Escola de Abuin

O CADERNO DE DANIEL

UXÍA, AMARO, JOEL, ALEJANDRO, SERGIO, HUGO, FÁTIMA E XIANA ESTAMOS MOI ILUSIONADOS PORQUE RECIBIMOS UNHA CARTA DO NOSO AMIGO DANIEL: O MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO ESTAMOS CONVIDADOS A VISITAR A BIBLIOTECA DOS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL PARA COÑECER NADA MÁIS E NADA MENOS QUE A UN DOMADOR DE MONSTROS!! ADEMÁIS DANIEL DEIXOUNOS UN CADERNO NOVO PARA ENCHELO DE SOÑOS E AVENTURAS QUE DECORAMOS BEN BONITOS!! 

 

                        

 

 

A PEQUENA EIRUGA GLOTONA

ESTOS PRIMEIROS DÍAS ESTIVEMOS A TRABALLAR O CONTO DA PEQUENA EIRUGA GLOTONA, REPASAMOS ASÍ OS DÍAS DA SEMANA E OS NÚMEROS Á VEZ QUE TRABALLAMOS A MEMORIA. ESTE CONTIÑO DEUNOS PARA MOITO: FIXEMOS O NOSO PROPIO CONTO QUE LEVAMOS Á CASA, UN EXEMPLAR FORMA PARTE AGORA DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA. ELABORAMOS AS NOSAS EIRUGAS CON DISTINTOS MATERIAIS: DE PAPEL, CON MATERIAL DE REFUGALLO...

                 

                     

HALLOWEEN

EN LONDRES NON CELEBRAN O SAMAÍN, PERO CELEBRAN UNHA FESTA QUE SE CHAMA HALLOWEEN!!

O HALLOWEEN TEN SEMELLANZAS E DIFERENZAS CO NOSO SAMAÍN E ESTOS DÍAS ESTAMOS A DESCUBRILAS. 

A NOSA ESCOLA ESTÁ A ENCHERSE DE MONSTROS... VÍMONOS INVADIDOS POR UNS MONSTROS QUE TEÑEN A FORMA DAS NOSAS INICIAIS: PASÁMOLO MOI BEN DESCUBRINDOOS, POIS ESTÁN AGOCHADOS POR TODA A ESCOLA!!

TAMÉN FIXEMOS UNHAS CARAUTAS MONSTRUOSAS, UNHAS ARAÑAS E UNS MORCEGUIÑOS COS QUE ATERRORIZAR A TODO AQUEL QUE NOS VISITE

                         

 

 

   

 E, POR ÚLTIMO... FIXEMOS A NOSA EXPOSICIÓN DE CONTOS COS QUE O IMOS PASAR... DE MEDOOO!!!

 

A TORRE DE LONDRES

COMEZAMOS A VISITA A LONDRES POR UN DOS SEUS MONUMENTOS MÁIS EMBLEMÁTICOS: A TORRE DE LONDRES.

 

A TORRE DE LONDRES ESTÁ SITUADA Á BEIRA DO RÍO TÁMESIS E TAMÉN É COÑECIDA COMO A TORRE DO TERROR.

FOI CONSTRUÍDA PARA RECLUIR NELA A TODO AQUEL QUE OFENDÍA AO REI; ALÍ PERMANECERON PRESOS PERSONAXES COMO ANA BOLENA OU TOMÁS MORO.

DENTRO DA TORRE ESTÁN CUSTODIADAS AS XOIAS DA COROA E TAMÉN PODEMOS VER A TORRE BRANCA, O PALACIO MEDIEVAL, A CAPELA REAL... E OS CORVOS!!!

                              

CONTA A LENDA QUE O DÍA QUE OS CORVOS DESAPAREZAN A TORRE CAERÁ E CON ELA A MONARQUÍA, POR ESTE MOTIVO, OS GARDAS REAIS CORTAN UNHA DAS ÁS DOS CORVOS COA FIN DE QUE NON POIDAN VOAR MOI LONXE.

FIXEMOS UNHAS COROAS E DRAMATIZAMOS ESTA COÑECIDA LENDA.

E ASÍ O DEBUXAMOS...

 

O RECUNCHO DOS AVENTUREIROS

ESTE CURSO NÓS MESMOS IMOS REXISTRAR OS EMPRÉSTITOS E FARÉMOLO CUN SINXELO CADRO DE DOBRE ENTRADA

 

TAMÉN E CADA VEZ QUE LEVEMOS UN LIBRO EMPRESTADO IMOS POÑER UN GOMET NA NOSA PLANTA COMO SÍMBOLO DE QUE MEDRA, OS LIBROS AXÚDANNOS A MEDRAR E AQUÍ ESTÁ A PROBA 

 

                                                      

OS NÚMEROS

BUSCANDO UNHA NOVA CANCIÓN PARA A ASEMBLEA ATOPAMOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA QUE SE TITULA ASÍ: OS NÚMEROS. APRENDIMOS A LETRA AXUDADOS POR PICTOGRAMAS E AQUÍ ESTÁ O NOSO TRABALLIÑO! AGORA LEVARÉMOLO PARA A CASA E ENSINARÉMOSLLES AOS PAPIS A CANTALA Risa

                                                             

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 DE OUTUBRO CONMEMORAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA. APROVEITANDO QUE ESTE CURSO A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES ADOPTOU O LEMA BIBLIOTECA ESCOLAR.... MATEMÁTICO!!! ORGANIZAMOS COS LIBROS DO NOSO RECUNCHO DOS AVENTUREIROS UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO DA ESCOLA. PUXEMOS Á VISTA OS LIBROS RELACIONADOS COA LÓXICA-MATEMÁTICA E CON ELES FIXEMOS OS EMPRÉSTITOS ESTAS SEMANAS ANTERIORES. TAMÉN PUXEMOS NO TABOLEIRO DA ESCOLA UNHA VIÑETA DA XENIAL MAFALDA PARA REFLEXIONAR SOBRE O PAPEL DA BIBLIOTECA NA NOSA SOCIEDADE.

ESTAMOS A TRABALLAR CON OUTROS MATERIAIS PARA HOMENAXAR A MAFALDA E A QUINO QUE XA VOS ENSINAREMOS MÁIS ADIANTE Guiño

COMEZAMOS A VOLTA AO MUNDO

HAI UNS DÍAS APARECEU ENRIBA DA MESA DA PROFE A FOTO DUN PERSONAXE QUE NOS DEIXOU MOI INTRIGADOS:

 

A SIMPLE VISTA DEDUCIMOS QUE ERA UN LEÓN POSTO QUE TIÑA COLA DE LEÓN, ORELLAS E MELENA DE LEÓN... 

PENSAMOS QUE, POR COMO ÍA VESTIDO, PODÍA TRATARSE DUN MAGO OU DUN DIRECTOR DE ORQUESTRA...

E FINALMENTE DECIDIMOS FACER UNHA BÚSQUEDA COA AXUDA DE GOOGLE E

A QUE NON SABEDES O QUE DESCUBRIMOS?

TRÁTASE DUN CABALEIRO INGLÉS CHAMADO WILLY FOG,

FAMOSO NO MUNDO ENTEIRO POR INTENTAR DAR A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS!!!

FIXEMOS A WILLY COA PLASTI E AQUÍ ESTÁ...

PENSAMOS QUE SERÍA MOI DIVERTIDO ACOMPAÑAR A WILLY PERO ANTES

FALAMOS DE TODO O QUE XA SABIAMOS DO MUNDO E DO QUE NOS GUSTARÍA APRENDER... 

 

ENCANTOUNOS A CANCIÓN DE WILLY FOG!! E COMO WILLY É UN GENTLEMAN INGLÉS QUE VIVE EN LONDRES, IMOS COMEZAR A INVESTIGAR SOBRE ESTA CIDADE. ACOMPAÑÁDENOS NA NOSA VIAXE, PASARÉMOLO XENIAL E APRENDEREMOS MOOOOITAS COUSAS!!

A NOSA MOCHILA VIAXEIRA COMEZA O SEU PERIPLO

A NOSA MOCHILA VIAXEIRA COMEZOU O SEU PERIPLO CARGADIÑA DE CONTOS DO MUNDO, UN XOGO DE MEMORIA DE MONSTROS DE HALLOWEEN, UN POUQUIÑO DA PAPIROFLEXIA QUE TANTO NOS GUSTA, ALGUNHAS CANTIGAS TRADICIONAIS EUROPEAS, A PELÍCULA DE "O CHEPUDO DE NOTREDAMME", UN ATLAS INFANTIL E ATA UN CONTO EN ITALIANO!!!

A PRIMEIRA AFORTUNADA EN RECIBIR A SÚA VISITA VAI SER FÁTIMA,

AGARDAMOS QUE O DESFRUTE E LLE SAQUE MOI BO PROVEITO!

                                                        

AMARO E O PANAL DE MEL

HAI UNS DÍAS AMARO TRÓUXONOS UNHA SORPRESA: UN ANAQUIÑO DUN DOS PANAIS DE MEL QUE SACOU DUNHA DAS COLMEAS DA SÚA CASA. FOI UNHA GRATA SORPRESA QUE NOS PERMITIU: ULIR O MEL, TOCALO, PROBALO E LEMBRAR O APRENDIDO O CURSO PASADO EN RELACIÓN ÁS ABELLAS. AQUÍ TEDES UNHAS IMAXES DO FELIZ MOMENTO...

                                                       

Distribuir contido