Escola de Abuin
A NOSA ESCOLA MEDRA
INICIAMOS UN NOVO CURSO MOI LEDOS E LEDAS PORQUE ESTE ANO A NOSA ESCOLA MEDROU...
MEDRAMOS NÓS: HUGO, AMARO, UXÍA, SERGIO, FÁTIMA, ALEJANDRO E JOEL,
QUE XA TEMOS UN ANIÑO MÁIS, MEDRARON TAMÉN OS NOSOS SOÑOS E ILUSIÓNS...
E ADEMÁIS TEMOS UNHA NOVA COMPAÑEIRA;
ASÍ, IMOS DESFRUTAR ESTE NOVO CURSO DA COMPAÑIA E DO SORRISO DE
XIANA!
- APIs de Blogue
CELEBRAMOS O DÍA DA CAMISETA
POR CASUALIDADE, SEN QUERER, DECATÁMONOS DE QUE AS NOSAS CAMISETAS TEÑEN LETRAS, ESAS LETRAS FORMAN PALABRAS E AS PALABRAS FRASES... TEMOS CAMISETAS FALADORAS!! CÓNTANNOS COUSAS, FALAN DE NÓS, DAS COUSAS QUE NOS INTERESAN E NOS GUSTAN,... FALAN DISTINTAS LÍNGUAS, ALGUNHAS... ATA FALAN EN INGLÉS!!
POR ISO DECIDIMOS CELEBRAR O DÍA DA CAMISETA, XOGAMOS COAS LETRAS E COAS PALABRAS...
APRENDIMOS MOITO E PASÁMOLO XENIAL!!
AGORA... SEMPRE TEMOS QUE LER O QUE DIN AS CAMISETAS!
- APIs de Blogue
SESIÓN DE BIBLIOTECA DO TERCEIRO TRIMESTRE
XUNTO COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO RESTO DAS ESCOLAS DO C.R.A. ACHEGÁMONOS Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "CASTELAO" ONDE SOFÍA (A BIBLIOTECARIA) ATENDEUNOS MOI AMABLEMENTE (COMA SEMPRE), ENSINOUNOS ASPECTOS DE FORMACIÓN DE USUARIOS E LEUNOS UN CONTO.
DESPOIS, DESPRAZÁMONOS ATA O AUDITORIO DE RIANXO PARA CONTEMPLAR A EXPOSICIÓN DE PARAUGAS DE LAMB POLA PAZ. FOI MOI DIVERTIDO BUSCAR OS NOSOS PARAUGAS.
E, POR ÚLTIMO, TERO, JOSÉ E HELENA DELEITÁRONNOS COA SESIÓN DE CONTACONTOS "GUÁ!". SEN DÚBIDA UNHA MAÑÁ CHEA DE EMOCIÓNS...
- APIs de Blogue
XOGAMOS COS PUZZLES DAS EMOCIÓNS
XA PODEMOS XOGAR COS NOSOS CREBACABEZAS DAS EMOCIÓNS
QUE NÓS MESMOS CONFECCIONAMOS!!!
- APIs de Blogue
"LA PRIMAVERA HA VENIDO... Y NADIE SABE CÓMO HA SIDO"
CHEGOU A PRIMAVERA E ASÍ DE FERMOSO LOCE O NOSO PATIO...
OS NOSOS IRIS E NARCISOS
AS NOSAS AZALEAS
O NOSO PEQUENO XARDÍN ORNAMENTAL
A NOSA HORTENSIA E O XERANIO
- APIs de Blogue
PROXECTO KEITH HARING
SEGUIMOS A TRABALLAR ARREDOR DA FIGURA E OBRA DO NOSO AMIGO KEITH. ESTA VEZ COLOREAMOS A SÚA OBRA "BAILANDO COS GOLFIÑOS" E TRABALLAMOS CO SEU CAN VERMELLO DECORÁNDOO PARA DISTINGUIR FONDO E FORMA. TRABALLAMOS POR PARELLAS E PROBAMOS A PINTAR CON SPRAY E... SABEDES? É MOOOOOOOI DIFÍCIL!!
- APIs de Blogue
EXPERIMENTAMOS CUNHA FROITA NOVA
MOTIVO DA ÚLTIMA SEMANA DA FROITA DO CURSO EXPERIMENTAMOS CUNHA FROITA ATA AGORA DESCOÑECIDA PARA NÓS: O AGUACATE.
CHÁMASE ASÍ A ÁRBORE E O FROITO: AGUACATE. E DISE IGUAL EN GALEGO E EN CASTELÁN.
TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VELO MOI DE PRETO, TOCALO, ULILO E PROBALO. AÍNDA QUE NON NOS GUSTOU DEMASIADO .
ABRÍMOLO E DESCUBRIMOS A SÚA SEMENTE E ESTAMOS A FACER UN EXPERIMENTO, DEIXÁMOLO EN AUGA E ESTAMOS AGARDANDO A VER SE XERMINA... ENCANTARÍANOS TER UN AGUACATE NO NOSO PATIO!!
- APIs de Blogue
CELEBRAMOS A SESIÓN DE BIBLIOTECA "O HOMIÑO DE PAPEL"
VISITAMOS A BIBLIOTECA CENTRAL DA SEDE PARA ASISTIR Á SESIÓN DE CONTACONTOS
"O HOMIÑO DE PAPEL"
E Á SESIÓN DE MÚSICA IMPARTIDA POLO MESTRE RUBÉN QUE XIROU ARREDOR DO
"HIMNO DA ALEGRÍA".
GRAZAS ÓS MESTRES ÁLEX E RUBÉN E Á MESTRA MARI CARMEN!!!
- APIs de Blogue
A MOCHILA VIAXEIRA CONTINÚA O SEU PERIPLO!!
A MOCHILA VIAXEIRA CONTINÚA A VIAXE FACENDO AS DELICIAS DOS NENOS E DAS SÚAS FAMILIAS. AMARO E JOEL XA PUIDERON DESFRUTAR DO SEU CONTIDO E A ACTIVIDADE ESTÁ A SER MOI BEN ACEPTADA POLOS NENOS E POLAS SÚAS FAMILIAS. PROXIMAMENTE ENSINARÉMOSVOS ALGÚN DOS NOSOS TRABALLOS...
JOEL E AMARO COA MOCHILA VIAXEIRA
- APIs de Blogue
TRABALLAMOS NO HORTO
APROVEITANDO O BO TEMPO, TRABALLAMOS NO HORTO E FIXÉMOLO
PLANTANDO ALLOS E VERNIZANDO A VALLA CON ACEITE DE LINAZA.
SERGIO E HUGO PLANTANDO OS SEUS ALLOS.
PROTEXEMOS A VALLA
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »