Escola de Abuin

OS PARAUGAS DE MATT LAMB POLA PAZ

Este curso, as escolas do C.R.A. de Rianxo decidimos participar no

PROXECTO PARAUGAS DE MATT LAMB POLA PAZ.

Como xa os nenos e nenas das escolas ben saben, Matt Lamb foi un pintor americano de orixes irlandesas de coñecido prestixo (as súas obras chegaron a expoñerse de forma conxunta coas do xenio Dalí). Este pintor deuse a coñecer mundialmente cando no ano 2002 reuniu a un grupo de cativos no seu estudo-obradoiro de Nova York para pintar uns paraugas. Lamb tomou o paraugas como un símbolo no que os nenos e nenas podían debuxar na parte exterior: os seus desexos e inquedanzas... e na parte inferior: os medos, problemas... Estos cativos eran fillos de víctimas dos atentados do 11S e, máis tarde, expuxéronse nos outeiros do Capitolio. Lamb era un pacifista declarado que cría que a arte podía cambiar o mundo e tiña un soño: ver a dous inimigos pintando xuntos. Xa falecido (morreu no ano 2012) o seu proxecto continúa vivo e expandiuse a moitos países, sobrevivindo no espazo e no tempo.

Os nenos e nenas da Escola de Abuín pintamos varios paraugas, algúns libremente, outros dun xeito máis dirixido... pasámolo xenial!!  este que vos amosamos é o noso favorito: quixemos reflectir a historia de Wangari que tanto nos gusta, as árbores son as nosas mans... e tamén podedes ver a Wangari subida ao monte Kenia e os paxaros que voltaron para aniñar (que xa estaba a chegar a Candeloria Guiño)

 

CONTINUAMOS A FESTEXAR O DÍA DA PAZ

Seguimos a fextexar a PAZ e aquí vos deixamos unha nova imaxe: gustounos tanto a historia de "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ" que decidimos aproveitar que o temporal amainou un intre para plantar as nosas sementes que non foron outras que as nosas mensaxes de PAZ. 

GRAZAS ÁS FAMILIAS POR AXUDARNOS

A ESCOLLER AS MENSAXES E PREPARARNOS O TERREO!!!

DÍA DA PAZ

Moi cedo vai ser o Día da Paz, por iso, xa estamos a traballar arreo para festexalo AO GRANDE! Por iso, a hora do conto está sendo adicada a historias de Paz: "Negros e brancos", "Wangari y los árboles de la paz", "Seis hombres", "O homiño de papel"... Non falta nada para amosarvos algúns dos nosos traballiños, aínda que... LEMBRADE! tod@s podemos poñer da nosa parte para que o Día da Paz sexa todos os días Guiño

SEMANA DA FROITA

A pasada semana vimos de celebrar a primeira SEMANA DA FROITA e, por certo, di a mestra Isa que APROBAMOS CON NOTA!!! Menos mal que xa pronto ven outra! Risa

A MOCHILA VIAXEIRA COMEZA A SÚA VIAXE!

A mochila viaxeira das celebracións comezou a súa viaxe. Uxía e a súa familia van ser os primeiros en desfrutar dela. COMEZAMOSSSSS!

 

OS REIS CHEGARON A ABUÍN!!!

Despois dunhas merecidas vacacións voltamos ao traballo! 

Coas forzas renovadas e un pequeno empuxonciño... os Reis Magos deixáronnos unhas pequenas sorpresas! porque todo traballo ben feito TEN A SÚA RECOMPENSA Sorriso. MOITAS GRAZAS MAXESTADES! 

         

 

 

NADAL NA ESCOLA DE ABUÍN

A nosa escola impregnouse do ambiente navideño...

      

 

  

e, COMO COLOFÓN... ben certo éque non hai Nadal sen Noitevella e nós que somos uns festeiros tamén o tiñamos que celebrar, cun reloxo e un acio de uvas moi especiais, comemos as "uvas" e pasámolo xenial.

E xa no FESTICRA demostramos as nosas dotes de bailaríns RisaRisaRisa ao ritmo de

"EN NAVIDAD, TURRÓN Y MAZAPÁN".

O DÍA DA FAMILIA

        O pasado 15 de decembro celebramos 

O DÍA DA FAMILIA

e fixémolo cunha xornada de portas abertas nas que as familias puideron vir connosco á escola e compartir intres entrañables.

Degustamos unha rica merenda e axudáronnos a realizar unha das actividades previstas dentro do noso PROXECTO KEITH HARING: debuxar no vestíbulo da escola un mural coas nosas siluetas. Así de ben o pasamos e así de bonito nos quedou! pasámolo tan ben que pensamos repetir cedo a experiencia.

MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!! por estos momentos máxicos...Beso

 

    

 

OS NOSOS XACINTOS MEDRAN CON NÓS

 

Os nosos xacintos están a medrar a pasos AXIGANTADOOOOOOOOSSSS!!

 

O NOSO PROXECTO DE ARTE: KEITH HARING

COMEZAMOS A TRABALLAR NUN PROXECTO DE ARTE ADICADO AO GRAFITTERO KEITH HARING

XA SABEMOS ALGUNHAS COUSAS DA SÚA VIDA COMO POR EXEMPLO QUE DE PEQUENO A KEITH XA LLE GUSTABA MOITO DEBUXAR E INSPIRÁBASE NOS DEBUXOS ANIMADOS QUE VÍA NA TELEVISIÓN, AO IGUAL CA NÓOOOSsss!

ESTE ERA KEITH DE NENO. A QUEN SE VOS PARECE? A NÓS PARÉCESENOS AO NOSO AMIGO DANIEL Risa

ENCANTOUNOS DECORAR UNHA DAS SÚAS OBRAS COA NOSA CARA E A D@ NOS@ MELLOR AMIG@

      

 

Distribuir contido