Escola de Abuin
RAÚL NO PORTO DE RIANXO.
Ola, chámome Raúl e, paseando polo porto da nosa vila, puiden comprobar que hai un montón de barcos, cunchas e moitas persoas traballando coma este home que me atopei reparando a súa rede para logo saír a pescar. Rianxo e unha vila moi fermosa.
- APIs de Blogue
Paula e a Praia do Muíño
Esta praia está preto da miña casa. Chámase así porque alí mesmo atópase un muíño de pedra moi antigo.
A xente antigamente levaba sacos de millo para moer e logo facían o pan coa fariña. Tamén, en lugar da fariña, trillaban o millo para botarlle ós animais da casa.
É unha praíña pequena, cun pequeno peirao de pedras, un recuncho de area, arrodeado de árbores e laxes... pero é moi tranquila.
Tamén había uns barquiños das persoas que rastreaban a flote.
A min leváronme por alí a pasear e gustoume o muíño, a súa historia e a súa praíña.
Paula.
- APIs de Blogue
Nerea amósanos o Porto de Rianxo.
Ola a todos, son Nerea. Como me gustou tanto a visita que fixemos ó porto da nosa vila cos nosos amigos de Rianxo-Divulga, decidín que a miña imaxe do obradoiro fotográfico sería esta. Bicos a todos.
- APIs de Blogue
O terrazo da casa de Anxo.
Ola, son Anxo, e queríavos contar que, d ende o terrazo da miña casa , desfrutamos dun anaquiño de mar. Vese coma unha lagoa, arrodeada de monte e ó fondo a Illa de Arousa. É bonito ver o mar dende alí cando se pon Lourenzo. No verán gústame ver a lúa reflectida no meu anaquiño de mar... A q u í e s t á n m e u i r m á I a g o e m e u s a m i g o s N o e l e R a ú l , c o s q u e c o m p a r t í n
- APIs de Blogue
KEITH HARING: O ARTE A TRAVÉS DO GRAFFITTI.
Comezamos a traballar nun proxecto sobre o grande graffittero e artista pop Keith Haring. Como unha das características das súas obras é a de siluetear formas brancas sobre pizarra (fondo negro) estivemos a investigar cos materiais dos que dispuñamos na aula: ceras brancas (duras e brandas), xiz, témpera, rotulador, bolígrafo (SÍ!!! existen os bolis e rotus brancos!!!)...
e aproveitamos a técnica para completar un pequeno mural fotográfico da súa biografía.
- APIs de Blogue
SOLIDARIEDADE CON PAULA
O pasado luns conmoveume moito ver como parte do meu alumnado gardaban tapóns das botellas de plástico pois cando preguntei para que os gardaban contáronme algo de que era para unha nena chamada Paula que vive en Boiro e os precisaba para operarse.
Investigando máis sobre o caso coñecimos que Paula é unha nena de ano e medio que naceu sen sacro (dita malformación coñécese co nome de "axenesia sacra"). Esta enfermidade afecta ás extremidades inferiores e impide que Paula poida camiñar. Pero Paula pode chegar a conseguilo se é sometida a unha operación bastante complexa e a un tratamento específico que se leva a cabo en Alemaña. O problema: o custo elevado de dita operación e tratamento, que estímase nuns 250.000 €.
Nós pensamos que non hai imposibeis, e aínda que é unha cifra moi alta, somos colibrís apagando un lume e coa nosa axuda Paula vaino acadar. Recollemos tapóns de plástico que logo son mercados por unha empresa alicantina. Ata agora lévanse recadados 150.000 €. Colabora! Déixate levar pola onda solidaria!
A mestra e o alumnado da Escola de Abuín.
REMATAMOS O NOSO KAMISHIBAI "ONDA"
O noso kamishibai viaxeiro está rematado, o certo é que quedou moi bonito, así comeza...
Había unha vez unha nena que se chamaba Sarela, á que todos chamaban agarimosamente Sareliña.
Sareliña vivía coa súa familia nunha vila mariñeira chamada Rianxo.
Todos os días de verán, Sareliña e a súa nai facían unha pequena andaina ata a Praia das Cunchas.
Nada máis chegar á area, Sareliña soltaba a man da nai e a cativa, inqueda, botaba unha carreira coa súa propia sombra ata a orela do mar.
- APIs de Blogue
Rafael na nosa querida Praia das Cunchas.
Ola, son Rafa e para o obradoiro fotográfico "IMAXES MARIÑAS" escollín esta imaxe da Praia das Cunchas. Antes de que eu nacera os meus pais visitaron esta praia e gustoulles tanto que decidiron vivir preto dela, en Rianxo.
- APIs de Blogue
Marco no Río da Grenla.
Ola, chámome Marco e este é o meu último curso na Escola de Abuín. Este curso estamos a levar a cabo un obradoiro fotográfico titulado "IMAXES MARIÑAS". Decidín fotografar a desembocadura no mar do Río Grenla porque é un lugar que me gusta moito. Ten unha ponte estreitiña de madeira e ás veces paso por aquí montado en bici e acompañado polos meus curmáns. Na foto vense dous veleiros e ademáis, xusto na desembocadura pódense avistar anguias, troitas e rás.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »