SOLIDARIEDADE CON PAULA

O pasado luns conmoveume moito ver como parte do meu alumnado gardaban tapóns das botellas de plástico pois cando preguntei para que os gardaban contáronme algo de que era para unha nena chamada Paula que vive en Boiro e os precisaba para operarse.

Investigando máis sobre o caso coñecimos que Paula é unha nena de ano e medio que naceu sen sacro (dita malformación coñécese co nome de "axenesia sacra"). Esta enfermidade afecta ás extremidades inferiores e impide que Paula poida camiñar. Pero Paula pode chegar a conseguilo se é sometida a unha operación bastante complexa e a un tratamento específico que se leva a cabo en Alemaña. O problema: o custo elevado de dita operación e tratamento, que estímase nuns 250.000 €.

Nós pensamos que non hai imposibeis, e aínda que é unha cifra moi alta, somos colibrís apagando un lume e coa nosa axuda Paula vaino acadar. Recollemos tapóns de plástico que logo son mercados por unha empresa alicantina. Ata agora lévanse recadados 150.000 €. Colabora! Déixate levar pola onda solidaria!

A mestra e o alumnado da Escola de Abuín.

NOS QUEREMOSLLE MOITO A

NOS QUEREMOSLLE MOITO A PAULA E QUEREMOS QUE SE POÑA BEN POR ESO LEVAMOS RECOLLENDO TAPAS PARA ELA DENDE QUE NOLO DIXO FABIOLA CANDO TROUXEMOS OS CARTONS DE LEITE PARA FACER O BOLSO DO MAGOSTO E QUEREMOS QUE VOS RECOLLADES TAMEN MOITAS TAPAS E MOITOS TAPONS E GUSTOUNOS MOITO IR A VOSA ESCOLA NO ENTROIDO. FINSorriso

GABI. CLARA, ALEX, ABEL, EVANGELINA, FRAN, HELENA, SABELA, CARLOS, PAULA, FABIOLA, FROILAN, SOL E BREOGAN

ESCOLA DE CRUCEIRO, 3 E 4 ANOS