Escola de Abuin

CADA PINGA CONTA!

Un ano máis, elaboramos a secuencia fotográfica do lavado de mans que agora loce fermosa na parede do noso baño, para non esquencer que...


CADA PINGA CONTA!!!



 


 

A SEMANA DO PROTAGONISTA

Na Escola de Abuín quixemos inaugurar o novo ano co proxecto da SEMANA DO PROTAGONISTA. Iago estaba de aniversario e quixemos celebralo adicándolle toda unha semana de tarefas e experiencias. Así, Iago trouxo do seu fogar fotografías da súa aínda curta vida (cumpriu SEIS ANOS!!!), os seus xoguetes e libros favoritos... e os compartiu connosco colocándoos no recuncho do protagonista da semana. Iago obtivo uns "privilexios", como ler o conto, ser o capitán...Tamén durante a semana elaboramos tamén un fermoso libro: O LIBRO DE IAGO, que agora forma parte da nosa biblio de aula.


Agradecemos tamén a visita dos seus papis: Fran e Ana, que nos deleitaron con anécdotas curiosas e divertidas e nos trouxeron un fermoso vídeo que elaboraron especialmente para a actividade.


Agardamos con impaciencia a VINDEIRA SEMANA DO PROTAGONISTA!!!



MATERIAL IMPRESO EDUCACIÓN PRIMARIA - CURSO 2012/2013

1º NIVEL

- Matemáticas 1 Proyecto "Los caminos del saber". Ed. Santillana 2011

ISBN: 978-84-294-9124-1

- Música 1. Ed. Anaya 2011

ISBN: 978-84-678-0001-2

- Inglés FIND OUT 1, PUPILS BOOK. Ed. MACMILLAN

ISBN: 978-1-4050-7816-0

 

2º NIVEL

- Matemáticas 2 Proyecto "Los caminos del saber". Ed. Santillana 2011

ISBN: 978-84-294-9670-3

- Música 2. Ed. Anaya 2011

ISBN: 978-84-678-0003-6

- Inglés FIND OUT 2, PUPILS BOOK. Ed. MACMILLAN

ISBN: 978-1-4050-7826-9

 

RECIBIMOS A VISITA DOS BOMBEIROS

Un día chegou á nosa escola unha caixa que contiña un obxecto misterioso...

 


 

durante días estivemos atarefados en averiguar de que se trataba... ata que un día Paula dixo no faladoiro unha frase que nos iluminou: "O LUME QUEIMA"...

entón decatámonos: era un CASCO DE BOMBEIROOO!!... todos puidemos probalo, ulilo, comprobar o seu peso...

 

ATA FIXEMOS UNHA DAS NOSAS POESÍAS VISUAIS...

 

E... FINALMENTE, POR SORPRESA! CHEGARON UN DÍA OS BOMBEIROS Á NOSA ESCOLA E COMPROBAMOS QUE XA SABIAMOS MOITO SOBRE O SEU TRABALLO E... COMA SEMPRE, APRENDEMOS UN POUQUIÑO MÁIS!

 

 

 

GRAZAS POLA VISITA!!!

O NOSO ALFABETO MÓBIL

Este é o alfabeto móbil que elaboramos Iago, Justin, Noel e Paula. Por fin rematamos!!!


O ALFABETO DO MAR

Chegamos ata o U e poucas palabras se nos ocorreron... de todas elas eliximos ULTRAMAR, e para representalo construímos a nosa aldea á outra beira do mar. Esta é:

XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DA ESCOLA DE VACARIZA E DO CEIP CASTELAO

O pasado venres 25 de maio vivimos unha xornada de convivencia co alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP Castelao na Escola de Abuín. Acompañáronnos tamén os nosos compañeiros de 2º da Escola de Vacariza. Pasámolo moi ben e foi unha boa oportunidade para coñecer ós nosos futuros compañeiros e compañeiras así como para que eles/as coñeceran a realidade da nosa escola, moi diferente á do seu centro. GRAZAS POLA EXPERIENCIA!!!

 

 

 

EXCURSIÓN A CORRUBEDO

O pasado xoves fomos de Excursión ao Parque Natural de Corrubedo, coincidindo co Día Europeo dos Parques Naturais. Desfrutamos visitando o parque, a praia do Vilar, a gran duna... e ampliando os nosos coñecementos sobre a flora e fauna alí existente.

 

 

NOEL NO PORTO DEPORTIVO DE RIANXO

O noso compañeiro Noel tomou estas fermosas instantáneas do porto deportivo de Rianxo para o noso obradoiro fotográfico. Realizou a visita a primeiros do mes de maio, nun fermoso día no que ata o arco da vella se animou a sair.

"Gustoume moito ir ao porto deportivo porque alí hai moitos barcos". Noel

                   

 

   

VISITA Ó AUDITORIO DE RIANXO

Hoxe asistimos ó Auditorio de Rianxo para ver a representación teatral: "MARUSÍA", a cargo da compañía BABALUVA.

 

Distribuir contido