2009-2010

AÍ VÉN O MAIO...

AÍ VEN O MAIO

DE FLORES CUBERTO...

VACAS MARELAS E PINTAS

AS NOSAS VACAS

 PINTAS E MARELAS

DAN MOI BO LEITE

PORQUE COMEN MOITA HERBA"

***

PRESENTÁMOSVOS AS NOSAS VACAS MARELAS E PINTAS:

 

 

 

 

 

 

 

QUE FACER COAS SÚAS OBRAS?

  • Sesión de peiteados e maquillaxes.

  

Así nos quedaron

 

 

PARA QUE MAMÁ SOÑE

A papá compuxémoslle un poema inspirándonos nuns versos de Antonio García Teijeiro. Para mamá quixemos facer un poema tomando a Uxío Novoneyra como mestre.

   

" PARA QUE MAMÁ SOÑE

MEDRAN AS FLORES:

AS ROSAS, OS MAIOS

E OS NOSOS AMORES "

ou, nunha versión máis curta:

" PARA QUE MAMÁ SOÑE

MEDRAN AS FLORES

E OS NOSOS AMORES "

(Andrea, Rubén, Silvia, Cesar, Borja, Jorge, Aitor, Iván, Paula, Rocío, Breogán, Miguel, Raúl, Eloy, Ainara, Hugo e Sol)

PARA SOÑAR...

O TEMPO DE CAER AS FOLLAS XA PASOU. AGORA ESTAMOS VENDO COMO AGROMAN NOVAMENTE NAS ÁRBORES.

AÍNDA ASÍ, NA ESCOLA QUIXEMOS TRABALLAR CON ESTES FERMOSOS POEMAS DE NOVONEYRA. E ESCOITAR TAMÉN A CANCIÓN QUE EMILIO CAO COMPUXO PARA INTERPRETAR ESTAS POESÍAS.

ÁS PALABRAS DE UXÍO E Á MÚSICA E VOZ DE EMILIO, NÓS QUIXEMOS ENGADIRLLE OS NOSOS DEBUXOS.

Andrea, Rubén, Silvia, Cesar, Borja, Jorge, Aitor, Iván, Paula, Rocío, Breogán, Miguel, Raúl, Eloy, Ainara, Hugo e Sol

Cruceiro, 4 e 5 anos.

CONCERTO ANIVERSARIO

 

A Xunta Directiva da Escola de Música de Rianxo ten o pracer de convidarnos ao Concerto “VII ANIVERSARIO” da Banda da Escola de Música de Rianxo, que terá lugar o vindeiro sábado 1 de maio ás 13:00, no Auditorio de Rianxo.

No programa deste concerto tódalas obras serán do compositor rianxeiro Antón Alcalde.

UN REFRÁN DE CUCOS

 

NO REFRANEIRO DE PAZO INFANTIL

TEMOS UN REFRÁN ADICADO AO CUCO:

SE MARZO ACABOU E O CUCO NON CHEGOU,..

ALGO AO CUCO LLE PASOU!

ADEMÁIS TAMÉN SABEMOS QUE ESTE PAXARIÑO É "MOI CUCO"

POIS PON OS OVOS NOS NIÑOS DOS OUTROS PAXAROS 

PARA QUE ESTES OS ALIMENTEN. 

***

ESTES SON OS DEBUXOS QUE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

FIXERON DA POESÍA DE NOVONEIRA

 

 

 

QUEN FOI?

LOGO DE VER O VÍDEO DAS OBRAS DESTA ARTISTA GALEGA

DECIDIMOS INVESTIGAR SOBRE A SÚA VIDA. Descubrimos que non se chamaba Maruja Mallo, onde naceu, quen eran os seus amigos...

                                                               

DOCUMENTOS ELABORADOS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NO CURSO 2009 - 2010.

A orientación escolar debe ser entendida como un proceso que inclue a toda a comunidade educativa, que debe garantirse dende as primeiras idades do alumnado, permitindo así a prevención e detección temperá das súas posibles dificultades, tanto no seu desenvolvemento persoal como da súa aprendizaxe.

O obxectivo fundamental será sempre o de acadar unha integración persoal, escolar e social para o noso alumnado, así como o desenvolvemento das súas competencias básicas.

Neste sentido cobran especial relevancia os documentos que a continuación se axuntan. Os cales foron elaborados no curso académico 2009 - 2010 e son empregados como unha guía da intervención que se leva a cabo dende o Departamento de Orientación do C.R.A. de Rianxo.

CUCOS

   

  CANTA O CUCO

   

CALA E CANTA

   

DOS CASTIÑEIROS

   

DO VAL.

   

PASA O TEMPO

   

E NON DI NADA

   

E VOLTA O CUCO

   

A CANTAR.

Distribuir contido