2009-2010
UN AIRE DE PRIMAVERA EN PAZO
ESTA É UNHA TARDE CON AIRE DE PRIMAVERA
COMO NOS GUSTA AOS NENOS E NENAS DE PAZO
- APIs de Blogue
AVES DE RIANXO
ESTE CURSO QUIXEMOS AMPLIAR A NOSA COLABORACIÓN CO PROGRAMA " VOZ NATURA " ESTUDANDO ALGÚNS ANIMAIS DO NOSO ENTORNO.
GUSTOUNOS OBSERVAR AS AVES E APRENDER A RECOÑECER ALGUNHAS DELAS.
I EU VÍA, I EU OUVÍA
I EU VÍA, I EU OUVÍA
UN GATO DICIR MIAU, MIAU UNHA CHICA E UNHA GATIÑA
E UN CAN, GUAU, GUAU NUNHA CASA MOI BONITIÑA
I EU VÍA, I EU OUVÍA
UNHA LÚA UNHA GATIÑA
FALÁNDOLLE AO SOL NUNHA CASIÑA MOI BONITIÑA
I EU VÍA I EU OUVÍA
UNHA FLOR CANTAR NO DÍA E OS GALOS
UNHA GATIÑA NA MIÑA COCIÑA ABRIR O DÍA
I EU VÍA I EU OUVÍA
UNHA ANDURIÑA O GATO DURMIR NA LÚA DO SOL
CANTAR NO DÍA XOGANDO CUN CARACOL
- APIs de Blogue
VISITAS AO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO E AO C.E.P. X.M. BREA SEGADE
Os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria das escolas de Vacariza, Quintáns, Rañó, Abuín e Pazo visitarán o C.E.I.P. A.D.R. Castelao o vindeiro venres día 11 de xuño.
E do mesmo xeito, o martes 15 de xuño os alumnos e alumnas de 3º Educación Infantil da escolas de Cruceiro e Cuvide e os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria das escolas de Outeiro e Capela, visitarán o C.E.P. X.M. Brea Segade.
O obxectivo desta visita será entrar en contacto coa vida do centro no que continuarán a súa escolaridade no vindeiro curso 2010-2011, asi como coñecer aos compañeiros e compañeiras, profesorado, instalacións do centro, actividades que se realizan...
O que se pretende, fundamentalmente, é favorecer o proceso de acollida no novo centro e que a transición da etapa de Educación Infantil a de Educación Primaria ou do 1º ciclo de Educación Primaria ao 2º ciclo desta mesma etapa, en cada caso particular, sexá o máis positiva posible, e polo tanto os nosos alumnos e alumnas valoren esta transición positivamente, como unha fase máis, necesaria para o seu desenvolvemento persoal, social e escolar.
¡Grazas pola colaboración das familias nesta actividade, xa que sen elas non sería posible!
- APIs de Blogue
PARA QUE EU SOÑE...
NA ESCOLA DE QUINTÁNS CREAMOS UNS VERSOS A PARTIR DO TÍTLO DESTE LIBRO, DESPOIS DE ESCOITAR O POEMA CANTADO POR EMILIO CAO, OBSERVANDO TAMÉN O CADRO DE LEANDRO LAMAS:
PARA QUE EU SOÑE...
UNHA CARACOLA DE MAR
ARRÓLAME NO SEU CANTAR
PARA QUE EU SOÑE...
AS BOLBORETAS DE CORES
TRÁENME OS AROMAS DAS FLORES
PARA QUE EU SOÑE...
NO CEO PODEREI FLOTAR
COMO UNHA NUBE NO AR
PARA QUE EU SOÑE...
MOITAS ESTRELAS DE MAR
TEREI QUE ENCONTRAR
PARA QUE EU SOÑE...
AS ALAS DA BOLBORETA
BICARANME NA CABEZA
PARA QUE EU SOÑE...
AS BOLBORETAS ME INSPIRARÁN
E OS MEUS DESEXOS SE CUMPRIRÁN
PARA QUE EU SOÑE...
DEITADO NA TOALLA
O NENO SOÑA NA PRAIA
PARA QUE EU SOÑE...
A ESTRELIÑA DE CORAL
TOMA O SOL NA BEIRIÑA DO MAR
Autores e autoras: Samuel, Diego, Sara, Lara, Natalia, Alba, Dani F. Dani V. Cristina, Ana
- APIs de Blogue
SAIDA A CORTEGADA
O XOVES OS NENOS E NENAS DE PAZO XUNTO COS DE RAÑÓ,ABUÍN
E VACARIZA VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA
QUE TANTAS VECES VEMOS DENDE TANXIL.
FIXEMOS UN PERCORRIDO POLA ILLA E BEGOÑ,A NOSA GUÍA,
FOINOS EXPLICANDO COUSAS DOS ANIMAIS QUE VIVEN ALÍ,
DAS AVES QUE HAI,
DAS ÁRBORES (PASAMOS AO LADO DO ÚNICO
BOSQUE DE LOUREIRO QUE HAI EN EUROPA),
DAS FLORES...
POR ÚLTIMO XOGAMOS NOS AREAL
E FIXEMOS UN PASEO NA LANCHA O ARREDOR DOS ISLOTES .
SE QUEREDES PODEDS VER MÁIS FOTOS
COÑECENDO A ILLA DE CORTEGADA
PASÁMOLO MOI BEN NA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!!!
NUNHAS LANCHAS ACHEGÁMONOS ATA A ILLA DE CORTEGADA
XA CASE CHEGAMOS...
ALÍ EXPLORAMOS A ILLA
E VIMOS MOITAS COUSAS BONITAS, COMO:
A ÁRBORE COME-PEDRAS
- APIs de Blogue
CORTEGADA
A VIAXE QUE FIXEMOS A CORTEGADA SERVIUNOS PARA PASALO MOI BEN E PARA APRENDER UN MONTÓN DE COUSAS. POR EXEMPLO:
UN ARQUIPÉLAGO É UN CONXUNTO DE ILLAS.
O ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA FÓRMANO A ILLA DE CORTEGADA, A MALVEIRA GRANDE, A MALVEIRA CHICA, A ILLA DAS BRIÑAS E O ILLOTE DO CON.
O ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA, XUNTO COS ARQUIPÉLAGOS DAS CÍES, ONS E SÁLVORA, ASÍ COMA AS AUGAS DOS SEUS ARREDORES, FORMAN O PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.
UN PARQUE NACIONAL É UN ESPAZO NATURAL QUE, POLO SEU GRANDE VALOR, GOZA DA MÁXIMA PROTECCIÓN.
NUN PARQUE NATURAL HAI UNHAS ESTRICTAS NORMAS DE RESPECTO ÓS DISTINTOS ELEMENTOS DA NATUREZA QUE HAN DE SER RESPECTADAS POR TODOS.
EN ESPAÑA HAI UN TOTAL DE 14 PARQUES NACIONAIS. ALGÚNS DELES TAMÉN ESTÁN EN ILLAS ATLÁNTICAS. SON OS PARQUES NACIONAIS DO TEIDE, TIMANFAYA, GARAJONAY E CALDEIRA DE TABURIENTE, NAS ILLAS CANARIAS.
EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA
O MÉRCORES E XOVES DA PRIMEIRA SEMANA DE XUÑO TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. REALIZARON UNHA EXCURSIÓN A CORTEGADA PARA COÑECER UNHA DAS ILLAS QUE FORMAN PARTE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.
SE VOS INTERESA A NOVA, CONSULTADE A INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE QUE PODEREDES ATOPAR NESTE ENLACE
PARA VISIONAR AS NOVAS RELACIONADAS COA EXCURSIÓN SUBIDAS POR DISTINTAS ESCOLAS PREMEDE AQUÍ:
OS MARIÑEIROS DE OUTEIRO
NAMORADO TIÑA COUSAS
COUSAS QUE A AUGA SABÍA
MARIÑEIRO, E TI, COMO É QUE TE METICHES NUNHA BOTELLA?
COMO FIXECHES?
O AMOR DOS NENOS E NENAS DE OUTEIRO NAVEGA POR PAISAXES INVENTADAS
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »