2009-2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PARA QUE EU SOÑE...
ESTÁN OS VERSOS E AS PALABRAS DE UXÍO NOVONEYRA E DE TANTOS AUTORES GALEGOS.
PARA QUE EU SOÑE...
ESTÁ TODA A NOSA CULTURA, PARTE DA CAL REIVINDICAMOS NA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.
 CON ALGÚN DOS NOSOS SOÑOS ENCHEMOS O LIBRO DE UXÍO CO QUE TRABALLAMOS NA ESCOLA E O LIBRO WEB DESTE NOSO PORTAL.

O BICO DO BRELO

CO POEMA DE UXÍO, A MÚSICA DE " NA VIRADA" E OS NOSOS DEBUXOS , OFRECÉMOSVOS ESTA MONTAXE.

ESPERAMOS QUE GUSTEDES DELA 

(Andrea, Rubén, Silvia, Cesar, Borja, Jorge, Aitor, Iván, Paula, Rocío, Breogán, Miguel, Raúl, Eloy, Ainara, Hugo e Sol)

No bicarelo...

NO BICARELO DO BICO DO BRELO

CANTA O PAXARIÑO.

NO MESMIÑO

BICARELO DO BICO DO BRELO.

SEMPRE GALICIA

GALICIA NUNHA PALABRA

GALICIA NUNHA CANCIÓN

GALICIA A NOSA CASA

GALICIA NO CORAZÓN

              

AS NENAS E NENOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO DE 3 E 4 ANOS ADICAMOS ESTA POESÍA A TODOS OS COMPAÑEIROS DO CRA DE RIANXO. UNHA APERTA.

OBRADOIRO DE PANCARTAS

GALEGO A FORZA DO NOSO AMOR

 

    

 

 

 As obras de Haring foron a base na que apoiamos o deseño da nosa pancarta para levar ó Correlingua. Tiñámola preparada pero a chuvia non nos deixou lucila na praza de Castelao.

Pero coma sempre, o resultado non é o máis importante, senón o proceso. Así foi como a fixemos.

 

 

Fixemos unha torre na aula, fixémola deitados para non mancarnos.

 

 

Trazamos cun xiz no cortizo. Estes eramos nos.

Agora cadaquén ten que facer o seu boceto.

 

 

Levamos unha silueta á pancarta, e logo pintamos

 

 

 

 

OÍN CANTAR O DÍA

EU OÍN CANTAR O DÍA

   
   

  CUNHA ABELLA QUE VOABA,

COS PAXAROS QUE CHIRLABAN,

COS CANS QUE LADRABAN

E COS NENOS QUE XOGABAN

EU OÍN CANTAR O DÍA

   
   

 CO VENTO QUE SOPRABA,

COS CRISTAIS DE NEVE QUE CAÍAN,

COA CHUVIA QUE MOLLABA

E CO CALOR QUE SUABA.

   

     ESCOITAR O DÍA

    DÁME ALEGRÍA!!

ANDREA, RUBÉN, SILVIA, CÉSAR, BORJA, JORGE, AITOR, IVÁN, PAULA, ROCÍO, BREOGÁN, MIGUEL, RAÚL, ELOY, AINARA, HUGO E SOL

CORRELINGUA 2010

Centros de ensino de todo o Barbanza xuntarémonos este luns día 10 de maio en Rianxo para celebrar unha nova edición do Correlíngua.

CON MANTO DE...

Atopamos unha foto de Maruja Mallo cuberta cun manto de algas. .

Quixemos facelas nosas propias vestimentas

      

     

con reloxos,instrumentos musicais, froitas e verduras, paisaxes...

FALOPIÑAS DE CRUCEIRO

                   

                                          CAI A NEVE CAI CAI

                  

                                         FALOPIÑA A FALOPIÑA

                  

                                    NIN O VENTO  A ARREMUIÑA

                   

                                           NIN A AUGA A DESFAI

                 

                                       ESCOLA DE CRUCEIRO

                  

VISITA DOS NENOS E NENAS DO "CASTELAO"

ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DO COLEXIO "CASTELAO"

FIXERON UNHA VISITA O C.R.A PARA COÑECER OS SEUS 

FUTUROS COMPAÑEIROS.

XUNTOS XOGAMOS, CANTAMOS E VIMOS UN VIDEO.

TAMÉN NOS DEIXARON UN AGASALLO: "O HOMIÑO DE PAPEL"

FEITO POR ELES. GRAZAS AMIGOS!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido