Escola de Abuin
O samaín nas escolas de Abuin e Rañó
Nas escolas de Abuin e de Raño fixemos xogos do Samaín
Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos.
Na escola de Rañó xogamos coa baalla das cabazas | |
Na escola de Abuin, pintamos cabazas con pintura de dedos |
- APIs de Blogue
GOOD BYE LONDON!
A NOSA VISITA A LONDRES REMATOU, PERO ISTO NON É UN ADEUS PORQUE NON NOS GUSTAN AS DESPEDIDAS SENÓN UN ATA SEMPRE!
WE LOVE LONDON!
HYDE PARK E A PISTA DE XEO
HYDE PARK É O PULMÓN DE LONDRES, POIS A GRANDE EXTENSIÓN DE ÁRBORES SUPÓN UN ALIVIO PARA UNHA CIDADE TAN CASTIGADA POLA CONTAMINACIÓN COMO É LONDRES. NO NADAL HYDE PARK CONVÉRTESE NUNHA PISTA DE XEO QUE SE CONVERTE NA DIVERSIÓN DOS SEUS HABITANTES. LONDRES É UNHA CIDADE QUE NOS ESTÁ GUSTANDO MOITO, ASÍ QUE... POR QUE NON SOÑAR QUE PATINAMOS XUNTOS EN HYDE PARK?
- APIs de Blogue
O NADAL CHEGOU A TRAFALGAR SQUARE
XA É TRADICIÓN COLOCAR E ACENDER AS LUCES DA ÁRBORE DE NADAL EN TRAFALGAR SQUARE. ESTE ACTO LÉVASE A CABO O PRIMEIRO XOVES DO MES DE DECEMBRO. TRÁTASE DUNHA ÁRBORE COA QUE NORUEGA OBSEQUIA AO POBO BRITÁNICO COMO AGRADECEMENTO AO SEU APOIO DURANTE A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL. AO PÉ DO ABETO ORGANÍZASE UN FESTIVAL DE PANXOLIÑAS. POR SUPOSTO, REMATADO O NADAL, O ABETO É RECICLADO.
,
- APIs de Blogue
O NADAL CHEGOU Á ESCOLA DE ABUÍN
CHEGOU O MES DE DECEMBRO E CON EL A CONTA ATRÁS PARA O NADAL. DECORAMOS A NOSA PORTA CUNHA FERMOSA COROA DE ADVENTO QUE FIXEMOS "COAS NOSAS PROPIAS MANS"
E RECUPERAMOS O CALENDARIO DO ANO PASADO PARA IR DESCUBRINDO UNHA SORPRESIÑA CADA DÍA. BO NADAL!!
- APIs de Blogue
UNS CONTOS DE MEDOOOO!!
DURANTE ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE SELECCIONAMOS UNHA SERIE DE LIBROS RELACIONADOS COA EMOCIÓN DO MEDO COS QUE FIXEMOS OS EMPRÉSTITOS DE AULA. ESTES SON ALGÚNS DOS TRABALLIÑOS QUE AGORA ATESOURAN OS NOSOS CADERNOS DE DANIEL. PRONTO ELEXIREMOS O LIBRO MÁIS TERRORÍFICOOOO!!!
XIANA: "CORRE, CORRE CABACIÑA" ALEJANDRO: "GATO GUILLE E OS MONSTROS"
UXÍA: "A CASA DA MIÑA AVOA" AMARO: "SACAPENAS"
- APIs de Blogue
OS "BOBBIES" INGLESES
OS POLICÍAS LOCAIS INGLESES CHÁMANSE BOBBIES, E CHÁMANSE ASÍ PORQUE O MINISTRO QUE FUNDOU ESTE CORPO CHAMÁBASE ROBERT. SE VISITAMOS LONDRES É MOI PROBABLE QUE OS ATOPEMOS DIRIXINDO O TRÁFICO E AXUDANDO AOS CIDADÁNS.
- APIs de Blogue
A PONTE DE LONDRES
CANDO DESCUBRIMOS O LONDON EYE TAMÉN DESCUBRIMOS O RÍO TÁMESIS E PREGUNTABÁMONOS COMO ATRAVESAR UN RÍO TAN GRANDE. NÓS AÍNDA ESTAMOS APRENDENDO A NADAR E CREMOS QUE A AUGA EN LONDRES DEBE ESTAR UN POUQUIÑO FRÍA, ASÍ QUE ADEMÁIS DO BARCO, AS PONTES PARÉCENNOS MOI ÚTEIS .
APROVEITAMOS PARA VER CALES SON AS PARTES DUN BARCO: BABOR, ESTRIBOR, POPA, PROA, CUBERTA, CAMAROTE, MÁSTIL, VELA... E A ÁNCORA. AMARO DEBUXOU UNHA NA PIZARRA CO SEU "SUPERTRUCO": DEBUXAS O FUCIÑO DUN CAN E... ABRACADABRA! AÍ TES UNHA ÁNCORA.
CONVERTER O NOSO PROPIO CORPO NUN BARCO (SABIADES QUE EXISTE UNHA POSTURA DE IOGA QUE SE CHAMA ASÍ?)
E FACER UNS BARQUIÑOS MOI SINXELOS DE PAPIROFLEXIA QUE... ATA FLOTABAN!
E ISTO RESULTOU MOI FÁCIL PORQUE A PONTE QUE CRUZA O TÁMESIS CHÁMASE: PONTE DE LONDRES... SEN MÁIS! ASÍ NON NOS ESQUENCEREMOS DO SEU NOME.
- APIs de Blogue
O PALACIO DE BUCKINGHAM
TODA RAÍÑA TEN UN PALACIO, ASÍ QUE CANDO NOS PRESENTARON Á SÚA ALTÍSIMA MAXESTADE NÓS TAMÉN NOS PREGUNTAMOS ONDE VIVÍA, COMO ERA O SEU PALACIO... E DESPOIS DE VER MILLEIROS DE FOTOS E VIDEOS... ASÍ É COMO O VIMOS NÓS
- APIs de Blogue