2009-2010

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE O ALUMNADO DO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO E DO C.R.A. DE RIANXO

O vindeiro mércores 28 de abril, como se viña facendo en cursos pasados, o alumnado de 2º Educación Primaria do C.E.I.P. A.D.R. Castelao visitará algunha das escolas do C.R.A. de Rianxo. Concretamente, neste curso 2009 - 2010 as escolas acolledoras serán Rañó e Pazo.

 

O alumnado participante poderá compartir unha xornada de convivencia cos alumnos e alumnas que terán como compañeiros e compañeiras no próximo curso escolar, desenvolvendo diferentes actividades en conxunto.

¡DESEXAMOS GOZAR MOITO DESTA EXPERIENCIA TODOS E TODAS XUNTOS!

 

TORRE DE HÉRCULES e AQUARIUM (A CORUÑA)

COMO TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A

PARTICIPAMOS CON DISTINTOS PROXECTOS EN VOZ NATURA,

ESTE ANO INVITÁRONNOS A VISITAR O ACUARIUM DA CORUÑA.

XA QUE ESTÁBAMOS ALÍ VIMOS TAMÉN A TORRE DE HÉRCULES.

MIRADE CANTAS COUSAS VIMOS:

PROTECCIÓN CIVIL E OS BOMBEIROS NA ESCOLA DE PAZO

ESTE VENRES ESTIVERON NA ESCOLA DE PAZO

 PROTECCIÓN CIVIL E OS BOMBEIROS.

DÉRONNOS INSTRUCCIÓNS MOI INTERESANTES,

 EXPLICÁRONNOS COMO TEMOS QUE SAÍR

DA ESCOLA EN CASO DE INCENDIO, COMO SON OS SEUS TRAXES, CASCOS,....

E ENSINÁRONNOS UN NÚMERO MOI IMPORTANTE QUE

NON O VAMOS A ESQUECER,  O 112.

 PREMEDE E VEREDES:

OBRADOIRO MUSICAL

A Escola de Música de Rianxo infórmanos de que, durante os meses de maio a xullo, vai realizar o seu II Obradoiro Musical, para nenos e nenas de 4 a 7 anos.

As xornadas serán os xoves pola tarde.

Máis información nas oficinas do Auditorio de 10h00 a 13h00 ou no teléfono 671 058 555.

CICLO DE MÚSICA DE CÁMARA 2010

O  terceiro dos concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010, organizado pola Escola de Música, terá lugar o vindeiro sábado 24 de abril ás 20:00, no Auditorio de Rianxo.

Nesta ocasión teremos a oportunidade de escoitar ao Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.

Pacen as vacas

PACEN AS VACAS

NA NABAREGA.

TREME A PEQUENA

QUE VAI CO´ELAS.

FEBREIRO CHOVE

FEBREIRO XEA

FEBREIRO NEVA

NEVE LIXEIRA...

Noite e souto

NOITE E SOUTO!

SOUTO E CHUVIA!

CHUVIA E NOITE!

 

SE BERRO ISTE INTRE

DESDE ONDE ESTOU

BORRO OS TRES NOMES.

Tronou vento...

TRONOU VENTO E CHOVEO.

BICOUSE A TERRA CO CEO.

A NOITE QUE ONTE CAIU

SOLO FOI PRE QUEN´A OÍU

Uxio Novoneyra

Uxío Novoneyra é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010, ano no que se cumpre o seu décimo primeiro aniversario.

Novoneyra naceu en 1930 na localidade luguesa de Parada do Courel e morreu en Santiago en outubro de 1999.

Relacionado durante a súa xuventude con intelectuais e artistas como Manuel María, Luis Pimentel, Anxel Fole ou Ramón Piñeiro, volveu a residir no Courel entre os anos 1953 e 1962, unha volta que deixou unha profunda pegada na súa obra.

 

Distribuir contido