2009-2010
GRAN FESTA DO ENTROIDO EN RAÑÓ!!!
ESTE ANO A ESCOLA DE RAÑÓ INVITOUNOS Á FESTA DO ENTROIDO
AOS NENOS E NENAS DE VACARIZA, QUINTÁNS, ABUÍN E COMO NON, A NÓS TAMÉN.
CADA ESCOLA CANTOU A SÚA CANTIGA. AÍ VAI A NOSA:
OS NENOS DE PAZO
VIMOS A RAÑÓ
A COMER ORELLAS
E CANTAR CANCIÓNS!!!
ANTES DE "PARTIR" SACAMOS UNHAS FOTOS CO NOSO TORIBIO E CUN "HOME MOI FEO"
PASÁMOLO MOI BEN PASEANDO POLOS CAMIÑOS DE RAÑÓ,
CANTANDO CANCIÓNS E ATA NOS DERON CARAMELOS.
- APIs de Blogue
NO DÍA DO ENTROIDO...
NO DÍA DO ENTROIDO, IMOS DISFRUTAR.
VESTIDOS DE CHOQUEIROS,
TODOS A XOGAR.
AQUÍ ESTAMOS OS NENOS/AS DE QUINTÁNS DISFRAZADOS DE CHOQUEIROS O DÍA DO ENTROIDO, ESPERANDO QUE CHEGARA O AUTOBÚS PARA LEVARNOS ATA ESCOLA DE RAÑÓ.
DESPOIS, XUNTÁMONOS COS DE VACARIZA, PAZO, ABUÍN E POR SUPOSTO, OS DE RAÑÓ. PASÁMOLO MOI BEN.
O XOVES DE ENTROIDO NA ESCOLA DE PAZO
HOXE, XOVES, O TORIBIO DIXO QUE TIÑAMOS QUE VIR Á ESCOLA ASÍ DE GUAPOS:
E, COMO O QUE O TORIBIO DI, DITO ESTÁ, ALÍ ESTIVEMOS
CON MANDIL, ALGO NO PESCOZO, ALGO NA CABEZA E ALGO PINTADO NA CARA
* * * * *
PERO NÓS, TIÑÁMOSLLE GARDADA UNHA SORPESA AO TORIBIO, ...
* * * * *
ESTAS SON AS NOSAS CARAUTAS,
IMAXINADES COMO PASAMOS POR DIANTE DEL Á SAÍDA?
DISFRAZÁMONOS DE PERSOAXES DOS CONTOS DA NOSA BIBLIOTECA:
3 CEBRAS CAMILAS 3 OSIÑOS ROSAS
2 GALOS QUIRICOS 1 OSO PANDA (outro enfermo) 2 PITOS CAIROS
E TRES COELLIÑOS BRANCOS
E AGORA TODOS XUNTOS, CON CARAUTA E SEN CARAUTA:
GUSTARÍAMOSLLE AO TORIBIO? A NÓS SÍ QUE NOS GUSTAMOS.
BO ENTROIDO A TODOS
Un bico para todos dos nenos e nenas de Pazo
WELCOME TO ESCOLA DE PAZO, MONKEY
A TEACHER MARINA TROUXO Á ESCOLA DE PAZO A MONKEY.
COMO NOS GUSTOU QUE VIÑERA!!
E PARA LEMBRALO SEMPRE SACAMOS UNHAS FOTOS CON EL.
Thank you, teacher Marina
ENTROIDO LAMBÓN
NO ENTROIDO CANTAMOS:
"COME ORELLAS NON DEIXES NINGUNHA,
COME ROSQUILLAS ENTROIDO LAMBÓN"
PARA QUE POIDAMOS IR PRACTICANDO, E ASÍ PODELO FACER MOI BEN O VENRES, AS AVOAS E AS MAMÁS TROUXÉRONNOS Á ESCOLA ESTAS APETITOSAS BANDEXAS.
AH, E O XOVES A AVOA LOLA TRAERANOS AS FILLOAS...
O TORIBIÑO DI
O TORIBIÑO DI:
O LUNS HABERÁ QUE IR Á ESCOLA CUN MANDIL VESTIDO
O MARTES, TRAER TAMÉN ALGO NO PESCOZO
O MÉRCORES HAI QUE PÓR ADEMAIS ALGO NA CABEZA
O XOVES ENGADIMOS UN POUCO DE PINTURA NA CARA
E O VENRES, TODOS DE CHOQUEIROS !!!
E O QUE DI O TOBIBIÑO,
DITO ESTÁ!
- APIs de Blogue
O VOO DA POMBA DA PAZ
Se queres axudar a pomba da paz para que non canse de voar, pasa o rato por riba da imaxe.
MIGALLAS
O xoves 4 de febreiro tódalas aulas do C.R.A. de Rianxo desprazaránse ata o Auditorio Municipal para asistir a unha representación teatral.
A compañía pontevedresa "MIGALLAS TEATRO" porá en escena para elas un espectáculo de teatro e cancións baseado no seu disco "¡Canta connosco!"
- APIs de Blogue
A CANDELORIA
En Galicia, a data da candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.
Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
- APIs de Blogue
Agora tócanos crear
Inspirados nas obras de Paul Klee:
Primeiro tivemos que trazar liñas libremente no chan e no cartón
démoslles cor
e isto foi o resultado da xuntanza dos fragmentos feitos nas distintas escolas
"Bailamos por medo"
construímos "Castelo e Lúa"
rascamos ata atopar cores coma no " Peixe dourado"
pintamos globos, non só "O globo vermello"
E tamén inventamos un xogo,
cada participante ten que ter un rotulador e sobre unha superficie como pode ser un folio... cada un vai trazando unha liña e sempre a remata con un punto ben visible. O seguinte obrigatoriamente debe comezar neste punto. Veredes que obra de arte tan bonita vos aparece.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »