Escola de Abuin

AXUDAMOS AO CAPITÁN PLANETA NA SÚA NOVA MISIÓN

O NOSO AMIGO O CAPITÁN PLANETA PEDIUNOS AXUDA PARA AFORRAR NA FACTURA DA LUZ. APRENDEMOS MOITAS COUSAS, ENUMERAMOS COUSAS FUNCIONAN CON ELECTRICIDADE, APRENDIMOS QUE NON É GRATIS, SENÓN QUE HAI QUE MERCALA... E ESTIVEMOS A PENSAR E A PRACTICAR PARA GASTAR SÓ A LUZ NECESARIA. FIXEMOS UN TREN E VIAXAMOS POLOS DISTINTOS ESPAZOS DA ESCOLA FACENDO UN XOGO: O MAQUINISTA PRENDÍA A LUZ E O ÚLTIMO VAGÓN TIÑA QUE APAGALA, FIXÁMONOS EN LUSCO E AS SÚAS RECOMENDACIÓNS E PUXEMOS UN CARTEL NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE PARA LEMBRAR APAGAR AS LUCES.

 

LIMOS A CARTA QUE NOS ENVIOU O CAPITÁN PLANETA

 

       

 

FIXÁMONOS NAS RECOMENDACIÓNS DE LUSCO DO CURSO PASADO.

 

 

COLOCAMOS CARTEIS PARA LEMBRARNOS.

AXUDAMOS AO CAPITÁN PLANETA A CLASIFICAR O LIXO

Ola Capitán Planeta! Estivemos a pensar como podiamos axudarche a clasificar o lixo e ocorréusenos este sistema... por certo, que saibas que tamén nos serviu de axuda a nós, que somos un pouco despistados e ás veces tamén se nos esquencen.

Bicos!! BesoBesoBesoBesoBesoBesoBeso Os nenos e nenas da Escola de Abuín.

 

            

 

E O VENRES... POR FIN CHEGOU... O NOSO DESFILE!!!

E ASÍ, CHEGOU O VENRES...

e os paxariños noivos e as paxariñas noivas da Candeloria abandoamos os niños por uns intres e

xuntámonos cos compañeir@s doutras escolas para desfrutar dun grande desfile!

XOVES VIÑEMOS DISFRAZADOS.

O XOVES NON VIMOS Á ESCOLA, MANDAMOS VIR NO NOSO LUGAR A DORAEMON, PIRATAS, TRASNOS, LEÓNS DE CIRCO, BOLBORETAS, CORSARIAS... Mirade QUE GUAP@S!!!

 

E CHEGOU O MÉRCORES DE ENTROIDO.

TORIBIÑO MANDOU:

MÉRCORES NA CABEZA FLORES TES QUE COLOCAR,

SE UN MAIO QUERES SEMELLAR.

 

 

E NÓS VIÑEMOS ASÍ DE GUAP@S.

 

 

e para a casiña levamos uns fermosos antefaces

E CHEGOU O MARTES DE ENTROIDO

TORIBIÑO MANDOU:

MARTES SE Á ESCOLA QUERES ENTRAR...

CON ALGO DE NADAL TES QUE TE ADORNAR.

 

E NÓS QUE SOMOS GUIADIÑOS...

 

 

 

E COMO NON É ENTROIDO SEN MAQUILLAXE...

 

 

 

CONVERTÍMONOS EN PIRATAS, BOLBORETAS, INDIOS...

BAILA BAILA, COA TÚA CARAUTA...

Estamos a aprender as cancións do Entroido e como di a nosa favorita

"BAILA BAILA, COA TÚA CARAUTA..."

   

AS NOSAS CAIXAS DOS TESOUROS

O día que a mestra Isa nos ensinou a súa caixa de tesouros, foi tal a expectación que decidimos que tamén queriamos ter unha caixa dos tesouros propia; pero unha caixa de tesouros non se merca en ningunha tenda, senón que se vai enchendo con pequenos obxectos que nos traen lembranzas e nos transportan a momentos máxicos. Aquí están as nosas para comezar a enchelas... Algún día as compartiremos con vós porque... para que serve unha caixa de tesouros se non é para compartila cos demáis?

RECIBIMOS A CONVIDACIÓN DE DANIEL PARA ASISTIR Á SESIÓN DE BIBLIOTECA E MÚSICA

Recibimos unha carta do noso amigo Daniel, nela convídanos a visitalo na biblioteca da sede o mércores 26 de febreiro. Ese día imos coñecer ao seu amigo misterioso... disque é un home de paz... E o mestre Rubén ofrecerános unha das súas sesións de música maxistrais... MENOS MAL QUE XA NON QUEDA NADA PORQUE... ESTAMOS ANSIOSOOOOOS!!! 

 

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

O DÍA 24 DE FEBREIRO CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA, ADEMÁIS DE PINTAR O RETRATO DE ROSALÍA QUIXEMOS MANTER A TRADICIÓN DESTA DATA: AGASALLAR CUN LIBRIÑO EN GALEGO E UNHA FLOR. 

Distribuir contido