Escola de Abuin

O ALFABETO DA AUGA

Esta semana tocaba o "G" e, aproveitando o aprendido na nosa saída-visita á exposición dos gravados de Picasso, fixemos un verdadeiro gravado de golfiños con punzón e carboncillo. Que casualidade! "gravado" tamén comeza por "G"!


BENVIDO MAGOSTO

Recuperamos o tragacastañas do curso pasado para dar a benvida ó MAGOSTO, conmemoración na que imos traballar inminentemente. Como ben dixo Cunqueiro:


"Mil outonos máis para a nosa festa".


SE NÓS LEMOS, ELES LEN

Na nosa escola a lectura do conto xa forma parte da rutina cotiá, encántanos escoitar contos; en Samaín, por suposto, estes eran de medo, pero iso non nos botou para atrás, aquí hai nenos e nenas moi valentes, que se atreveron a ler de medo, todo hai que dicilo!. Aquí temos a Rafa durante a lectura do conto: "A figueira dos pelostortos"; a que se ve moi relaxado? je


@s nen@s de Infantil xa son grandes arquitectos

@s nen@s de Infantil demostraron ser bos arquitectos, elaboraron cadanseu fermoso castelo de area (con area de verdade, eh!) e tamén foron quen de construir entre todos un fermoso castelo cos xa famosos mandriles que ben podería ser o do país das letras... fermosos, non si?


 

EXPERIMENTO NO OBRADOIRO CIENTÍFICO

Os nenos e nenas de Abuín demostraron ter moita paciencia. Este experimento consistiu en deixar auga salgada varios días coa fin de que a auga se evaporase, como podedes apreciar apareceron, COMO POR ARTE DE MAXIA! os cristais de sal.


TODOS SOMOS PICASSO

A mestra Marta deunos a coñecer o enlace a unha páxina que nos permitía pintar o noso propio autorretrato picassiano, o alumnado que traballou no recuncho tivo a oportunidade de facer a súa propia obra e, como bos artistas, asinala. Agora, decoran a nosa aula. GRAZAS mestra Marta.


      

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Na Escola de Abuín celebramos o Samaín decorando a nosa escola: o vestíbulo, o faladoiro...



puxemos detalliños no noso mural do outono...



elaboramos unhas terroríficas carautas...



tamén vestimos ó Polbo Pucho para a ocasión, je



e como colofón, degustamos unha riquísima queimada de zume de laranxa; ATERRADORAMENTE EXQUISITA.


PROBAMOS OS FROITOS DO OUTONO

Aproveitando os froitos de tempada probamos: abelás, améndoas, milgrandas e caquis, dos cales demos boa conta. VIVA O OUTONO!


QUE PALABRA, PALABRIÑA É, RELACIONADA CO MAR QUE COMEZA CON... F?

Durante as últimas semanas estivemos a traballar no noso recuncho de plástica os ideogramas e, aproveitando, elaboramos un ideograma da FOCA que foi a palabriña que eliximos para representar o "f" no noso libro do mar.


O RECUNCHO DO MAR

Por fin adornamos o noso RECUNCHO DO MAR con todo o material traído dos fogares. Grazas ás familias de corazón pola súa colaboración e, como mostra un botón: aquí tedes, sen ir máis lonxe a dorna que Paula quixo compartir connosco hoxe, construíuna o seu avó coas súas propias mans para agasallar ó pai de Paula. Por suposto, ENCANTOUNOS.



 


Distribuir contido