Escola de Abuin

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Posto que o vindeiro venres conmemórase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, durante esta semana imos ir realizando cada día unha actividade destinada a que nenos e nenas entendan a igualdade entre homes e mulleres. Hoxe visionamos o conto "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderrey. Despois, o representaron no libro de Daniel, aquí tedes o fermosísimo debuxo de Nerea.


CREAMOS CON SAL DE CORES

Posto que xa cedo imos comezar a traballar as características dos peixes, @s nen@s de infantil desta escola quixeron adiantarse coloreando un apetitoso bacallau nada máis e nada menos que con SAL DE CORES. Aquí están, aledando un recunchiño...


O MAGOSTO

Estos son os barquiños do magosto, para gardar as castañas quentiñas! e tamén fixemos á castaña Catarina para levala nos xogos. Fermosos, non si?

EXPERIMENTOS NO OBRADOIRO CIENTÍFICO

Estamos feitos uns verdadeiros científicos. Vos presentamos os nosos dous últimos experimentos: observamos o que acontecía cunhas flores de papel que metemos en auga dobradiñas (tedes que probar a ver...), incluso as deixamos un día sumerxidas para seguir a investigar; e logo construímos unha medusa coa axuda inestimable da mestra Marta (sen ela como que non ía sair, je) e puidemos comprobar que, unha vez mergullada nunha botella, cando apretabamos subía e se soltabamos baixaba. Desfrutamos COMA TOLOS!!!



O ALFABETO DA AUGA

Aquí temos dúas novas entregas do ALFABETO DA AUGA. Coa letra "H" non foi doado, tivemos que consultar un dicionario; apareceu a palabra HIDROAVIÓN e representámolo con rotus permanentes sobre unha lámina de acetato. 



Por outra banda, o "I" estivo chupado, ILLA foi a nosa palabra, lembrando onde vivía a nosa serea preferida: a Maruxaina; empregamos lás para silueteala.


XOGAMOS Ó MAGOSTO

Ante a proximidade do benquerido MAGOSTO lembramos os xogos típicos da época para encher os nosos recreos. Aí tedes unhas fotiños...



O NOSO OCÉANO

Seguimos a experimentar no noso obradoiro científico. Esta vez elaboramos o noso propio océano nun tarro, para isto empregamos auga do mar - que a mestra Marta foi recoller para nós especialmente (GRAZAS, profe)-, aceite, colorante alimentario e uns fermosos barquiños de casca de noz e cortizo. Observamos que auga e aceite non se mesturan e creamos as nosas oleaxes, je. Moi divertido, SÍ SEÑOR.



EXPOSICIÓN DE SOLES

Con este tempiño de outono botamos de menos a Lourenzo, de aí xurdiu a idea de expoñer os nosos "Lourenzos", agardamos que vos gusten...


MIL OUTONOS MÁIS PARA A NOSA FESTA

 


Este venres na Escola de Rañó


festexaremos o MAGOSTO.


 


O grande acontecemento:


é que hai un casamento


de Don Tizón e Dona Castaña.


 


Que moi xuntiños


han de arder


para que os nenos e nenas


as poidan comer.


 


E como non ía ser menos


estes dous recén casados


dixéronlle a un paxariño...


QUE ESTADES TOD@S CONVIDADOS!


Distribuir contido