Celebracións
2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA
Na escola de Capela festexamos a Candeloria traballando distintos refráns
- blogue de veronica.trinanes.rial
- APIs de Blogue
Mes de decembro
En decembro podemos atopar libros ... (clica no título para seguir lendo)
DÍA DA INFANCIA
Crianzas dos Campamentos de refuxuiad@s saharahuís en Auserd (Tindouf, Alxeria)
e crianzas da Escola Rosalía de Castro
separadas pola distancia xeográfica e polas desiguais condicións de vida pero
unidas polo desexo e a reivindicación do recoñecemento efectivo dos
Dereitos das Crianzas
independientemente da raza, cor, sexo, relixión, orixe nacional, étnica ou social
ou calquera outra condición das nenas e nenos ou das súas familias .
- APIs de Blogue
CONVITE DE ENTROIDO
Este ano celebramos o entroido na escola de Capela.
Estades tod@s convidad@s.
Non podedes faltar!!
- APIs de Blogue
Festival de Nadal
Chega unha vez mais o Festival de Nadal
Xoves 19 de Decembro no Auditorio de Rianxo
De antemán agradecemos a todo o profesorado, ás familias,
a ANPA todo o esforzo que estades a realizar
para que o festival sexa un momento de ledicia e de ilusión
- APIs de Blogue
TORIBIÑO MANDA
VOLVEU O ENTROIDO E CON ÉL O TORIBIÑO E AS SÚAS ENTROIDADAS. PARA PODER ENTRAR NAS ESCOLAS...
O LUNS HAI QUE LEVAR BIGOTE
O MARTES BIGOTE E ALGO NO PESCOZO
O MÉRCORES BIGOTE, ALGO NO PESCOZO E UNHA LAZADA NO CU
O XOVES BIGOTE, ALGO NO PESCOZO, UNHA LAZADA NO CU E ALGO NA CABEZA
O VENRES, O TORIBIÑO XA MANDOU E A FESTA IMOS A QUINTÁNS, PRA VESTIRNOS DE CHOQUEIR@S E COMER FILLOAS ATA FARTAR.
- APIs de Blogue
Día de Rosalía
Na escola de Capela sumámonos á celebración do Día de Rosalía.
A vida é un poema sen escribir, nas nosas mans está en facer os versos máis fermosos.
- APIs de Blogue
DÍA DE ROSALÍA
Ao redor do 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvólvense un grande número de actividades que gozan dunha importante aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, e baixo o lema Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento!, convida asemade aos centros de ensino a realizar actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía.
- APIs de Blogue
ANIMAIS COMA OS DEMAIS
O VENRES 21 DE DECEMBRO O CRA DE RIANXO CELEBROU O FESTIVAL DE NADAL 2018, DESTA VEZ BAIXO O NOME DE
"ANIMAIS COMA @S DEMAIS".
" A ORQUESTRA DOS ANIMAIS", " O PITÑO ", " O APALPADOR ", " O ENTROIDO DOS ANIMAIS ", " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER...", SON ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS DAS QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PUIDO GOZAR AO LONGO DA MAÑÁ.
- APIs de Blogue