Escola de Abuin

TORIBIÑO MANDA... E NÓS VIMOS DE MAGOSTO!!!

ESTE LUNS DA COR DAS CASTAÑAS TES QUE VESTIRTE... 

PARA CO MAGOSTO NA ESCOLA DIVERTIRTE.

 

ASÍ O FIXEMOS!

CONSTRUÍMOS O NOSO TORIBIÑO

ESTE ANO, ENCARGÁMONOS DE CONSTRUÍR O NOSO TORIBIÑO, ASÍ ESTÁ AO GUSTO DE TOD@S: puxémoslle as nosas roupas máis elegantes e construímos a súa cabeza e unha cara moi simpática... NON LLE FALTA DE NADA!! quedounos ben "choqueiro" e agora... A MANDAR! 

                

 

CELEBRAMOS O DÍA DA LÍNGUA MATERNA

Celebramos o Día da Língua Materna (21 de febreiro) e fixémolo elaborando unha fermosa grilanda con bandeirolas de papel de xornal nas que escribimos aquela palabra que para cada un de nós era a máis bonita: sol, nube, flor, bolboreta, amor, bico, corazón... así de fermosa loce no noso vestíbulo!

 

        

PLANTAMOS ALLOS

Descubrimos que os allos son mooooi semellantes aos bulbos que xa plantaramos e decidímonos a plantalos, iso sí! antes puidemos exploralos mediante os sentidos: pelámolos e vimos a súa cor, tocámolos (algún xa notou o picorciño jeje), ulímolos e os máis valentes... degustámolos!!! Agardaremos a ver que medra... QUE NERVIOSSS!!! 

EXCURSIÓN AO AUDITORIO DE GALICIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "PEDRO E O LOBO"

O pasado xoves 20 de febreiro viaxamos ata o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para asistir á representación da obra "Pedro e o lobo" interpretada pola Real Filharmonía de Galicia e pola compañía de monicreques "Per Poc".

Fomos espectadores de primeira fila e PASÁMOLO XENIAL!!!

DESCUBRIMOS QUEN É O CAPITÁN PLANETA

Como non sabiamos quen era o Capitán Planeta estivemos a ver un dos seus capítulos e... sabedes unha cousa? ENCANTOUNOS!!! Beso agora xa o coñecemos un pouco máis e será un pracer axudalo nas misións que nos propoña. Así o vimos...

 

 

... E COMO POR ARTE DE MAXIA... OS NOSOS DESEXOS DE PAZ VAN MEDRANDO...

Os nosos desexos de paz van medrando, será porque os "regamos" cada día... Sorriso

DÍA DAS MANS VERMELLAS

Hoxe, 12 de febreiro, celébrase o DÍA DAS MANS VERMELLAS. Desde o ano 2002, a man vermella é o símbolo proposto polas Nacións Unidas para denunciar a utilización de nenos soldado. O conto "A pomba Dona Paz", lembrounos que hai nenos e nenas no mundo que non teñen o básico para vivir: un fogar, comida, educación... tampouco sabíamos que existían os nenos soldado e coa nosa man vermella plasmada nun globo branco quixemos amosar o noso rexeitamento.

FESTEXAMOS A CANDELORIA

Aínda que este ano o Día da Candeloria cadrou a domingo, isto non foi excusa para esquecernos del, por isto, durante esta semana aprendemos unha morea de cousas (e... non llo digades a ninguén pero... os papás e mamás tamén... que os maiores TAMPOUCO O SABEN TODO!). 

Comezamos a semana preparando uns sinxelos comedeiros para os paxaros que están a punto de chegar para aniñar nos nosos hortos e no patio do cole.

  

Tamén adornamos unhas candeas con cunhas (da nosa veciña e querida Praia das Cunchas) e con sal de cores. Levámolas para a casa para prendelas e espantar aos espíritos...

A nosa escola loce ben bonita cos nosos ART-CRAFTS dos paxariños noivos porque, como agora ben sabemos, "A PARTIR DA CANDELORIA, NINGUNHA AVE VOA SOA".

E aínda non rematamos... xa vos amosaremos novas sorpresiñas! Guiño

SUBSTANTIVANDO A KEITH

Estos días tampouco nos esquecemos do noso amigo Keith. Keith tamén era un grande pacifista e esta vez decidimos poñerlle nome a un dos seus debuxos. Este foi o resultado... interesante, non si?

 

Distribuir contido