DÍA DE ROSALÍA
Ao redor do 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvólvense un grande número de actividades que gozan dunha importante aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, e baixo o lema Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento!, convida asemade aos centros de ensino a realizar actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía.
- APIs de Blogue