Escola de Abuin

PROXECTO DE COLABORACIÓN LOCAL "ECO-MAR".

A CAIXA DOS SENTIDOS


 Xogamos a averiguar polo tacto os obxectos e produtos dun tesouro e identificar si eran de orixe mariño ou non. Así, vimos que o sal que empregamos para cociñar extráese da auga salgada, que as persoas tamén comemos algas, que con elas tamén se elaboran cremas para botar na pel e que se venden deshidratadas.


Os nosos amigos de Eco-mar tamén nos trouxeron unha lamprea conxelada. Agora sabemos que é un peixe que xa existía na época dos dinosaurios e que se alimenta do sangue doutros peixes (por iso lle chamamos "parásito"). Puidemos observar os seus ollos, branquias, boca, orificio senovial...


Contemplamos fotografías na PDI de xoias arqueolóxicas conservadas no fondo do mar (tesouros, fósiles, ámbar...).


Como curiosidade, descubrimos que no Pleistoceno a península ibérica estaba asolagada pola auga do mar e por iso aparecen restos mariños na meseta.


ADAPTACIÓN AO MEDIO


Desfrutamos dunha sesión sobre a adaptación ao medio dos animais mariños, ou sexa, a CAMUFLAXE.


E como o peixe Nemo nos veu visitar quixemos saber máis cousiñas del, pois Nemo é un peixe paiaso e a súa casa é unha anémona, mais como pican, nós non poderiamos achegarnos. Aos peixes paiasos non lles pican porque cando son pequenos frótanse contra elas e recóbrense dunha envoltura xelatinosa protectora.



Descubrimos que existen o peixe esponxa (incluso vimos, tocamos e ulimos unha natural...), o peixe pedra, como se camuflan os chopos na area... Ademáis, vimos distintas especies de cabaliños de mar, averiguamos que teñen a cola rizada para agarrarse ás algas e corais, como diferenciar o macho da femia, que é a única especie na que é o macho quen pon os ovos... e vimos fósiles de cabaliño e outra do peixe agulla e das súas crías.


 


Víctor ensinounos fotos do seu traballo no acuario, cos tiburóns, peixes paiaso, caranguexos castaña, peixes cirurxián... que comían, cando, como hai que prepararlles a comida, como limpan os acuarios, as formas de alimentalos... e vimos un fermoso video dun buzo nadando entre tiburóns e durmíndoos, pois acariciándolles a boca se relaxan. Chegamos á conclusión de que o rei da camuflaxe é o polbo e por iso estamos moi orgullosos do noso polbo Pucho.

“Victoria Subirana: A PEDAGOXÍA TRANSFORMADORA”.

No mes de novembro, a mestra Mª Isabel Rodríguez Rozas, titora da Escola de Abuín, asistiu a un curso presencial sobre “A Pedagoxía Transformadora” impartido por Vicki Subirana que tivo a súa continuidade nun curso virtual voluntario do mesmo nome. Este foi un curso de formación que tivo como obxectivo fundamental formar a mestres, educadores e profesionais relacionados co mundo da infancia e da educación en xeral (psicólogos, psicopedagogos, educadores sociais, titores de menores…), incluíndo a formación de adultos e a orientación de pais na metodoloxía da PEDAGOXÍA TRANSFORMADORA.

 

QUE É A PEDAGOXÍA TRANSFORMADORA?

Nun principio, a implementación da Pedagoxía Transformadora levouse a cabo no Nepal, educando a nenos e nenas dos estratos sociais máis desfavorecidos do país. Despois de vinte anos de éxito, e debido ás deficiencias nas ensinanzas tradicionais claramente orientadas á competitividade, este método está sendo solicitado a nivel nacional e internacional, porque é capaz de dar saída ás necesidades do século XXI que, ademáis de apostar por materias académicas de tipo técnico-científico, defende o ensino de valores, virtudes, a formación do carácter e a relación entre as persoas, a través dunha materia integrada no currículo denominada “Madurez Mental”.

 

QUEN É VICKI SUBIRANA?

         Victoria Subirana, máis coñecida como Vicki Sherpa, é unha mestra catalana que traballa dende hai máis de 20 anos no Nepal; na actualidade implementa, en colaboración co Ministerio de Educación nepalí un proxecto educativo baseado nos seus propios métodos pedagóxicos que ela mesma, decidiu chamar “A Pedagoxía Transformadora”. É a fundadora da ONG “Fundación EduQual”. Vicki Sherpa ve aumentada a súa sona coa publicación dun libro biográfico: “Una maestra en Katmandú” e a súa inquedante vida inspirou a película “Katmandú, un espejo en el cielo” dirixida por Icíar Bollaín.

 

 

 

http://www.mujeresviajeras.com/vicky-sherpa-entregada-a-los-ninos-de-nepal/

 

http://mujeresimprescindibles.blogspot.com.es/2012/03/victoria-subirana-vicki-sherpa-por.html

 

Enlace á Fundación EduQual – Educación de calidad para todos: http://vickysherpa.org/

 

 

  

Un espejo en el cielo: documental http://www.youtube.com/watch?v=n0QguhPii6o

 

Noticias: La UNED en Nepal (breve intervención de Vicky) http://www.youtube.com/watch?v=iROUyvp74Sc

 

 

AMARO E OS MUÍÑOS

Amaro e a súa familia emprenderon unha excursión aos muíños:


visitaron o parque eólico do Xiabre, o muíño da Devesa dos Mouchos e os muíños de vento en Catoira


e trouxéronnos estas fermosas instantáneas. 





 

IAGO VISITOU OS MUÍÑOS DE VENTO E OS MUÍÑOS DE MAREA.

IAGO FOI DE EXCURSIÓN E TRÓUXONOS "IMAXES ENERXÉTICAS":


Iago visitou os muíños de vento en O Ézaro (e a súa cascada) e tamén os muíños de marea "Pozo de Cachón" en Muros. Os muíños de marea de "Pozo de Cachón" están reunidos nun único edificio que, en ocasións, alberga obradoiros e exposicións. Estos muíños aproveitaban a forza coa que as mareas enviaban a auga para producir enerxía para a moenda. Foi rehabilitado e dende o interior do edificio aínda pode verse a maquinaria para a moenda.



Parque eólico do Ézaro


 



Muíños de marea en Muros

O XIRASOL DE PAULA

Un día, a mestra Isa púxolle unha tarefa a Paula para realizar na casa coa axuda da súa familia. Tiña que pensar en lugares, instrumentos, obxectos... calquera cousa que contribuíra ao aforro enerxético, fotografialos e escreber un comentario no libriño "AFORRAMOS ENERXÍA". Como xa falaramos de moitas cousas na escola (paneis solares, muíños, calcetíns de vento...) ía ser moi difícil non repetir, mais coa axuda da súa familia e, despois de moito reflexionar, Paula lembrouse do xirasol, SÍ! SÍÍÍÍ! UN XIRASOL! que cousa tan sinxela!. Sabedes que o xirasol é unha enerxía renovable de tipo temporal? co aceite de xirasol fabrícase combustible biodiesel, xabón, candeas, aceite de cociñar...


 

NOEL E A SÚA FAMILIA FIXERON UN ROTEIRO ECOLÓXICO.

Noel e a súa familia fixeron unha pequena excursión para visitar o muíño e o panel solar de Burés. Aínda que o muíño está en desuso, grazas ás imaxes puidemos entender o seu funcionamento e a súa importancia e axuda nas actividades cotiás (antigamente, os veciños levaban os cereais ao muíño para moelos) e comentamos a importancia dos paneis solares pois aportan enerxía para realizar actividades tan cotiás coma encender a luz.

SEMANA DO PROTAGONISTA

AMARO CUMPRIU 4 ANOS!!! QUE MAIOR!!!


Durante toda a semana foi o protagonista: compartiu connosco fotografías, xoguetes..., fixo as lábores de encargado e, axudado pola súa familia, traballou arreo confeccionando o seu libro, que agora xa forma parte da nosa biblioteca de aula.


O mesmo día do seu aniversario, Amaro compartiu connosco un rico biscoito do que demos boa conta e recibimos a visita dos seus papás, ós que queremos agradecer o bo rato que nos fixeron pasar contándonos as historias da familia. Amaro estaba encantado e é que...


ASÍ DA GUSTO CUMPRIR ANOS!!!




A FADA DOS DENTES


A fada dos dentes cólase polas noites nas casas para deixar debaixo da almofada unha moeda a cambio dun dente. Este cambio de cartos por dentes ven dos vikingos, eles crían que posuir unha parte d corpo dun neno traía sorte na batalla.


O RECUNCHO DO TEMPO PASADO

No vestíbulo da nosa escola temos o recuncho do tempo pasado, nel fomos engadindo, ademáis dalgúns dos nosos traballos, todo o material que atopamos nas nosas casas e que está dando lugar a riquísimas actividades e experiencias, aquí van unhas fotiños e, xa sabedes, estades convidados a visitalo. 


 



 

A MOCHILA VIAXEIRA COMEZA O SEU PERIPLO...

As mochilas viaxeiras comezan o seu periplo no que visitarán os fogares do alumnado. Nen@s e familias desfrutarán de contos, álbums, música e algunha peli relacionados co proxecto sobre o que estamos a traballar: "A arqueoloxía: na procura das orixes". Agardamos con impaciencia o seu regreso para ver o que nos descubre o petróglifo-caderno viaxeiro...


ATA ENTÓN, DESFRUTADE FAMILIAS!!!


 


      

Distribuir contido