2009-2010
GRAVANDO A PEDRA
OS POBOADORES DE GALICIA NA IDADE DE BRONCE DEIXARON A SÚA PEGADA GRAVADA EN PEDRA
- APIs de Blogue
BIBLIOTECA E AULA DE MÚSICA
SAIDA A BIBLIOTECA E AULA DE MÚSICA
UNHA VEZ MÁIS O NOSO AMIGO DANIEL CONVIDOUNOS
A PASAR UNHA XORNADA NA BIBLIOTECA,
DONDE A PROFE MARÍA SE ENCARGOU
DE FACER VOAR A NOSA IMAXINACIÓN.
TAMÉN ESTIVEMOS NA AULA DE MÚSICA
PRACTICANDO CON ALGÚNS INSTRUMENTOS
E CANTANDO
AS CANCIÓNS DO MAGOSTO
COS AMIGOS DE ABUÍN E RAÑÓ.
BERRO OS TRES NOMES!
SOUTO E NOITE!
NOITE E SOUTO!
SOUTO E CHUVIA!
EU BERRO...
CHUVIA!
SOUTO!
NOITE!
- APIs de Blogue
FALOPIÑAS DE CORES
DESPOIS DE OBSERVAR O CADRO DE MENCHU LAMAS
QUE ACOMPAÑA OS VERSOS DE UXÍO NOVONEYRA,
OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DE QUINTÁNS
DEBUXARON ESTAS FALOPIÑAS CHEAS DE COR.
Lara, Natalia, Diego, Sara e Samuel
- APIs de Blogue
FAMILIAS
ACOMPAÑÁRONOS DURANTE TODO O CURSO.
COLABORARON COA ESCOLA SEMPRE QUE SE LLES PEDIU E POIDEMOS COMPARTIR CON ELAS A TAREFA DE EDUCAR ÓS SEUS FILLOS E NETOS.
CON ESTAS POUCAS IMAXES (HABERÍA MOITAS MÁIS...) QUEREMOS DEIXAR CONSTANCIA DA SÚA COLABORACIÓN.
- APIs de Blogue
A SOMBRA DA NOITE NA BOCA
...O LOBO! OS OLLOS O LOMBO DO LOBO!
BAIXA O LOBO POLO OLLO DO BOSCO
MOVENDO NAS FLAIRAS DOS TEIXOS...
RASTREXA
PÁRASE E VENTA
FINCA A POUTA ERGUE A TESTA E OULA CARA O CEO
CON TODA A SOMBRA DA NOITE NA BOCA
- APIs de Blogue
Cousos do lobo...
COUSOS DO LOBO!
CABORCOS DO XABARÍN!
EIDOS SOLOS
ONDE NINGUÉN FOI NIN HA D´IR!
O LOBO! OS OLLOS O LOMBO DO LOBO!
BAIXA O LOBO POLO OLLO DO BOSCO
MOVENDO NAS FLAIRAS DOS TEIXOS
RUXINDO NA FOLLA DOS CARREIROS
EN BUSCA DA VAGOADA MÁIS SOLA E MÁIS MEDOSA...
RASTREXA
PÁRASE E VENTA
FINCA A POUTA ERGUE A TESTA E OULA CARA O CEO
CON TODA A SOMBRA DA NOITE NA BOCA.
- APIs de Blogue