Escola de Abuin
OS BEEFEATERS
OS BEEFEATERS SON OS GARDAS DA TORRE DE LONDRES. "BEEFEATERS" SIGNIFICA: COMEDORES DE CARNE. CHÁMANSE ASÍ PORQUE ANTIGAMENTE NON HABÍA VACAS NA GRAN BRETAÑA, ENTÓN SÓ A FAMILIA REAL E OS GARDAS COMÍAN CARNE DE TERNEIRA. PARA CHEGAR A SER BEEFEATER PRIMEIRO HAI QUE SER DURANTE MOITOS ANOS GARDA REAL E AÍNDA QUE É UNHA PROFESIÓN NA QUE HAI CEN HOMES POR UNHA MULLER ATOPAMOS EN INTERNET ESTA FOTO DE MOIRA CAMERON, A PRIMEIRA MULLER BEEFEATER.
AGORA XA COÑECEMOS A TODOS OS GARDAS DA RAÍÑA:
- APIs de Blogue
A BANDEIRA DO REINO UNIDO E A SÚA RAÍÑA
XA SABEMOS QUE LONDRES É UNHA CIDADE DE INGLATERRA E QUE INGLATERRA, ESCOCIA, GALES E IRLANDA FORMAN PARTE DO REINO UNIDO. E AGORA XA COÑECEMOS A SÚA BANDEIRA QUE QUEDOU ASÍ DE BEN .
COÑECIMOS Á SÚA RAÍÑA, FÍXONOS MOITA GRAZA PORQUE CHÁMASE COMO A NOSA PROFE: ISABEL, ISABEL II DE INGLATERRA. IMAXINÁBAMOS UNHA RAÍÑA SEMPRE VESTIDA CON COROA E PELES DE ARMIÑO PERO RESULTA QUE VIMOS EN INTERNET QUE É UNHA VELLIÑA DO MÁIS NORMAL .
- APIs de Blogue
A GARDA REAL
VIMOS OS GARDAS DA RAÍÑA NO PALACIO DE BUCKINGHAM E NA TORRE BRANCA. O SEU TRABALLO É PROTEXER Á RAÍÑA. O SEU GORRO É DE PEL DE OSO E É MOI MOOOOI PESADO.
CANDO A RAÍÑA ISABEL II ENTRA NO SEU PALACIO, A BANDEIRA ESTÁ SOBRE O TELLADO E HAI CATRO GARDAS FRONTE AO PALACIO. CANDO A RAÍÑA NON ESTÁ, NON HAI BANDEIRA E SOAMENTE VEMOS DOUS GARDAS. NON É NADA DOADO SER GARDA DA RAÍÑA PORQUE PERMANECEN COMO ESTATUAS. PERO CADA DEZ MINUTOS PODEN CAMIÑAR UN POUCO. ÁS ONCE E MEDIA DA MAÑAN VEÑEN OUTROS GARDAS E CAMBIAN O POSTO NUN AUTÉNTICO DESFILE QUE SE COÑECE COMO O "CAMBIO DE GARDA".
- APIs de Blogue
MONSTROS DO MUNDO
CANDO ASISTIMOS Á SESIÓN DE ANIMACIÓN LECTORA Á BIBLIOTECA DE DANIEL UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI COÑECER AOS MONSTROS DO MUNDO. TANTO QUE DECIDIMOS TRAELOS Á NOSA ESCOLA. LEMBRAMOS OS SEUS NOMES, OS NOMES DOS LUGARES NOS QUE HABITAN (BUENO, HABITARÍAN PORQUE XA SABEREDES QUE OS MONSTROS NON EXISTEN!!!), COLOREAMOS DITOS LUGARES E DEBUXÁMOLOS COMO REALMENTE SON PORQUE AO FIN E AO CABO... SE NINGUÉN OS VIU... POR QUE SABEN QUE SON COMO SAEN NAS FOTOS?
GODZILLA
O CAN DO URCO
- APIs de Blogue
O OLLO DE LONDRES
CANDO A MESTRA ISA NOS ENSINOU FOTOS DA SÚA VIAXE A LONDRES CHAMOUNOS A ATENCIÓN UNHA ENORME NORIA Á CARÓN DO RÍO TÁMESIS QUE É O RÍO QUE PASA POR LONDRES.
ESTA NORIA COÑÉCESE COMO LONDON EYE (EN GALEGO, OLLO DE LONDRES) É XIGANTESCA (MIDE 135 METROS DE ALTURA) E FOI INAUGURADA NO ANO 2000, POR ISO TAMÉN SE COÑECE COMO A NORIA DO MILENIO. TEN CABINAS PECHADAS DE CRISTAL QUE SE MOVEN CON LENTITUDE; ASÍ PODE VERSE TODA A CIDADE. TAMÉN FUNCIONA DE NOITE. ESTÁ FEITA DE ACEIRO E CONTA CUN SISTEMA QUE IMPIDE QUE AS CABINAS SE BALANCEEN.
NON PERDADES DETALLE DO AUTOBÚS VERMELLO DE DOUS PISOS: ASÍ SON OS AUTOBUSES URBANOS EN LONDRES
- APIs de Blogue
A NOSA ESCOLA CONVERTEUSE NUN LABORATORIO
GUSTÁRONNOS TANTO OS EXPERIMENTOS QUE FIXEMOS CON LORENA NO OBRADOIRO DE PROXECTO HORIZONTE 2030 QUE QUIXEMOS REPETILOS NA NOSA ESCOLA.
FIXEMOS MESTURAS E OBSERVAMOS CÓMO A POVIDONA IODADA DILUIDA EN AUGA CAMBIA DE COR EN CONTACTO COA PATACA E VOLTAMOS A OBSERVAR O PESO DOS LÍQUIDOS BOTANDO NO MESMO RECIPIENTE AUGA, CARAMELO LÍQUIDO E ACEITE.
APROVEITAMOS TAMÉN QUE AMARO TROUXO Á ESCOLA UN LIMÓN UN POUCO RARO. EXPERIMENTAMOS COS SENTIDOS: VIMOS A SÚA COR, A FORMA, O PESO, O OLOR, O TACTO, O SABOR... ESTE FROITO COÑÉCESE XA DENDE OS TEMPOS DO IMPERIO ROMANO COMO A MAN DE BUDA, OU DEDOS DE BUDA.
COMEZOU A EMPREGARSE PARA FACER MEDICIÑAS ATA QUE DESCUBRIRON OUTROS USOS. NA ACTUALIDADE, EMPRÉGASE PARA A ELABORACIÓN DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES. NA COCIÑA CASE NON SE EMPREGA POIS A SÚA CARNE É ÁSPERA E MOI ÁCIDA. AÍNDA TEMOS UN ANACO NA ESCOLA, QUE AGORA ULE QUE ARRECENDE.
COMPROBAMOS A PERSISTENCIA DA VISIÓN. CANDO MIRAS FIXAMENTE ALGO E LOGO MIRAS CARA OUTRO LUGAR, O TEU CEREBRO LEMBRA A IMAXE ANTERIOR DURANTE UNHA FRACCIÓN DE SEGUNDO. CUNHAS TARXETIÑAS QUE TIÑAN NUNHA CARA UNHA GAIOLA E NA OUTRA UN PAXARO, XIRÁNDOAS RAPIDAMENTE CHEGAMOS A VER O PAXARO ENGAIOLADO. AS PELÍCULAS TAMÉN SE BASEAN NA "PERSISTENCIA DA VISIÓN", MAIS ESTAS AMOSAN MÁIS IMAXES NUN SEGUNDO, OFRECENDO UN EFECTO MOITO MÁIS NATURAL.
E O ÚLTIMO EXPERIMENTO FOI COMPROBAR A DIFICULTADE DE MONTAR UN CREBACABEZAS A CEGAS! SORPRENDENTE O DIFÍCIL QUE É.
APRENDIMOS MOITO E QUEDÁMONOS CON GANAS DE MÁIS!
- APIs de Blogue
OS NOSOS NOMES MONSTROSOS
OS NOSOS NOMES SUFRIRON UNHA TRANSFORMACIÓN TERRORÍFICA:
CONVIRTÍRONSE ENMONSTROOOOOOSSSSS!!!
- APIs de Blogue
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
CONMEMORAMOS ESTA DATA TAN SIGNIFICATIVA COA LECTURA DO CONTO "O LIBRO DOS PORCOS" PORQUE CONSIDERAMOS QUE É IMPORTANTE AMOSARLLES AOS NOSOS NENOS E NENAS QUE A VIOLENCIA NON SE MANIFESTA SÓ CON GOLPES OU INSULTOS, QUE HAI OUTRAS FORMAS DE VIOLENCIA ENMASCARADAS COMO PODEN SER OS MALOS XESTOS, OS BERROS, AS PALABRAS POUCO AMABLES QUE NON SEMPRE PODEN SER CONSIDERADAS COMO INSULTOS EN SI MESMAS... OS NENOS E NENAS DESTA ESCOLA FORON CAPACES DE RECOÑECER SEN DIFICULTADE QUE A FORMA NA QUE O SEÑOR PORCÓN E OS SEUS FILLOS PIDEN AS COUSAS Á NAI NON É A MÁIS AXEITADA, COMO NEGAN A COLABORACIÓN E NINGUNEAN Á NAI QUE NIN SEQUERA TEN UN NOME NO LIBRO! AGORA A SEÑORA PORCÓN CHÁMASE NATI (PORQUE NOS GUSTOU ).
COMPARAMOS AS TAREFAS QUE FACÍA A NAI ANTES E DESPOIS
E RECOLLIMOS O APRENDIDO NO LIBRO DE DANIEL.
COMPRENDIMOS A IMPORTANCIA DE FALARNOS BEN: SEN BERRAR E DICIRNOS UNS AOS OUTROS COUSAS BONITAS
E ASÍ CONSTRUÍMOS A NOSA ARAÑEIRA, UN TRABALLO DO NOSO EQUIPO, POIS SE UN A SOLTABA A ARAÑEIRA DESFACÍASE.
E XOGAMOS COAS EMOCIÓNS A POÑER CARA DE E ADIVIÑAR, AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS PARA QUE XOGUEDES CONNOSCO. TEÑO CARA DE....
- APIs de Blogue
E A EIRUGA LARPEIRA CONVERTEUSE NUNHA FERMOSA BOLBORETA!
FINALMENTE, AS NOSAS EIRUGAS LARPEIRAS CONVERTÍRONSE EN FERMOSAS BOLBORETAS QUE AGORA SOBREVOAN O TEITO DA NOSA ESCOLA...
E COLORÍN COLORADO... ESTE CONTO ESTÁ REMATADOOOO!!
- APIs de Blogue
CASTAÑAS ASADAS!!
CHEGOU O MAGOSTO E, COMO TODOS OS ANOS, REUNÍMONOS TODAS AS ESCOLAS PARA FACER UNHA GRAN RODA DE CANTIGAS E COMPARTIR XOGOS POPULARES: ZANCOS, OS CAMIÑOS, O TRAGACASTAÑAS, OS BIRLOS, A CORDA...
E, POR SUPOSTO, DEGUSTAR AS SABOROSAS CASTAÑAS E OUTROS DÓCES DE OUTONO ELABORADOS POLAS FAMILIAS COAS QUE COMPARTIMOS ESTA ENTRAÑABLE XORNADA.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »