU EN ACTIVIDADES PROGRAMADAS DENTRO DA SEMANA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE RIANXO.
CONSULTA AQUÍ A PROGRAMACCIÓN DE LIX RIANXO
- APIs de Blogue
8M NA BIBLIOTECA DE DANIEL
NO CRA DE RIANXO CONTIÚAN AS ACTIVIDADES DESEÑADAS EN TORNO AO 8M.
UN ANO MÁIS, AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL CELEBRARON O SEU PARTICULAR DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA SÚA BIBLIOTECA CENTRAL EN ASADOS CON OBRADOIROS DE MÚSICA, CONTOS E MEMORIA.
- APIs de Blogue
DÍA DE ROSALÍA
Ao redor do 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvólvense un grande número de actividades que gozan dunha importante aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, e baixo o lema Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento!, convida asemade aos centros de ensino a realizar actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía.
- APIs de Blogue
AS POMBAS E A PAZ
A IMAXE DUNHA POMBA BRANCA CUN RAMIÑO DE OLIVEIRA NO PETEIRO É UN DOS SÍMBOLOS DA PAZ MÁIS RECOÑECIDOS EN TODO O MUNDO.
O PINTOR PABLO PICASSO AXUDOU A POPULARIZAR ESTA REPRESENTACIÓN COS SEUS DESEÑOS DE POMBAS DA PAZ, PERO A ORIXE DESTA IMAXE PROCEDE DO RELATO DUNHA GRANDÍSIMA CHUVASCADA, RELATO QUE, CON DISTINTAS VARIACIÓNS, FORMA PARTE DE MOITAS CULTURAS DO MUNDO ANTIGO.
NA LENDA QUE CHEGOU ATA NÓS, A POMBIÑA ACADA UN PROTAGONISMO ESPECIAL AO SER QUEN PORTA NO SEU PETEIRO UN SINAL MOI AGARDADO.
- APIs de Blogue
DRAGÓN DA PAZ
HAI MOITO TEMPO, OS HABITANTES DOS POBOS DA CHINA, QUE VIVÍAN BAIXO A PROTECCIÓN DE DIFERENTES ANIMAIS, PELEXABAN TAMÉN NO SEU NOME.
AS CRIANZAS, PARA ACABAR COAS GUERRAS ENTRE AS TRIBOS, TOMARON O CORPO DA ASTUTA SERPE, AS ESCAMAS DO ESCINTILANTE PEIXE, A CABEZA DO VELOZ CABALO, OS CORNOS DO FORTE BÚFALO E AS PATAS DO PAXARO LIBRE, E CREARON O DRAGÓN .
E A PARTIR DO SEU NACEMENTO, O DRAGÓN FOI RECOÑECIDO EN ASIA COMO O SÍMBOLO DA PAZ.
" O nacemento do dragón"
Ed. Kalandraka
- APIs de Blogue
APARECEU A BICI
ÁS 9, CANDO CHEGOU Á ESCOLA, ÁLEX CONTOUNOS QUE SOÑARA QUE APARECERA A BICI. E QUE NEVABA...
ÁS 10 ABRIMOS UN GRANDE PAQUETE ENVOLTO EN FOLLAS DE XORNAL. DENTRO ESTABA A BICI DE ROI. E SENTIMOS TANTA ALEGRÍA COMO SE UNHA NEVE AMOROSA ESTIVERA A CAER POR RIBA NÓSA.
- APIs de Blogue
A BICI DE MADEIRA DE ROI
A POMBIÑA DE ROI TROUXO O RECORDO DUN AGASALLO ESPECIAL DESAPARECIDO.
NA ESCOLA PREGUNTÁMONOS QUE LLE TERÍA PASADO A ESA BICI DE MADEIRA QUE LLE FIXERA CHEGAR O SEU PAI DENDE SUÍZA. E, AÍNDA SABENDO QUE NA VIDA DE ROI TER OU NON UN XOGUETE NON ERA REALMENTE IMPORTANTE, QUIXEMOS AXUDARLLE A INTENTAR RECUPEPAR ESA BICICLETA QUE CHEGARA A RIANXO EQUIPADA CUN GRANDE VALOR EMOCIONAL.
|
MOITAS FORON AS PERSOAS QUE AXUDARON A DIFUNDIR A NOSA BÚSQUEDA E MESMO CHEGOU A SER NOVA DE INTERESE PARA UN XORNAL
Búscase bici de madeira perdida; razón, escola de Campo de Pazos
- APIs de Blogue
POMBIÑAS DA MEMORIA
OS RECORDOS SON COMO POMBAS BRANCAS QUE ANIÑAN NA NOSA MEMORIA.
DÍO TOÑO NUÑEZ, E NÓS DÁMOSLLE CRETO.
DO POMBAL ONDE ANIÑAN OS NOSOS RECORDOS QUIXEMOS DEIXAR VOAR ALGUNHAS POMBIÑAS...
MOITO GOSTAMOS DELAS ! PERO UNHA, A POMBA DE ROI, EXCITOU O NOSO INTERESE...
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »