Celebracións

LETRAS GALEGAS 2016

 A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO CELEBROU O MÉRCORES 18 A FESTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS CON CARREIRAS DE CRIANZAS E  MAIORES, UN ACTO LITERARIO E MUSICAL EN TORNO AO POETA MANUEL MARÍA E UNHA SAUDABLE MERENDA.

23 DE ABRIL, POLOS LIBROS!

A Quintáns tamén chegou abril, mes dos libros, e mentres traballamos no estupendo encargo que nos fixo Daniel da creación de un libro sobre Manuel María, chegou xa o 23 de abril, día mundial do libro. Na aula de primaria pensamos en como podiamos celebralo e cun lote de imaxinación decidimos facer unha película. Así como o oídes! Unha película adicada ós libros que tanto apreciamos e que tanto nos ensinan.

Asi pois, fixemos que nesta montaxe non faltase de nada. Un plató con decorado, escribimos un guión co que tiñamos que dicir, maquillaxe, perruquería e por suposto...luces, cámara e ACCIÓN!

Aquí vos queda o resultado final! Agardamos que vos guste a nosa superprodución, e por suposto...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!

  

PARABÉNS ROI!

MARZO MARZAL,

E ROI XA ESTÁ FEITO UN CHAVAL!

MARZO MARZOLO,

E ROI XA SE FIXO UN RAPAZOLO!

 

NO MES DE MARZO COA PRIMAVERA MEDRAN AS FLORES...E OS NENOS!

PARABÉNS AINOA!

E NO MES DE FEBREIRO....AINOA CUMPRIU ANOS E NÓS PAPAMOS UN BISCOITO ENTEIRO!

PARABÉNS AINOA!Beso

DÍA DE ROSALÍA-ROSALÍAS POP ART E MOUCHIÑOS.

O 24 DE FEBREIRO NA ESCOLA DE QUINTÁNS CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA. A FIGURA DA ESCRITORA ACOMPAÑOUNOS DURANTE SEMANAS ANTES CO FIN DE PODER MERGULLARNOS NA SÚA VIDA, NA SÚA OBRA E PODER DISFRUTAR DE TODO O QUE NOS PODÍA APORTAR NON SÓ ELA, SENÓN TODO O QUE A RODEA.

EN PRIMARIA, INSPIRÁNDONOS NA TÉCNICA QUE EMPREGARON OS NOSOS COMPAÑEIR@S DE CAPELA INFANTIL PARA FACER O SEU CALENDARIO, REALIZAMOS AS NOSAS "ROSALÍAS POP ART" CON ACETATOS E MOITOS FOLIOS DE CORES. FOI DIVERTIDO VER COMO A CARA DE ROSALÍA RITA SE TORNABA DE MIL TONS DIFERENTES, CREANDO UN POP ART COMO OS QUE O MESMÍSIMO ANDY WARHOL FIXO FAI MOITOS ANOS XA!

PERO NA CLASE DE INFANTIL, A CELEBRACIÓN NON ÍA SER MENOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTE VÍDEO CUNHA DAS NOSAS CANCIÓNS FAVORITAS INSPIRADA NUN DOS POEMAS ROSALIANOS. ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS POLIFACÉTICOS! TANTO PINTAMOS, CORTAMOS OU RECITAMOS, COMO BAILAMOS AO SON DE MIGALLAS!

DISFRUTÁDEO E FELIZ DÍA DE ROSALÍA PARA TOD@S!

 

DÍA DE ROSALÍA

 O 24 DE FEBREIRO, DÍA DO NACEMENTO DA ESCRITORA, CELEBRAMOS O

DÍA DE ROSALÍA

E QUE VIVA O ENTROIDO!

@S NEN@S E NENAS DE QUINTÁNS VIVIMOS ESTE ENTROIDO QUE NOS ACABA DE DEIXAR NON SÓ NA NOSA FESTA CON TODOS OS COMPAÑEIR@S DO CRA NA ESCOLA DE OUTEIRO, SENÓN QUE TAMÉN DISFRUTAMOS ARREO FACENDO OS NOSOS DISFRACES E POR SUPOSTO...CO NOSO DEMO DE TORIBIÑO QUE NOS TOLEOU A CABEZA UNHA SEMANA ENTEIRA!

PERO CON TODO, QUEDARON UNHA CHEA DE RECORDOS BONITOS!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DO BEN QUE O PASAMOS! GuayBesoSeladoCansoRisa

 

PARABÉNS ÁLEX!

No mes de Xaneiro, na escola só cumpriu anos Álex. Xa ten 7 anos e foi o primeiro dos nenos de primaria en facerse aínda máis maior!

Por non variar, celebrámolo cunha gran festa con biscoito e bombas.

Que cumpras moitos máis Álex!

    

ENTROIDO 2016

LUNS O TORIBIÑO COMEZA A MANDAR:
"UN ZAPATO DE CADA COR, PARA PODER BAILAR !!"

MARTES:
" ALGO NA CABEZA TERÁS QUE LEVAR SE COMO PICASSO QUERES PINTAR"

MÉRCORES:
" SE COMA DANIEL QUERES ESCRIBIR, CUNS LENTES TERÁS QUE VIR"

XOVES:
"UN BIGOTE HAI QUE PINTAR, PARA COMA CHAPLIN ACTUAR"

E VENRES,
DE FESTA A OUTEIRO,  SEXAS ARTISTA OU CHOQUEIRO!!!

NADAL

O VENRES 18 DE DECEMBRO, COA CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL NO AUDITORIO DE RIANXO, FINALIZARON AS ACTIVIDADES LECTIVAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

O EQUIPO DE MESTRES E MESTRAS DO CRA DE RIANXO QUERE TRASLADAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA OS MELLORES DESEXOS PARA ESTAS DATAS DE CELEBRACIÓNS E ENCONTROS FAMILIARES

Distribuir contido