2009-2010

"CAI A NEVE" EN PAZO

 

 

 

 

 

 

AMIGOS DE DANIEL

O CURSO VAI REMATANDO...
...E NON O PODEMOS DEIXAR IR SEN VERNOS OUTRA VEZ.
COMPARTIR AS NOSAS VIVENCIAS NAS BIBLIOTECAS DE AULA, DISFRUTAR RECITANDO ALGÚNS VERSOS DE  UXÍO NOVONEYRA, DESCUBRIR OS MUNDOS QUE HAI NOS LIBROS, E , COMO NON, ENFRENTARNOS A ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA!
TODO ISTO, E MÁIS A NOSA AMIZADE, ESTARANNOS ESPERANDO NA BIBLIOTECA DE ASADOS.
NON FALTEDES!
VÉMONOS!!
DANIEL

O CUCO NON SE DEIXA VER

CANTA O CUCO CALA E CANTA

DOS CASTIÑEIROS DO VAL.

PASA O TEMPO E NON DI NADA

E VOLTA O CUCO A CANTAR.

                                                              (Uxío Novoneyra)

   
   

EU MIRO PARA OS CASTIÑEIROS

E O CUCO NON SE DEIXA VER.

SÓ OIMOS O SEU CANTAR

QUE MOI LEDOS NOS FAI ESTAR

                                                (Nen@s de Pazo Primaria)

   

 

                                            .

VACAS PACENDO

Da man de Uxío Novoneyra viaxamos novamente ao frío e xélido inverno.

Dando renda solta á nosa imaxinación e coa creatividade reafirmada 

trala escoita do conto "Moncho e a mancha", que trouxemos o outro

día da Biblioteca do noso amigo Daniel, aventurámonos na elaboración

destes collages onde, baixo a choiva e a neve de Febreiro,

PACEN AS VACAS:

 

 
   
   
   
   
   
   

 

OS LATEXOS DO CORAZÓN

  

  

NAMORADO METEU NA BOTELLA

OS LATEXOS DO SEU CORAZÓN

NON SABÍA SE CHEGARÍAN

ONDE ESTÁ O SEU AMOR

  

  

NAMORADO ESTA TRISTE

PORQUE NON VE AO SEU AMOR

PERO A AUGA QUE É AMIGA

Á SÚA NAMORADA LLE VAI TRAER

PARA QUE NA SÚA CARA

UNHA RISA SE VOLVA A VER

  

  

  

COA FORZA DO VENTO

Hoxe fixemos estas obras de arte co aire que sae dos nosos pulmóns tratando de expresar a forza e a intensidade do vento.

Soprido a soprido este foi o resultado:

   
 
   
   
   
   

Despois de tanto soprar e de axudarlle un pouquiño aos máis peques (QUE TANTO LLES CUSTABA SOPRAR!!!Guiño ) chegamos á conclusión de que o lobo do conto dos porquiños debe ser todo un experto nesta técnica do soprido. 

FALOPIÑAS DE PRIMAVERA

Despois de ler estes versos de Uxío Novoneyra:

FALOPIÑA A FALOPIÑA

VAI BRANQUEANDO A CORTIÑA

CADA MINIÑA O SEU SOÑO...

CADA COPO A SÚA FLAIRIÑA...

 

Decidimos facer unha versión adaptada á estación do ano

na que nos atopamos e este foi o resultado:

 

FLORIÑA A FLORIÑA

VAISE COLOREANDO A CORTIÑA

CADA PÉTALO A SÚA COR...

CADA SOÑO UN OLOR...

 

   
   
   
   
   
   

 

Distribuir contido